A feira vai ser o día 18 a partir das 11 da mañá e ata as 7 da tarde no Centro Comercial Monte Balado.
Pasa un día de feira con nós. Ademais dos postos de alimentación, libros, artesanía, segunda man, atoparás:
– posto para prepararnos para o DESABASTECEMENTO: non te preocupes, ninguén vai quedar sen regalo este Nadal. Neste posto poderás deixar os teus xoguetes que xa tes tan vistos e levar outros diferentes (só xoguetes en bo estado, limpos e listos para xogar con eles)
– seica vén o APAGÓN!, quen dixo medo? acompáñanos neste obradoiro para facer as nosas propias velas e non quedar ás escuras
– e para a cea… DELICIAS GALEGAS, faremos un percorrido polo mercado e co que atopemos faremos un pequeno obradoiro de cociña con ideas novas para estes días de festa
– e como non hai feira sen festa, a CANTAR todos coa nosa música!
– o reno xa chegou, pero… vén só? ou virá PAPA NOEL? ou tamén pode ser que veña o APALPADOR, ou as poupiñas. Quen sabe!