Sede electronica

Sede Electrónica

Busqueda

Actividades

OUTONO CULTURAL | FEGATEATRO: “Mal de Miolo”

Calendario

25 de outubro de 2025

Hora

20:00 h.

Ubicación

Centro Social Polivalente. Avenida de Santa Minia, 46 Brión (A Coruña)

O grupo de teatro Pico do Castro presenta en Brión a obra: “Mal de Miolo”

Sinopse:

As personaxes, un doutor con dominio en temas de psique humana e un doente cun complexo de Edipo tan grande, pero tan grande, que… ata o mesmo Edipo lle recomendaría terapia!.

Así as cousas, o doente pouco a pouco irá sacando das casiñas a un doutor moi resistente a desbordarse a pesar do desfile de ocorrencias e situacións, insólitas e raras, que lle propón o seu doente.

Neste senso, ambas personaxes disputarán o protagonismo da escena tratando, con moita intelixencia e humor, temas como a incomunicación familiar, os condicionamentos sociais, a hipocrisía, a soidade, a sexualidade.

Tódolos públicos | Comedia

DATA: sábado, 25 de outubro
HORA: 20:00 h.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Centro Social Polivalente

Entrada de balde ata completar a capacidade da sala.

Máis información sobre a obra na FEGATEA

Horarios de visita

Esta actividade terá lugar en Centro Social Polivalente. Avenida de Santa Minia, 46 Brión (A Coruña) ata o 25 de outubro de 2025, no seguinte horario:

Ás 20:00 h.

Documentos asociados

Non hai documentos dispoñibles.

Últimos avisos

×
Procurar
×
Arquivos atopados

Buscando arquivos...

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.