Sede electronica

Sede Electrónica

Busqueda

Actividades

TEATRO | DE VILATRISTE A VILALEGRE – CENTRO DRAMÁTICO GALEGO-TEATRO Ó CUBO

Calendario

7 de xuño de 2024

Hora

18:00 h.

Ubicación

Praza das Polbeiras (Á beira da Carballeira de Santa Minia (Brión)

Brión acolle o espectáculo  teatral “De Vilatriste a Vilalegre”, coproducido polo Centro Dramático Galego e Teatro ó Cubo. Unha oportunidade única para ver un espectáculo en xira por máis de 100 concellos na celebración do 40º aniversario do CDG.

Texto orixinal de Roi Vidal Ponte. Direccion: Sofía Espiñeira López e Roberto Casal Mouriño. Elenco: Uxía Algarra Cajide e Roberto Casal Mouriño. Escenografía: Beatriz de Vega. Vestiario: Carmen Pichel. Música: Brais das Hortas

Teatro de monicreques | Para tódolos públicos | Duración aprox.: 60 min.

SINOPSE:

Nos arredores de Vilatriste hai unha lagoa da que emana unha néboa misteriosa que impregna o aire cunha estraña tristeza. Uns novos moradores descobren que se beben das súas augas adquiren un superpoder que os dota de capacidades extraordinarias. Pero as xentes de Vilatriste ignoran todos estes efectos. Cando estes forasteiros tentan compartir o seu achado atópanse de fronte coa desconfianza e rexeitamento dos veciños.

A morte do alcalde vello e a chegada do novo traen consigo toda unha serie de transformacións cunhas escuras intencións. Trepas é o alcume dun novo habitante de Vilatriste enredado inesperadamente nunha singular aventura: salvar a vila das fauces dun malvado dirixente. Axudado por unha singular superheroína descobren a fórmula para vencer ao seu inimigo pero… funcionará?

DATA DE CELEBRACIÓN: venres, 7 de xuño
HORA: 18:00 h.
LUGAR: Praza das Polbeiras (Xunto á Carballeira de Santa Minia). En caso de choiva, o espectáculo trasladarase ao patio do CEIP de Perouzos (Brión).

Entrada de balde.

 

Horarios de visita

Esta actividade terá lugar en Praza das Polbeiras (Á beira da Carballeira de Santa Minia (Brión) ata o 7 de xuño de 2024, no seguinte horario:

Ás 18:00 h.

Documentos asociados

Non hai documentos dispoñibles.

Últimos avisos

×
Procurar
×
Arquivos atopados

Buscando arquivos...

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.