SITUACIÓN
O municipio de Brión cae cara ao oeste de Santiago, camiño do mar. Atravésao a estrada C-543 de Santiago a Noia: 13 quilómetros sepárano da capital galega e 23 desta vila mariñeira.
Paralela a esta estrada entrou en servizo a autovía AG 56 – Santiago-Brión, que continúa ata Noia como vía de alta capacidade.
Pasa tamén polo seu territorio a estrada de Bertamiráns a Muxía e conecta esta última coa N-55O por medio da LC-300 de Barreiros a Picaraña.
As súas 106 aldeas, repartidas en 9 parroquias, na que hai que salientar as tres entidades de poboación de Pedrouzos (Brión), O Alqueidón e O Tremo (nos Ánxeles) divididas en 33 rúas, están intercomunicadas por unha rede de pistas asfaltadas que suma máis de 300 km., na que o visitante se pode guiar perfectamente grazas a unha ben estruturada sinalización.
Na nova división comarcal de Galicia, Brión quedou integrado na comarca de Santiago.