Sede electronica

Sede Electrónica

Busqueda

Actividades

DÍA DAS BIBLIOTECAS | CONTACONTOS | «O PAROLEIRO» CON PABLÍSIMO

Calendario

20 de octubre de 2023

Hora

18:00 h.

Ubicación

Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura)

Cada 24 de outubro celebraremos o Día das Bibliotecas. Unha data conmemorativa para trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro dos lectores de todas as idades coa cultura. Para celebralo, uns días antes, a biblioteca municipal de Brión convídanos a participar nun serán de narración oral: Os Contos de Pablísimo que presentará en Brión espectáculo “O Paroleiro”.

DATA: venres 20 de outubro
HORA: 18:00 h.
LUGAR: Sala Municipal de exposicións (Casa da Cultura)

SINOPSE:

“O Paroleiro”, un personaxe moi amigo de parolar… que gusta de laretar, enredar, falar e de contar historias e contos que leva na memoria, nas maletas, nos petos e nos zapatos. Un contacontos a cargo de Pablo Sánchez que, como todos os seus espectáculos, toma como base a literatura infantil a través de contos clásicos, contemporáneos, e contos de creación propia.

Xénero: Contacontos | Publico: crianzas de 4 a 10 anos | Duración: aprox. 50 min.

Entrada libre ata completar a capacidade do local. Reserva previa a través deste formulario.

Espectáculo patrocinado polo programa «Ler conta moito» da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Horarios de visita

Esta actividad tendrá lugar Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura), en la fecha: 20 de octubre de 2023, en el siguiente horario:

A las 18:00 h.

Documentos asociados

No hay documentos disponibles.

Últimos avisos

×
Buscar
×
Archivos encontrados

Buscando archivos...

Este sitio está registrado en wpml.org como sitio de desarrollo. Cambia a una clave de sitio de producción en remove this banner.