Sede electronica

Sede Electrónica

Busqueda

Actividades

XXVIII Festival de Títeres de Brión

Calendario

Del 2 de enero al 4 de enero de 2024

Hora

Días 2, 3 e 4 de xeneiro de 2024

Ubicación

Centro Social Polivalente de Brión

Por Aninovo, regresan os monicreques a Brión. Un ano máis, o Concello de Brión organiza o tradicional Festival de Títeres, que se vai celebrar en xaneiro de 2024.

PROGRAMA:

MARTES, 2 DE XANEIRO

TÍTERES CACHIRULO
«Xela contra o dragón»
Dende Galicia

Sinopse:
A súa protagonista, Xela, de 10 anos, ten que liberar aos seus compañeiros de escola, atrapados polo malvado Katraska quen, valéndose do Dragón Traga-verbas, os ten agochados na cova do trasno. Alí permanecerán ata que esquezan o galego, a súa lingua nai, e se convertan nos seus secuaces.

MÉRCORES/QUARTA FEIRA, 3 DE XANEIRO

MARIONETAS RUI SOUSA
«Marionetas de circo»
Dende Portugal

Sinopse:
Rui Sousa presenta en Brión uns pándegos monicreques artesanais que irán executando os máis diversos roles circenses. François, o trapecista francés; a bailarina Silvia; o fakir devorador de sabres que vén da India; Igor, o contorsionista de Ucraína; o artista español Paquito e as súas acrobacias sobre un uniciclo; Don Malabarini, que fixo malabares con dúas bólas ante o abraio do público, etc.

XOVES, 4 DE XANEIRO

LUÍS VALLECILLO
“Selkie, a lenda do Mar do Norte»
Dende Galicia

Sinopse:
O noso amigo Luís Vallecillo presenta un espectáculo con títeres, música e a historia de como unha nai e un fillo coñeceron o auténtico “O Amor Incondicional”.

ESPECTÁCULOS PARA PÚBLICO FAMILIAR
Lugar de celebración:
Centro Social Polivalente
Comezo das funcións: 17:30 h.
Tódolos espectáculos con acceso de balde ata completar a capacidade do local.

Horarios de visita

Esta actividad tendrá lugar Centro Social Polivalente de Brión, en la fecha: 2 de enero de 2024, en el siguiente horario:

A las Días 2, 3 e 4 de xeneiro de 2024

Documentos asociados

No hay documentos disponibles.

Últimos avisos

×
Buscar
×
Archivos encontrados

Buscando archivos...

Este sitio está registrado en wpml.org como sitio de desarrollo. Cambia a una clave de sitio de producción en remove this banner.