Sede electronica

Sede Electrónica

Busqueda

Actividades

BRIÓN CULTURAL: “DÚAS PEDRAS NO CAMIÑO” CON MOFA & BEFA

Calendario

30 de outubro de 2021

Hora
Ubicación

Centro Social Polivalente

O dúo MOFA & BEFA  presentan “Dúas pedras no camiño”

Público adulto. Comedia.

Data e hora de celebración: sábado 30 de outubro ás 20:00 h.

Lugar: Centro Social Polivalente

Entrada de balde ata completar aforo. Reserva en: entradasbrion@gmail.com (Enviar mensaxe co nome dos asistentes, NIF e teléfonos de contacto) ata as 14:00 h. do día 28 de outubro.

Sinopse:

Dúas pedras no Camiño é un titulo xenérico para un espectáculo antolóxico das pezas míticas que se manteñen na memoria do público: “Aquela obra que viche coa tua nai, agora podes levar ao teu neto” Ao longo da xira poden mudar algunha das pezas a requirimento do público ou dos contextos que aporte o lugar ou o tempo da representación. Sen dúbida, comezará con número titulado: “Os 33 reiseñores da Porqueira” que é o prólogo ideal para calquera evento e un dos números mais sutís e celebrados do dueto. Atrás deste virán os números culinarios, de homenaxe ás grandes figuras do cinema, a escritores inmorredoiros, ou as parodias do circo. O título, “Dúas pedras no Camiño” xoga coas alusións á música popular e a sua filosofía, que nos lembra que unha pedra no camiño pode ser algo que nos ensine e nos transforme, aínda que tamén lembra á función dos cómicos de seren unha pedra no zapato… en fin, rolar e rolar!

Máis información sobre o espectáculo: https://www.excentricas.net/mofa-e-befa

Horarios de visita

Esta actividade terá lugar en Centro Social Polivalente ata o 30 de outubro de 2021, no seguinte horario:

Documentos asociados

Non hai documentos dispoñibles.

Últimos avisos

×
Procurar
×
Arquivos atopados

Buscando arquivos...

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.