Sede electronica

Sede Electrónica

Busqueda

Actividades

OUTONO CULTURAL 2023 | TEATRO | A LAVERCA – DE ALGO HAI QUE MORRER

Calendario

13 de outubro de 2023

Hora

20:30 h.

Ubicación

Centro Social Polivalente de Brión

A Laverca Producións presenta en Brión a obra “De algo hai que morrer”

Xénero: Comedia | Público adulto.
Autor: Jose Prieto | Director: Marcos Orsi | Actores: Jouse García e Xoque Carbajal

Data: venres, 13 de outubro
Hora: 20:30 h.
Lugar: Centro Social Polivalente

SINOPSE:

Dous prestixiosos e peculiares científicos, o profesor Jeckill e o profesor Hyde, divulgan as súas investigacións sobre un tema que afecta ao cen por cen da poboación de todo o mundo sen distinción de raza, sexo ou condición: A Morte.

Ao longo da conferencia, os dous profesores disertan, dramatizan e dan resposta a preguntas sobre diversos temas relacionados co asunto principal.

A vida. Vivir é bonito ou está sobrevalorado?

A inmortalidade. Como sería o mundo se fósemos inmortais?

Os sinais. Chega a morte sen avisar ou hai pistas que a anuncian?

Maneiras de morrer. Morremos sempre de repente?

O suicidio creativo. Desfruta do teu derradeiro momento

O asasinato. Son os xenocidas uns tolos malvados ou heroes ecolóxicos incomprendidos?

A pena de morte. Análise das formas de execución e posibles melloras.

O enterro (ou como desfacerse do cadáver).

A vida despois da morte. O túnel, a luz e a axencia de colocación de defuntos.

O final. Sairemos vivos desta conferencia? Ou corremos o perigo de morrer de risa?

Entrada de balde ata completar a capacidade do local. É preciso reservar entrada na Billeteira do Concello de Brión.

Actividade organizada co patrocinio do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña

Horarios de visita

Esta actividade terá lugar en Centro Social Polivalente de Brión ata o 13 de outubro de 2023, no seguinte horario:

Ás 20:30 h.

Documentos asociados

Non hai documentos dispoñibles.

Últimos avisos

×
Procurar
×
Arquivos atopados

Buscando arquivos...

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.