Sede electronica

Sede Electrónica

Busqueda

Actividades

PROPOSTA: VIAXE DOS MAIORES A PARÍS XANEIRO-FEBREIRO 2025

Calendario

Do 3 de abril ao 3 de maio de 2024

Hora

De 9:00 A 14:00h.

Ubicación

Centro Social Polivalente

Benqueridos viaxeiros de Brión:
Hai tempo que estamos a recibir suxerencias para que organicemos unha nova saída ao estranxeiro, concretamente, a París.
Como sabedes, a organización destas viaxes resulta complexa, e o prezo máis elevado.
Por esta razón, antes de iniciar a contratación decidimos facer unha consulta con todos vós, e comprobar si habería suficientes persoas interesadas para propoñela en firme.

Os datos APROXIMADOS serían os seguintes:
– Viaxe en grupo a París, 5 días / 4 noites
– Datas: entre xaneiro e febreiro de 2025
– Prezo estimado 1.350’00 € por persoa en habitación dobre
– Inclúe: traslados, pensión completa, guías acompañantes e visitas
– Participantes: veciños/as de Brión, maiores 55 anos (si quedaran prazas libres, a partir de 50 anos), que poderán ser acompañados polos seus cónxuxe ou parella convivinte. Si quedan prazas libres, poderán viaxar persoas non empadroadas coas mesmas idades.
– Grupo mínimo: 45 persoas

TODAS as persoas interesadas en participar, deberán facelo saber no teléfono 981 50 99 10, de 9:00 a 14:00 horas, ata o día 3 de maio de 2024.

Horarios de visita

Esta actividade terá lugar en Centro Social Polivalente ata o 3 de abril de 2024, no seguinte horario:

Ás De 9:00 A 14:00h.

Documentos asociados

Últimos avisos

×
Procurar
×
Arquivos atopados

Buscando arquivos...

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.