Sede electronica

Sede Electrónica

Busqueda

Actividades

OUTONO CULTURAL 2023 | MÚSICA | RAFA FERNÁNDEZ – JOSÉ SUÁREZ: SUITE PARA UNHA VIDA

Calendario

1 de decembro de 2023

Hora

20:30 h.

Ubicación

Centro Social Polivalente de Brión

Rafa Fernández presenta en Brión o recital “José Suárez: suite para unha vida”

Xénero: Recital musical | Público adulto

Data: venres, 1 de decembro
Hora: 20:30 h.
Lugar: Centro Social Polivalente

SINOPSE:

Trátase dunha composición de Rafael Fernández coa que se quere homenaxear a vida e traxectoria profesional do fotógrafo José Suárez, recoñecido internacionalmente pola súa serie ‘Mariñeiros’, que ofrece imaxes do peirao de Massó, a praia da Banda do Río ou de Beluso.

Guitarra eléctrica, arpa e teclado son os instrumentos nos que se basea a obra que se interpretará en directo con catro partes relacionadas coa vida do creador. A música ofrecerá atmosferas e mesmo pasaxes descritivas inspiradas nas fotografías e no momento vital que José Suárez experimentou en Bueu e na comarca do Morrazo durante a súa estancia no século XX. Leranse textos de Suárez e doutros intelectuais coo Branco Amor ou Unamuno.

Entrada de balde ata completar a capacidade do local. É preciso reservar entrada na Billeteira do Concello de Brión.

Actividade organizada co patrocinio do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña

Horarios de visita

Esta actividade terá lugar en Centro Social Polivalente de Brión ata o 1 de decembro de 2023, no seguinte horario:

Ás 20:30 h.

Documentos asociados

Non hai documentos dispoñibles.

Últimos avisos

×
Procurar
×
Arquivos atopados

Buscando arquivos...

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.