Sede electronica

Sede Electrónica

Busqueda

Actividades

BRIÓN: UNHA HISTORIA QUE CONTAR | AS MÁMOAS DE RAÑALONGA

Calendario

20 de abril de 2024

Hora

17:00 h.

Ubicación

Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura)

O Concello de Brión organiza un novo serán divulgativo arredor da historia do municipio. Baixo a denominación de “As Mámoas de Rañalonga: sepulturas do tempo dos mouros”, trátase dunha actividade cultural dirixida a tódolos públicos e orientada a difundir e por en valor a historia e o patrimonio arqueolóxico do noso Concello.

DATA DE CELEBRACIÓN: Sábado, 20 de abril de 2024
HORA: 17:00 h.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Sala Municipal de Exposicións.Casa da cultura de Brión.

PROGRAMA

  • 17.00 h. –  Acollida por parte de integrante do equipo do goberno local ou técnico de cultura do Concello de Brión.
  • 17.05 h. – As Mámoas da Rañalonga co libro de Federico Silva na man: “Nas Raíces de Brión: as MÁMOAS DE RAÑALONGA”.
  • 17.30 h. – “Megaliticia. Dolmens de Galicia” co brionés Álex Negreira.
  • 17.45 h. – Tertulia coas persoas asistentes.
  • 18.30 h. – Experiencia sensorial no lugar das Mámoas do Chan de Montouto e o Camiño Francés coa escritora Mariña Pérez Rei, a especialista certificada en Baños de Bosque Marga Chao e a creadora da actividade Minia Del Río.
  • 18.50 h. – Peche da actividade

Actividade de balde, ata completar a capacidade do local, con inscrición previa: 617 421 276 (Whatsapp)
Correos electrónicos: hola@latexosdeturismo.com, latexosdeturismo@gmail.com

Horarios de visita

Esta actividade terá lugar en Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura) ata o 20 de abril de 2024, no seguinte horario:

Ás 17:00 h.

Documentos asociados

Últimos avisos

×
Procurar
×
Arquivos atopados

Buscando arquivos...

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.