Sede electronica

Sede Electrónica

Busqueda

Actividades

PRESENTACIÓN DA XI ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA

Calendario

13 de marzo de 2026

Hora

20:30h.

Ubicación

Centro Social Polivalente

Presentación da XI Andaina Terras de Altamira, con Federico Pérez

A XI edición da Andaina Terras de Altamira presentarase nunha gala o vindeiro venres 13 de marzo, ás 20:30 h, no Centro Social Polivalente do Concello de Brión.

Será un acto no que se explicarán os detalles da proba e se darán a coñecer algunhas das novidades do percorrido para este 2026. A gala estará conducida por Federico Pérez, que nos fará pasar unha gran tarde/noite coa súa habitual retranca.

Federico Pérez é un actor e humorista galego cunha ampla traxectoria en televisión, cine e teatro. Participou en producións como Rapa, La casa de papel, Cuéntame cómo pasó, Clanes, Cuñados e +Cuñados, e en títulos galegos como 18 comidas e O corpo aberto. A comedia é un dos seus rexistros máis coñecidos, aínda que tamén ten traballos de corte dramático.

Recibiu o Premio Mestre Mateo a mellor actor de reparto por Trote (2019) e por O corpo aberto (2023). En 2026 participa na montaxe teatral Memorias dun neno labrego (CDG), e asumirá tamén a presentación da Gala dos Mestre Mateo e o pregón da Festa do Queixo de Arzúa, entre outras intervencións.

Para asistir a esta presentación será necesario retirar invitacións na web billeteria.concellodebrion.gal

Horarios de visita

Esta actividad tendrá lugar Centro Social Polivalente, en la fecha: 13 de marzo de 2026, en el siguiente horario:

A las 20:30h.

Documentos asociados

No hay documentos disponibles.

Últimos avisos

×
Buscar
×
Archivos encontrados

Buscando archivos...

Este sitio está registrado en wpml.org como sitio de desarrollo. Cambia a una clave de sitio de producción en remove this banner.