Sede electronica

Sede Electrónica

Busqueda
Calendario

03.10.2025

Un novo programa de Teatro Profesional dirixido ao alumnado do IES de Brión

Inaugurouse un novo ciclo de teatro dirixido ao alumnado de Secundaria de Brión. Unha aposta pola difusión das artes escénicas entre o público máis novo.

Hoxe celebrouse no Centro Social Polivalete a primeira representación dun novo programa de Teatro Profesional impulsado polo Departamento de Cultura do Concello de Brión, unha iniciativa que busca achegar as artes escénicas ao alumnado de Brión e fomentar o gusto polo teatro entre os máis novos.

A sesión inaugural estivo a cargo da compañía arxentina El Vacío Fértil, que presentou a obra “El virus de la violencia”, unha proposta intensa e comprometida que convida á reflexión sobre as dinámicas sociais e persoais que xeran situacións de conflito.

Este ciclo teatral continuará ao longo dos meses de outubro e novembro, cunha programación variada e de calidade que permitirá aos estudantes gozar de diferentes estilos, linguaxes e temáticas teatrais.

Programa:

Venres, 17 de outubro:
“Iphixenia na porta do súper”, da Compañía Humana

Venres, 24 de outubro:
“O proceso”, de Malasombra Producións

Venres, 7 de novembro:
“Made in Galiza”, de Sarabela Teatro

Venres, 21 de novembro:
“Sophie non é o meu nome de guerra”, de Redrum Teatro

Todas as representacións celebraranse en horario escolar e estarán destinadas exclusivamente ao alumnado do IES de Brión.

Con esta programación, o Concello de Brión reafirma o seu compromiso coa difusión cultural entre as novas xeracións, apostando polo xénero teatral como medio de transmisión de valores sociais que contribúan ao desenvolvemento persoal e cultural da mocidade.

×
Procurar
×
Arquivos atopados

Buscando arquivos...

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.