Sede electronica

Sede Electrónica

Busqueda

Actividades

Presentación da Andaina Terras de Altamira coa actuación de FEDERICO PÉREZ

Calendario

15 de marzo de 2024

Hora

20:00h.

Ubicación

Centro Social Polivalente

A proba vai ser presentada nunha gala que se celebrará o vindeiro venres día 15 de marzo as 20h. no Centro Social Polivalente do Concello de Brión. Este evento estará conducido por Diego Viaño, recoñecido meteorólogo da TVG, e na que tamén estarán presentes Pablo Lago Sanmartín , Alcalde de Brión; Javier Rico, delegado do reitor da USC para o Deporte e para a Igualdade; membros da Asociación O Esquio No Piñeiro e diversas autoridades da Federación Galega de Montañismo.

Nesta gala explicaranse os pormenores da proba, falarase das novidades do percorrido para este ano 2024 e tamén contaremos coa gran actuación de:

Federico Pérez Rey recoñecido actor e humorista galego con papeis en series como Padre Casares, Air Galicia, La Casa de Papel… e galardoado nos premios Mestre Mateo do ano 2023 como mellor actor de reparto pola película O Corpo Aberto.

Para asistir a esta presentación será necesario retirar invitacións na web billeteria.concellodebrion.gal

Horarios de visita

Esta actividad tendrá lugar Centro Social Polivalente, en la fecha: 15 de marzo de 2024, en el siguiente horario:

A las 20:00h.

Documentos asociados

Últimos avisos

×
Buscar
×
Archivos encontrados

Buscando archivos...

Este sitio está registrado en wpml.org como sitio de desarrollo. Cambia a una clave de sitio de producción en remove this banner.