Cris de Caldas presenta «Contos para entendernos mellor»
Día: xoves, 9 de novembro
Dous pases para o alumnado das escolas:
- 10:00 h. – Escola de Educación Infantil de Sabaxáns (Bastavales)
- 11:30 h. – Escola de Educación Infantil de Os Ánxeles
SINOPSE:
Unha proposta para o afondamento en nós mesmos e de achegamento ás persoas do noso carón, respectando as diferencias que nos fan tan diversos pero tan semellantes ao tempo. Cris de Caldas naceu entre os contos que lle contaba a súa avoa Carmela para que comera, para que non comera tanto, para que deixara de gabear polas árbores, para que levantara o cu, para que falara, para que calara… Deste xeito, aprendeu que había un conto para cada ocasión.