Cris de Caldas presenta en Brión o seu espectáculo «A bibliotecaria estrafalaria 2.0».
Unha actividade de narración oral para toda a familia, especialmente dirixida a crianzas dende os catro ata os doce anos de idade, para conmemorar unha data moi especial.
DATA DE CELEBRACIÓN: martes, 23 de abril
HORA: 18:00 h.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura)
Entrada libre ata completar a capacidade do local.
Reserva de localidades no seguinte formulario
Máis información no blog da Biblioteca Municipal
Actividade co patrocinio do programa Ler conta moito da Rede de Bibliotecas de Galicia.