O vindeiro 2 de outubro de 2021, a partir das 17:00 h., vai celebrarse en Brión unha das probas deportivas máis senlleiras do atletismo da bisbarra.
Lugar de celebración: Parque de Pedrouzos (Brión)
INSCRICIÓN:
As inscricións realizaranse antes das 14:00 h. do día 29 de setembro. Non se aceptarán inscricións o mesmo día da carreira. Acceso ao formulario de inscrición en liña.
HORARIOS DA PROBA:
Venres, 1 de outubro:
De 09:00 h. a 14:00 h. e de 16:00 a 20:00 h. – Recollida de dorsais na Casa da Cultura do Concello de Brión (Na carballeira de Sta. Minia)
Sábado, 2 de outubro:
16:00 h. – Recollida de dorsais na carpa da organización na liña de saída/meta
17:00 h. – Carreira Sub 8 :: 400 m.
17:10 h. – Carreira Sub10 :: 700 m.
17:20 h. – Carreira Sub12 :: 700 m.
17:30 h. – Carreira Sub14 :: 2000 m.
17:45 h. – Carreira Sub16 :: 2000 m.
18:00 h. – Carreira Absoluta :: 5000 m.
Acceso aos percorridos das diferentes probas.
Máis información sobre a proba en carreirapedestredaamaia.blogspot.com