Sede electronica

Sede Electrónica

Busqueda
Calendario

12.07.2022

“Acto de graduación” dos 37 maiores que participan nos obradoiros de mente activa e ximnasia organizados polo Concello de Brión

Unhas actividades organizadas polo Concello de Brión e que se desenvolveron no centro social polivalente.

Os 37 maiores de Brión que toman parte das actividades de ximnasia e do obradoiro mente activa celebraron a fin de curso cunha gran festa que incluíu un peculiar “acto de graduación”, onde cada un deles elaborou o seu propio birrete.

O Concello de Brión retomou as actividades para persoas maiores de 60 anos o pasado mes de setembro, despois dunha primeira experiencia cunhas xornadas de reencontro organizadas durante o pasado verán. “Despois dun ano sen actividades, xa había gañas e volver, de ver á xente, de facer deporte e, en xeral, de divertírense”, explica Elena Remesar, quen indica “neste sentido, obxectivo cumprido porque os nosos adultos de Brión remataron o curso felices e con gañas de volver pronto”.

×
Procurar
×
Arquivos atopados

Buscando arquivos...

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.