Lunes, 13 de agosto · Número 153
O contido mostrado a continuación é unha versión do BOP oficial, auténtico e asinado electrónicamente en PDF

Traducción automática
Gallego - Castellano

Administración Local

Municipal

Boqueixón

Exposición pública dos padróns de abastecemento de auga e saneamento

Exposición pública do padrón das taxas polos servizos de abastecemento de auga e saneamento

Configurado pola empresa concesionaria do servizo de subministración domiciliaria de auga potable e saneamento e depuración de augas residuais o padrón das taxas polos servizos de subministración de auga e conservación de contadores, saneamento e depuración de augas residuais, correspondente ao 2.º trimestre de 2012, o citado padrón estará a disposición do publico durante 15 días desde a publicación deste anuncio no BOP nas oficinas do Concello de Boqueixón situada no Forte, en horario de 9.00 a 14.30 horas, de luns a venres, para que os interesados poidan examinalo e, no seu caso, formular as reclamacións oportunas.

Contra estes actos poderá formularse ante o Sr. alcalde, o recurso de reposición previo ao contencioso - administrativo do artigo 14.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais, nos termos previstos en dito precepto legal.

Neste senso, a publicación no Boletín Oficial da Provincia deste anuncio, produce efectos de notificación expresa ao abeiro do disposto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

O pago poderá efectuarse nas oficinas da empresa ESPINA & DELFÍN, S.L. abertas ao público de 9.00 a 13.30 horas, os luns e xoves, en período voluntario ate ó vindeiro 15 de outubro.

Transcorrido o período voluntario de pago establecido, as débedas pendentes esixiranse pola vía de constrinximento coa recarga de prema, os xuros de mora e as custas que se produzan.

Boqueixón, 3 de agosto de 2012.

O alcalde en funcións

Jesús Sanjuás Mera

2012/10212

©2009 Deputación da Coruña