Sede electronica

Sede Electrónica

Busqueda

Actividades

OUTONO CULTURAL 2024 – TEATRO PROFESIONAL | A PARÁBOLA DO ANGAZO – TALÍA TEATRO

Calendario

15 de novembro de 2024

Hora

20:30 h.

Ubicación

Centro Social Polivalente de Brión

Talía Teatro presenta en Brión “A parábola do angazo”

Xénero: Comedia | Público adulto/xuvenil

Sinopse:
No mundo hai linguas de todo tipo e tamaño. Unhas máis falangueiras, outras máis longas, algunhas tan enormes que enchen a boca, outras tan morniñas que non dan dito nada, e algunhas tan afiadas que mesmo parece que aguilloan ao falar.
E entre todas elas está a nosa, a galega. Con “A parábola do angazo” queremos sacar a lingua a pacer. Imos botar unha ollada ao noso pasado, para poder ter outra perspectiva do noso presente e mesmo mirar de esguello ao que haberá no futuro.
Así, rindo a eito, poderemos tirar da nosa lingua para sacala ben fóra e demostrar que aínda ten moito que dicir.

Autor: Araceli Gonda, Marta Lado, Jose Prieto, Séchu Sende, Diego Rey e Artur Trillo | Dirección: Diego Rey | Elenco: Toño Casais e Artur Trillo

DATA: venres, 15 de novembro
HORA: 20:30 h.
LUGAR: Centro Social Polivalente

Entrada de balde ata completar a capacidade do local. Precísase reservar butaca na Billeteira municipal

Horarios de visita

Esta actividade terá lugar en Centro Social Polivalente de Brión ata o 15 de novembro de 2024, no seguinte horario:

Ás 20:30 h.

Documentos asociados

Non hai documentos dispoñibles.

Últimos avisos

×
Procurar
×
Arquivos atopados

Buscando arquivos...

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.