Sede electronica

Sede Electrónica

Busqueda
2362028bd56c981a13cdba50992ed9b93ad6d6e6

Historia

Brión

>

Territorio

>

Historia

HISTORIA

No amplo Val da Maía, nas terras poboadas polos antigos “Amaeos”, está o Concello de Brión, situado entre dous ríos: polo norte o caudaloso Tambre e cara ao sur o fermoso río Sar, que cantara Rosalía de Castro na súa obra.

Terras que xa coñecen a presenza humana dende a prehistoria: a cultura das grandes pedras ou megalitismo co campo de mámoas de Rañalonga; os nosos antepasados celtas (castrexos) coas primeiras aldeas ou castros (Bemil, Pousada, Forxán, Lamiño, Ons, Tembra, Vioxo… ou o máis salientable de Beca ou Lupario, escenario das lendas da Raíña Lupa e a translación do corpo do Apóstolo.)

d8f3c43c2cdd529c4c450efc0a74169cf7b8eb5a
3a4a518e102d129a0f71855de6c6ea0d491786c2
5da548b80460739b704392446e39b73e77b19f08

Coñecemos a arte destes primeiros poboadores nos petróglifos do Coto Cornido en Boullón ou no monte Pumariño en Beca con cazoletas e círculos concéntricos.

Xa coa chegada dos romanos ao noso territorio, temos constancia da calzada romana “per loca marítima” que atravesaba a parte norte do concello camiño de Brandomil e cruzaba o río Tambre pola desaparecida ponte Pías. Na aldea de Cirro, na parroquia de San Salvador, atopouse no ano 1963 de xeito casual un mosaico e os restos dun “hipocaustum” romano (forno de calefacción), con pavimento de baldosas de barro vermello, pertencentes a unha “villae”.

A época medieval está no noso concello profundamente marcada pola importante presenza dos Moscoso, donos do castelo de Altamira e con posesións por toda Galicia, dende Ribadeo a Corcubión, o que indica o seu enorme poder. No ano 2021 celébranse os cincocentos cincuenta anos da sonada batalla de Altamira, loita entre a Igrexa de Santiago,  representada polo arcebispo Alonso II de Fonseca, e o sector nobiliario, representado por Lopo Sánchez de Moscoso, co triunfo destes últimos aos pés do Castelo de Altamira. A chegada dos reis Católicos e o seu centralizado poder fai que a nobreza galega se vaia trasladando á Corte, co que comeza o declive dos diferentes castelos, quedando pouco a pouco a fortaleza de Altamira deshabitada e en total abandono no século XIX. Hoxe, os restos son propiedade da Deputación da Coruña, que é a encargada de acometer os traballos para a súa posta en valor.

×
Procurar
×
Arquivos atopados

Buscando arquivos...

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.