Administración Local
Municipal
Brión
Aprobación definitiva da modificación da Ordenanza do imposto sobre incremento de valor dos terreos de natureza urbana
EDICTO
Elevado a definitivo o acordo provisional do Pleno de data 3 de novembro de 2011, de aprobación da modificación da Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana, por non se ter presentado ningunha reclamación durante o prazo de exposición pública, de conformidade co disposto no art. 17.4 do RDL 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, faise público o texto íntegro da modificación da ordenanza aprobada para os efectos da súa entrada en vigor.
– Se modifica o cadro do art. 8 apartado 1, que pasa a ter a seguinte redacción:
a) Períodos de un (1) ata cinco anos: 2,44 por cento.
b) Períodos de ata dez anos: 2,33 por cento.
c) Períodos de ata quince anos: 2,22 por cento.
d) Períodos de ata vinte anos: 2,12 por cento
A presente modificación entrará en vigor unha vez publicada definitivamente no Boletín Oficial da Provincia e de conformidade co artigo 107 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2012, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.
Brión, 15 de decembro de 2011.
O alcalde
Asdo. José Luis García García
2011/16431