Parroquia De Santa María De Viceso
Aldeas:
Esparís, Forxán,A Igrexa, Ombre, Mourentáns, Pousada, Vilar.
CODIGO POSTAL: 15285
EXTENSIÓN: 10,6 km cadrados
Vale a pena ver:
Igrexa parroquial de Santa María de Viceso (S. XIX)
Crueciro de Forxán
Cruceiro de Mourentans
Cruceiro da Goriña (Pousada, o máis antigo do concello, 1637)
Cruceiro da Portuguesa e do medio da aldea (Pousada)
Cruceiro de Vilar
Castros de Forxán e Pousada
Ruta dos cruceiros de Viceso (empeza e remata en Forxán)
A Historia:
Os restos máis antigos que se conservan son os castros de Forxán e Pousada, situados enriba de cadanseu outeiro, dominando as respectivas aldeas. O primeiro é o mellor que se conserva: ten forma ovalada cun parapeto duns cinco metros de alto rodeándoo.