Sede electronica

Sede Electrónica

Busqueda

Actividades

Bon Nadal 2023: Uxía Lambona e a Banda Molona

Calendario

15 de decembro de 2023

Hora

18:00 h.

Ubicación

Carballeira de Santa Minia, Brión

O Acendido das Luces de Nadal en Brión estará acompañado da música de “Uxía Lambona e a Banda Molona”. Despois de dar voltas e reviravoltas a Galicia, Uxía e a súa banda achéganse a Brión para presentar un espectáculo musical para toda a familia.

Esta banda de música infantil recolle os clásicos populares galegos dándolle o seu toque particular, dende A Carolina “rapeada” ata O Jato “rockeiro”, pasando por outros moitos temas tradicionais, todos eles moi dinámicos, facendo que todos os nen@s presentes sexan partícipes deste “des-concerto”, cheo de bailes, xogos, coreografías e algunha que outra sorpresa.

Data: venres, 15 de decembro
Hora: Ás 18:00 h.
Lugar: Carballeira de Santa Minia

Espectáculo musical para tódolos públicos. Entrada de balde.

Horarios de visita

Esta actividade terá lugar en Carballeira de Santa Minia, Brión ata o 15 de decembro de 2023, no seguinte horario:

Ás 18:00 h.

Documentos asociados

Non hai documentos dispoñibles.

Últimos avisos

×
Procurar
×
Arquivos atopados

Buscando arquivos...

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.