Sede electronica

Sede Electrónica

Busqueda

Os Ánxeles

Parroquia De Santa María Dos Ánxeles

Aldeas:


Adoufe, Alqueidón, Buio, Cabanas, O Cabo, Estrar, Gontade, Gosende, Guisande, Guitiande, Gundín, Lago, O Outeiro, Perros, Piñeiro, O Rial, Sanín, Soigrexa, Souto, O Tremo, Vilanova.

ENTIDADES DE POBOACIÓN DIVIDIDAS EN RUAS:

ALQUEIDÓN: Praza de Santo Antonio, Rúa da Pomba, Rúa da Senra, Rúa da Fonte, Rúa de Cancelos, Rúa Inxerido, Rúa de Santiago, Rúa Biorneira, Rúa Alqueidón, Urbanización do Pego, Urb. do Balado, Urb. do Agro Novo, Urb. Hortensia, Urb. Monte Devesa, Avda. de Noia, Avda. dos Ánxeles.

O TREMO: Rúa do Gafo, Urbanización Balneario, Rúa de Vicente Ramos, Rúa de San Ramón.

Código postal:
 15280

EXTENSIÓN: 7.5 km cadrados

Xeografía:


Cabanas e Gontade  son os núcleos máis elevados da parroquia (200 metros)

Vale a pena ver:


Augas Ferras (Soigrexa)

Balneario do Tremo

Igrexa parroquial de Santa María dos Ánxeles (1748 – 1789, estilo barroco)

Capela da Virxe de Guadalupe do Tremo

Cruceiros: Adro da Igrexa, Cemiterio (traído de Buio hai uns 30 anos), Adoufe, O Cabo, Lago, Soigrexa.

Paseo do Río Pego

Pazo do Armental

A Historia:


A denominación orixinal da parroquia era Santa María de Perros e mudouse a finais do século XVI por mandado do arcebispo Francisco Blanco de Salcedo. Este cambio debeuse, posiblemente, a que cando empezaron a castelanizar os topónimos en Galicia, Perros resultaba malsoante.

Xa en documentos de época medieval hai numerosas referencias e esta parroquia e sábese que a principios do século XVII contaba con 83 lumes (sobre 400 habitantes) e que en 1826 a súa poboación era de 730 persoas. No primeiro padrón do concello constaban 1152 habitantes nos Ánxeles.

×
Procurar
×
Arquivos atopados

Buscando arquivos...

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.