Sede electronica

Sede Electrónica

Busqueda

Actividades

DÍA DAS BIBLIOTECAS | “AS PERIPECIAS DE XURXO” CON JOUSE GARCÍA

Calendario

23 de outubro de 2025

Hora

18:00 h.

Ubicación

Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura), Carballeira de Sta. Minia nº 5, Pedrouzos-Brión

Para celebrar o 24 de outubro, Día das Bibliotecas, convidámoste a participar nun espectáculo que combina narración oral e teatro de monicreques: “As peripecias de Xurxo” con Jouse García. Un espectáculo de Malasombra Producións. 

DATA: 23 de outubro
HORA: 18:00 h.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura)

Público infantil (recomendado de 3 a 8 anos) | Teatro de títeres – Narración oral

Sinopse:

Xurxo é un señor un pouco imaxinativo, que vai a unha escola de señoras e señores na que sofre bullying, aínda que el preséntase como un apaixonado contador de contos e historias, e ese é o motivo da súa presenza alí. Na súa presentación, ademais de mostrar o personaxe mediante un extraordinario traballo de clown, cóntanos o acoso sufrido na escola de señoras e señores e como se solucionou cando a titora de señoras e señores fixo chamar aos fillos dos acosadores – que cariñosamente teñen unha idade parecida ás nenas e nenos do público – . Esta historia que fala de malos tratos escolares, é o pretexto perfecto de presentación dun home namorado dos libros e dos contos, que con axuda das súas  marionetas vén contar a historia que cambiou a súa vida: o día que coñeceu un pequeno animalito cun emocionante periplo vital, que punto estivo de morrer por querer ser diferente.

ENTRADA LIBRE ata completar a capacidade do local. Reserva de localidades neste formulario

Un espectáculo organizado pola biblioteca municipal co patrocinio do programa Ler conta moito da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Horarios de visita

Esta actividade terá lugar en Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura), Carballeira de Sta. Minia nº 5, Pedrouzos-Brión ata o 23 de outubro de 2025, no seguinte horario:

Ás 18:00 h.

Documentos asociados

Non hai documentos dispoñibles.

Últimos avisos

×
Procurar
×
Arquivos atopados

Buscando arquivos...

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.