Sede electronica

Sede Electrónica

Busqueda

Actividades

CICLO FEGATEATRO: “OLIMPO’S” DE FARANDOLEIRAS CABARÉ

Calendario

22 de outubro de 2021

Hora
Ubicación

Centro Social Polivalente

A compañía FarandOleiras Cabaré presenta en Brión o seu espectáculo “Olimpo’s”

Sinopse:
Un espectáculo “divino”. Como é xa tradicional en todos os seus espectáculos, a compañía segue fiel á súa proposta de teatro cabaré, onde combinan pequenas escenas de teatro con números musicais, sempre desde unha perspectiva crítica e actual.
Desta volta, FarandOleiras sobe ás alturas para amosarnos como viven e pensan as deusas e deusas dun hipotético (e bastante galego) Olimpo e como inflúe a súa presenza nos pobres mortais. Neste Olimpo farandoleiro, tamén se imparten cursos de igualdade, tamén hai teito de cristal e… ata hai secesionismo galego!.

Comedia. Maiores de 14 anos. Duración aprox.: 65 min.

Data e hora de celebración: venres, 22 de outubro ás 20:30 h.

Lugar de celebración: Centro Social Polivalente

Entrada de balde ata completar aforo.

Reserva de localidades: A través do correo electrónico entradasbrion@gmail.com.
Enviar mensaxe co nome/s do/s asistente/s, NIF e teléfono de contacto.

#aculturaesegura. Espectáculo que respecta as medidas recomendadas para garantir a seguridade do serán teatral.

Horarios de visita

Esta actividade terá lugar en Centro Social Polivalente ata o 22 de outubro de 2021, no seguinte horario:

Documentos asociados

Non hai documentos dispoñibles.

Últimos avisos

×
Procurar
×
Arquivos atopados

Buscando arquivos...

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.