Sede electronica

Sede Electrónica

Busqueda

Actividades

FEGATEATRO 2023 – Microteatro

Calendario

Do 28 de outubro ao 29 de outubro de 2023

Hora

20:00 h.

Ubicación

Centro Social Polivalente de Brión

Serán de teatro coa presentación de tres obras de curta duración.

DATA: 28 de outubro
HORA: 20:00 h.
LUGAR: Centro Social Polivalente

Coa participación dos grupos:

  • Farándula Velutina “Punta, tacón”

Sinopse:

Todo esforzo ten a súa recompensa…aínda que ás veces sexa necesario recurrir a calquera tipo de artimaña para acadar os nosos soños.
Punta, tacón é a historia dunha moza, filla do Rei de Pacífica, que debe renunciar a cantar polo ben de coroa, pero que pronto perseguirá un novo soño aínda que isto supoña ter que enfrontarse a vellos fantasmas do pasado.

Xénero: Comedia. Público familiar/xuvenil. Duración: 20 min.

  • Teatro Escoitade “A Capoeira”

Sinopse:

A CAPOEIRA é un relato que podíamos encaixar ou clasificar no eido da traxicomedia e que consta dun só cadro. A acción transcorre nunha taberna de época, na que se encontran dous vellos coñecidos que teñen contas pendentes.

Xénero: Comedia dramática. Público adulto. Duración: 20 min.

  • Teatro de Cámara DITEA “Tránsito”

Sinopse:

Tres perfectos descoñecidos coinciden nun lugar que lles resulta alleo. Non saben que fan alí, nin como chegaron, nin a que están agardando; aínda que teñen algo en comun que eles descoñecen e que determinará o seu futuro.

Xénero: Drama. Público adulto. Duración: 20 min.

Horarios de visita

Esta actividade terá lugar en Centro Social Polivalente de Brión ata o 28 de outubro de 2023, no seguinte horario:

Ás 20:00 h.

Documentos asociados

Non hai documentos dispoñibles.

Últimos avisos

×
Procurar
×
Arquivos atopados

Buscando arquivos...

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.