Sede electronica

Sede Electrónica

Busqueda
Calendario

26.07.2021

Obras de mantemento e mellora nas escolas de Brión

O Concello de Brión acomete traballos de mantemento e mellora dos centros educativos do municipio

O Concello de Brión, a través das súas brigadas municipais de obras, está a acometer traballos de mantemento e mellora nos distintos centros educativos do municipio, coincidindo co período de vacacións escolares. Uns traballos que deron comezo no CEIP de Pedrouzos e que continuarán nas escolas unitarias de Bastavales e Os Ánxeles.

A concelleira de Ensino, Sandy Cebral, explica que “estamos tentando arranxar todos os puntos que nos marcaron as familias e as direccións dos centros educativos, tanto no interior coma no exterior das instalacións. Comezamos polo CEIP de Pedrouzos, onde nestes días estamos a mellorar a recollida de augas nun dos patios exteriores, e continuaremos polas unitarias de Bastavales e Os Ánxeles”.

×
Buscar
×
Archivos encontrados

Buscando archivos...

Este sitio está registrado en wpml.org como sitio de desarrollo. Cambia a una clave de sitio de producción en remove this banner.