Sede electronica

Sede Electrónica

Busqueda

Actividades

Brión Inclúe 2025 | VIII Festival Cultura pola Inclusión

Calendario

Do 3 de decembro ao 13 de decembro de 2025

Hora

3, 5, 10 e 13 de decembro de 2025

Ubicación

Centro Social Polivalente. Av. de Sta. Minia, nº 46 – Pedrouzos, Brión

Regresa o festival Brión Inclúe coa súa oitava edición. Os días 3, 5, 10 e 13 de decembro, presentará unha programación que reivindica o dereito de todas as persoas a crear e consumir cultura.

PROGRAMA

MÉRCORES 3

11:15 h | Caxoto (A trastenda dos contos): “Un corazón a flor de pel”

Pase para alumnos/as de Educación Infantil do CEIP de Pedrouzos e das Escolas de Educación Infantil dos Ánxeles e Sabaxáns

13:00 h | Caxoto (A trastenda dos contos): “Un corazón a flor de pel”

Pase para alumnos/as de 1º Ciclo de Primaria do CEIP de Pedrouzos

MÉRCORES 10

11:15 h | Caxoto (A trastenda dos contos): “Un corazón a flor de pel”

Pasa para alumnos/as de 2º Ciclo de Primaria do CEIP de Pedrouzos

13:00 h | Caxoto (A trastenda dos contos): “Un corazón a flor de pel”

Pasa para alumnos/as de 3º Ciclo de Primaria do CEIP de Pedrouzos

VENRES 5

11:00 h e 12:30 h | Mago Richard

Funcións para diversos colectivos de persoas con discapacidade

SÁBADO 13

18:00 h. | Os Náufragos Teatro: “Bulebule”

Público familiar

Sinopse:

Candela encántalle o mar e soña con ser patroa dun barco, que quere construír ela mesma. Ser patroa non é unha tarefa doada e facer un barco, tampouco. A Candela gústalle moito pasar tempo co seu amigo Bruno, quen vive nun faro e sente verdadeira paixón por compoñer música. Candela, a quen chaman Bulebule, ten Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade (TDAH).
“Bulebule” é unha fermosa obra que explora os camiños da igualdade, destacando o esforzo das mulleres por derrubar as barreiras que lles impiden acceder a determinadas profesións.

Entrada de balde ata completar a capacidade da sala

Horarios de visita

Esta actividade terá lugar en Centro Social Polivalente. Av. de Sta. Minia, nº 46 – Pedrouzos, Brión ata o 3 de decembro de 2025, no seguinte horario:

Ás 3, 5, 10 e 13 de decembro de 2025

Documentos asociados

Últimos avisos

×
Procurar
×
Arquivos atopados

Buscando arquivos...

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.