Boletín Nº 74. Lunes, 31 de marzo de 2003

- III. ADMINISTRACIÓN LOCAL - III.2 MUNICIPAL - BRIÓN


EDICTO  Pág. 3563  Reg. 3207-G.  

Anterior
Siguiente

Modificación de ordenanzas fiscais

Aprobadas definitivamente as modificacións das Ordenanzas fiscais reguladoras do imposto sobre bens inmobles, imposto de actividades económicas, imposto de vehículos de tracción mecánica, imposto sobre construccións, instalacións e obras e taxa por expedición de documentos administrativos; para adaptalas as modificacións que introduce a Lei 51/2002 de 27 de decembro de reforma da Lei 39/1988 de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, exponse ó público o seguinte texto comprensivo das modificacións aprobadas.

Imposto sobre bens inmobles.

O tipo de gravame do imposto sobre bens e inmobles aplicable ós bens de natureza urbana queda fixado no 0,4%.

O tipo de gravame do imposto sobre bens e inmobles aplicable os bens de natureza rústica queda fixado no 0,3%.

Exencións:

a) Ademais das exencións de aplicación directa e de carácter rogado previstas no artigo 63.1 e 63.2, da Lei 39/1988 de 28 de decembro, estarán exentos, segundo o mesmo artigo 63.3, os bens de que sexan titulares os centros sanitarios de titularidade pública previa solicitude dos interesados.

b) De conformidade co previsto no artigo 63.4 da devandita Lei, gozarán de exención os inmobles rústicos e urbanos con cotas líquidas que non superen a contía de 1.200 euros para os rústicos e 600 euros para os urbanos.

Cando se trate de bens de natureza rústica sitos neste municipio, agruparanse nun só documento de cobro tódalas cotas do imposto relativas a un mesmo suxeito pasivo.

Bonificacións:

- A bonificación establecida no artigo 74.1 da Lei 39/1988 de 28 de decembro será do 50%.

- A bonificación establecida no artigo 74.2 da Lei 39/1988, será dun 50% da cota íntegra do imposto durante tres períodos impositivos.

Gozarán dunha bonificación do 50% da cota íntegra do imposto a favor daqueles suxeitos pasivos que ostenten a condición de titutales de familia numerosa, sempre que se trate da vivenda habitual da familia e mentres dure a condición de familia numerosa. Esta bonificación será compatible con calquera outros beneficios fiscais.

 

Imposto sobre actividades económicas.

Exencións:

Recoñécense as previstas no artigo 83 da Lei 39/1988 de 28 de decembro.

Bonificacións:

Recoñécense as previstas no artigo 89.1 de Lei 39/1988 de 28 de decembro, pero non as que con carácter potestativo fai referencia o mesmo artigo 89.2 da citada Lei.

Non se fixa coeficiente nin se clasifican as vías públicas.

 

Imposto de vehículos de tracción mecánica.

Mantense as tarifas vixentes sen modificación.

Exencións:

As previstas na Lei con carácter obrigatorio.

Bonificacións:

Establécese unha bonificación, ó abeiro do artigo 96 da Lei 39/1988 de 28 de decembro, do 50% para os vehículos (automóbiles) que teñan unha antigüidade mínima de 25 anos e do 100% para as motocicletas que teñan unha antigüidade mínima de 25 anos.

 

Imposto sobre construccións, instalacións e obras.

Mantense o tipo de gravame do 2% sobre o custo real e efectivo da construcción, instalación ou obra.

Xestión:

Séguese o sistema que se viña empregando sen prexuízo de que rematadas as obras, se faga unha liquidación definitiva por parte dos servicios técnicos.

Taxa por expedición de documentos administrativos.

Tarifas:

- Desafectación de camiños a instancia de parte: 60 euros.

- Informes urbanísticos a instancia de parte: 20 euros.

- Licencias de segregación: 30 euros.

- Licencias de apertura de establecementos: 50 euros

- Licencia de actividades clasificadas: unha porcentaxe sobre o proxecto técnico de instalación do 0,5%.

- Concesión de licencia de auto-taxi : 60 euros.

- Para as vivendas situadas en urbanizacións e as colectivas, establécese, en concepto de licencia de primeira ocupación, un tipo de gravame do 0,2% do presuposto de execución material e tamén para aquelas vivendas unifamiliares que teñan un orzamento superior a 150.000 euros.

Exencións:

Estarán exentos do pago da taxa de licencia de apertura de establecemento, así como de licencia de actividades clasificadas, aquelas que estean destinadas á agricultura.

Contra a aprobación das modificacións destas ordenanzas poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto no Boletín Oficial da Provincia.

Brión, 27 de marzo de 2003.

O alcalde,

Asdo.: José Luís García García.

 

Reg. 3207-G