Sede electronica

Sede Electrónica

Busqueda

Actividades

OUTONO CULTURAL 2024 – TEATRO PROFESIONAL | TESTOSTERONA – MALASOMBRA PRODUCIÓNS

Calendario

8 de novembro de 2024

Hora

20:30 h.

Ubicación

Centro Social Polivalente de Brión

Malasombra Producións presenta en Brión “Testosterona”

Xénero: Comedia | Público adulto

Sinopse:

O director dun importante medio de comunicación debe deixar o seu posto en mans dun dos seus dous sub-directores. Un é muller, home o outro. Que influirá nesa decisión?: a capacidade?, o sexo?, a experiencia?, a audacia?, o engano?, a trampa?..

Poderiamos dicir que TESTOSTERONA é unha comedia, mais aínda sendo posiblemente certo ese etiquetado de pouco nos ía servir, pois non faría referencia máis que ao envoltorio e a razón da elección deste texto non está na forma, sen desdeñala, senón nos contidos que conforman a peza.

TESTOSTERONA fala de desigualdade laboral; un home e unha muller optan a un posto de máxima responsabilidade nun medio de comunicación de ámbito nacional; cal dos dous será o elixido e por que? A autora mexicana Sabina Berman, proponnos unha reflexión profunda sobre a desigualdade laboral por cuestión de sexo, e faino de maneira que nos sorprenderemos cun sorriso debuxado nos nosos beizos vendo as peripecias destes personaxes.

Autora: Sabina Berman. Versión e dirección: Xoque Carbajal. Elenco: Camila Bossa e Luis Iglesia. Vestiario e escenografía: Diego Valeiras. Iluminación: Xoque Carbajal

DATA: venres, 8 de novembro
HORA: 20:30 h.
LUGAR: Centro Social Polivalente

Entrada de balde ata completar a capacidade do local. Precísase reservar butaca na Billeteira municipal

Co apoio da Rede Cultural da Deputación da Coruña

Horarios de visita

Esta actividade terá lugar en Centro Social Polivalente de Brión ata o 8 de novembro de 2024, no seguinte horario:

Ás 20:30 h.

Documentos asociados

Non hai documentos dispoñibles.

Últimos avisos

×
Procurar
×
Arquivos atopados

Buscando arquivos...

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.