Sede electronica

Sede Electrónica

Busqueda

Brión

Parroquia De San Fins De Brión

Aldeas:

Aguiar, Boaventura, Boimil, Brans de Abaixo, Brans de Arriba, Brión de Abaixo, Brión de Arriba, Cabreiros, O Casal, O Enxo, Gronzo, Guldrís, A Igrexa, Lamiño, Liñares, Pedrouzos, Quintáns, O Rial, Riazoas, A Torre, Trasouteiro.

CODIGO POSTAL:
15865

EXTENSIÓN: 8,7 km cadrados

ENTIDADES DE POBOACIÓN DIVIDIDAS EN RUAS:

O núcleo de PEDROUZOS está dividido nas seguintes rúas: Paseo de Pedrouzos, Carballeira de Santa Minia, Rúa de Gondar, Rúa Tarrío, Rúa Rourís, Rúa Albariño, Rúa Buratiña, Rúa das Lameiras, Rúa das Pedriñas, Rúa do Moutello, Rúa Agra do Trigo, Rúa Lamas da Taberna, Rueiro de Pedrouzos de Abaixo, Avda. de Santa Minia.

Vale a pena ver:

Igrexa parroquial de San Fins de Brión (S. XVIII)

Santuario de Santa Minia

Carballeira de Pedrouzos

Torres de Altamira

Pazo de Trasouteiro

Cruceiro da Igrexa

A Historia:

Brión conta con importantes castros coma o de Lamiño (segundo a lenda construido polos mouros, cunha trabe de ouro que chega ata as Torres de Altamira e onde na noite de San Xoán se pode ver unha moza e unha galiña con pitiños de ouro) ou o de Altamira, sobre o que se construíu a fortaleza do mesmo nome.

No século IX, segundo os historiadores, a familia Moscoso construíu a Fortaleza de Altamira, que chegou a ter seis torres ademais dun cómodo pazo. Pouco a pouco foi perdendo importancia, utilizándose as súas pedras noutras construcións. Hoxe tan só quedan algúns restos do que foi unha das máis valorosas fortalezas na súa época.

×
Procurar
×
Arquivos atopados

Buscando arquivos...

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.