Sede electronica

Sede Electrónica

Busqueda

Actividades

OUTONO CULTURAL 2023 | TEATRO | TEATRO DO NOROESTE – FEIRANTES

Calendario

20 de outubro de 2023

Hora

20:30 h.

Ubicación

Centro Social Polivalente de Brión

Teatro do Noroeste presenta en Brión a obra “Feirantes”

Xénero: Realismo máxico galego | Público adulto.
Autor: Álvaro Cunqueiro | Adaptación teatral: Eduardo Alonso | Intérprete: Imma António

Data: venres, 20 de outubro
Hora: 20:30 h.
Lugar: Centro Social Polivalente

SINOPSE:

“FEIRANTES” é un espectáculo teatral baseado nas narracións de Álvaro Cunqueiro recollidas no seu libro “OS OUTROS FEIRANTES”. Como se sabe, nestas narracións aparecen reflectidas as andainas de diversas e curiosas personaxes: aquel que falaba co seu cabalo; o outro ó que lle falaban as cousas: as cadeiras, as zocas, a culler, o seu propio estómago; aquela voadora de Serantes que voaba sentada nunha banqueta; aquel Tristán García que morreu de tristura porque non atopou a súa Isolda; aquel Novagildo Andión que recorría as feiras co seu autobús, transportando persoas e animais, que nalgúns casos ven sendo o mesmo; ou aquel que tiña un ollo de cristal, que como o oculista non tiña outro deulle un de segunda man cor violeta, que fora un encargo dunha viúva que morreu antes de disfrutalo, e tódalas mozas querían ter fillos con el para ver se herdaban esa fermosa cor de ollos; ou aquela Anxeliña de Prado que naceu anana, pero cunha habilidade, bordar panos con lendas para os velorios: “¡Adeus, padriños queridos!”, “¡Agárdovos a todos no ceo!”, “¡Deica volta, compañeiros!”, e cousas así. Todas estas tenras, máxicas e líricas personaxes aparecen reflectidas en “Feirantes” a través dun fío conductor, dun nexo común que as interrelaciona, e este nexo non podía ser outro, na vida dunhas personaxes tan fondamente galegas, que unha vaca, o animal totémico da cultura rural galega.

Entrada de balde ata completar a capacidade do local. É preciso reservar entrada na Billeteira do Concello de Brión.

Actividade organizada co patrocinio do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña

Horarios de visita

Esta actividade terá lugar en Centro Social Polivalente de Brión ata o 20 de outubro de 2023, no seguinte horario:

Ás 20:30 h.

Documentos asociados

Non hai documentos dispoñibles.

Últimos avisos

×
Procurar
×
Arquivos atopados

Buscando arquivos...

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.