Sede electronica

Sede Electrónica

Busqueda

Actividades

MAIO CULTURAL – “CANTARUXA, CATUXA” CON AIDA COBAS

Calendario

6 de xuño de 2025

Hora

18:00 h.

Ubicación

Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura), Carballeira de Sta. Minia nº 5, Pedrouzos-Brión

A actriz Aida Cobas presentará en Brión o espectáculo de narración oral “Cantaruxa, Catuxa”.

Un achegamento ao noso patrimonio inmaterial custodiado polas nosas persoas maiores, especialmente as mulleres que preservaron e transmitiron a nosa poesía tradicional oral.

Sinopse:

“Cantaruxa Catuxa!” repite Adolfina cada vez que a súa neta non a acompaña nas súas cantigas. Ela canta todo o tempo, en calquera momento e fai percusión co que teña á man. A Catuxa encántalle pasar tempo coa avoa, nunca se lle acaban as coplas e fan cousas moi divertidas por iso cando lle propón unha busca do tesouro no faiado non o dubida.

Data: venres, 6 de xuño de 2025
Hora: 18:00 h.
Lugar: Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura)

Para público familiar | Recomendado para crianzas de 3 a 12 anos

Espectáculo patrocinado polo programa Ler conta moito da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

Entrada de balde ata completar capacidade | Máis información e reserva de localidades

Horarios de visita

Esta actividade terá lugar en Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura), Carballeira de Sta. Minia nº 5, Pedrouzos-Brión ata o 6 de xuño de 2025, no seguinte horario:

Ás 18:00 h.

Documentos asociados

Non hai documentos dispoñibles.

Últimos avisos

×
Procurar
×
Arquivos atopados

Buscando arquivos...

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.