Sede electronica

Sede Electrónica

Busqueda

Actividades

OUTONO CULTURAL 2023 | TEATRO | A PANADARÍA – AS QUE LIMPAN

Calendario

17 de novembro de 2023

Hora

20:30 h.

Ubicación

Centro Social Polivalente de Brión

A Panadaría presenta en Brión a obra “As que limpan”

Xénero: Drama/Crítica social | Público adulto | Duración: 1 h 20 min aprox.
Creación e interpretación: Areta Bolado, Noelia Castro, Ailén Kendelman

Data: venres, 17 de novembro
Hora: 20:30 h.
Lugar: Centro Social Polivalente

SINOPSE:

Un cartel colga do manubrio do cuarto. “Por favor, arranxe o cuarto”. Ao regreso da praia, as camas feitas, as toallas limpas e o baño impoluto. Son “as que limpan”, as invisibles que cargan ás súas costas un sistema turístico que conduce á precariedade.

“As que limpan” fala da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por conseguir uns dereitos laborais e sociais xustos. Fronte a elas, a avaricia voraz dos propietarios das cadeas hostaleiras.

Neste novo espectáculo as fundadoras da Panadaría formúlanse estas preguntas: É posible revalorizar este traballo e desligalo do xénero? Existe un turismo sostible? Quen limpa a casa da limpadora?

Hai persoas que nunca limparon un váter e hai outras que limpan cincocentos ao mes.

As que limpan non fala só de traballadoras da limpeza, fala de mulleres e do chan mollado sobre o que camiñamos cada día.

Entrada de balde ata completar a capacidade do local. É preciso reservar entrada na Billeteira do Concello de Brión.

Actividade organizada co patrocinio do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña

Horarios de visita

Esta actividade terá lugar en Centro Social Polivalente de Brión ata o 17 de novembro de 2023, no seguinte horario:

Ás 20:30 h.

Documentos asociados

Non hai documentos dispoñibles.

Últimos avisos

×
Procurar
×
Arquivos atopados

Buscando arquivos...

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.