Sede electronica

Sede Electrónica

Busqueda

Actividades

OUTONO CULTURAL |Teatro profesional | “Boa sorte, mala fama” de Tarabela Creativa

Calendario

14 de novembro de 2025

Hora

20:30 h.

Ubicación

Centro Social Polivalente. Avenida de Santa Minia, 46 Brión (A Coruña)

A compañía Tarabela Creativa presenta en Brión a obra “Boa sorte, mala fama”

Dirección, dramaturxia, narración oral: Carmen Conde | Elenco: Mariña Pena

Sinopse:

Sempre se soubo, claro está, que as anduriñas son aves de bo agoiro, que alí onde aniñan traen fortuna, que anuncian a primavera e que os mariñeiros as tatuaban na pel por cada travesía da que lograban retornar. Pouco se fala, en cambio, do molestas que se lle fan a moita xente co seu canto agudo e de que enchen todo de excrementos. Por iso estas aves dan boa sorte, pero teñen mala fama. Ningún outro animal se parece tanto aos emigrantes galegos: estamos en cada continente, vivimos facendo colonias, temos na cabeza o camiño de volta a casa e marchamos por necesidade. E, igual que as anduriñas, gañamos mala fama, aló onde fomos buscar a nosa boa sorte. Este espectáculo nace da necesidade de contar, precisamente, aquelo do que pouco se fala.

Público adulto | Traxicomedia

DATA: venres, 14 de novembro
HORA: 20:30 h.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Centro Social Polivalente

ENTRADA DE BALDE ata completar a capacidade da sala. É preciso reservar butaca na Billeteira Municipal

Espectáculo co patrocinio da Rede Cultural da Deputación da Coruña

Horarios de visita

Esta actividade terá lugar en Centro Social Polivalente. Avenida de Santa Minia, 46 Brión (A Coruña) ata o 14 de novembro de 2025, no seguinte horario:

Ás 20:30 h.

Documentos asociados

Non hai documentos dispoñibles.

Últimos avisos

×
Procurar
×
Arquivos atopados

Buscando arquivos...

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.