Sede electronica

Sede Electrónica

Busqueda

Actividades

TEATRO | AS DAMAS DE FERROL

Calendario

7 de marzo de 2024

Hora

20:30 h.

Ubicación

Centro Social Polivalente de Brión

A compañía Teatro do Noroeste presenta en Brión a obra “As damas de Ferrol”

Público adulto | Comedia

Elenco / presentación:

“As damas de Ferrol” é un texto en clave feminista dirixido por Clara Gayo, protagonizado por Mónica Camaño e Casilda Alfaro, con música orixinal de Chefa Alonso, escenografía e vestiario de Carlos Alonso e dramaturxia de Eduardo Alonso
Trátase dunha comedia de humor negro a ritmo de jazz onde dúas irmás maiores repasan a súa vida entre disputas e absurdos, cunha morte como fondo e coa cidade de Ferrol como protagonista.

Sinopse:

“As damas de Ferrol” é unha comedia circular onde se debaten a realidade e a fantasía. Dúas irmás, xa maiores, repasan sobre as táboas a súa vida e amosan unha realidade cruel e implacable… aínda que quizais todo é froito da súa imaxinación. Absurdos e disputas danse a man nunca peza cunha marcada crítica social, na que unha morte e a cidade de Ferrol protagonizan tamén a historia.

DATA: Xoves, 7 de marzo
HORA: 20:30 h.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Centro Social Polivalente

Entrada de balde ata completar a capacidade do local. É preciso a reserva de entradas na Billeteira Municipal

Horarios de visita

Esta actividade terá lugar en Centro Social Polivalente de Brión ata o 7 de marzo de 2024, no seguinte horario:

Ás 20:30 h.

Documentos asociados

Non hai documentos dispoñibles.

Últimos avisos

×
Procurar
×
Arquivos atopados

Buscando arquivos...

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.