Sede electronica

Sede Electrónica

Busqueda

Actividades

Coidados porta a porta

Calendario

Do 6 de outubro ao 10 de outubro de 2022

Hora

DE 9 a 20h.

Ubicación

Carballeira de Santa Minia

A Xunta de Galicia puxo en marcha o programa de Coidados porta a porta, que percorrerá todos os concellos de Galicia, agás as sete cidades, para ofrecer consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria a máis de 100.000 galegos.

Que servizos se prestan?

Servizo de podoloxía: Faise unha consulta básica de podoloxía; unha valoración do estado xeral do pé; un corte e limpeza de uñas; eliminación de durezas, calos e helomas.
Servizo de audioloxía: Valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva.
Servizo de estimulación da memoria: Un profesional realizará unha valoración cognitiva e achegará as pautas desde unha perspectiva terapéutica de como previr e aminorar un deterioro, en caso de habelo.

A quen vai dirixido?

Destes servizos poderán beneficiarse todas as persoas maiores de 55 anos, con cita previa e de xeito gratuíto.

Como se leva a cada localidade?

Oito autobuses percorrerán as máis de 300 localidades con profesionais de cada unha das especialidades. Permanecerán entre tres e catro días en cada concello atendendo con cita previa.

Cando estará en Brión?

Será os días 6, 7 e 10 e outubro de 9:00 a 20:00h. na explanada onde se colocan as pulperias de Santa Minia.

Como pido cita?

Pode solicitar cita previa nos teléfonos 622 748 283 – 623 546 992 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal

Horarios de visita

Esta actividade terá lugar en Carballeira de Santa Minia ata o 6 de outubro de 2022, no seguinte horario:

Ás DE 9 a 20h.

Documentos asociados

Últimos avisos

×
Procurar
×
Arquivos atopados

Buscando arquivos...

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.