Administración Local

Municipal

Brión

Aprobación definitiva da Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola utilización do complexo da piscina cuberta municipal

EDICTO.

Aprobada definitivamente polo Pleno do Concello en sesión do 5 de agosto de 2011 a ordenanza fiscal reguladora da taxa pola utilización do complexo da piscina cuberta municipal de Brión, de conformidade co disposto no art. 17.4 do RDL. 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, faise público o texto íntegro da ordenanza aprobada para os efectos da súa entrada en vigor.

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACIÓN DO COMPLEXO DA PISCINA CUBERTA MUNICIPAL DE BRIÓN.

Artigo 1º.- Fundamento e natureza

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 141 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, Reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do RD Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a Taxa pola utilización do complexo da piscina cuberta municipal , que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, atendendo as súas normas ao disposto no artigo 38 do citado RD Lexislativo 2/2004.

Artigo 2º.- Feito impoñible

Constitúe o feito impoñible da presente taxa:

a) A utilización dos diversos servizos que se prestan no complexo da piscina cuberta municipal de Brión.

b) A utilización das instalacións e bens municipais adicados, específicamente, á prestación de ditos servizos.

Artigo 3º.-Suxeitos pasivos.

Son suxeitos pasivos desta taxa, a título de contribuínte, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35 da Lei Xeral Tributaria e 23 do RD Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais,os usuarios que utilicen e se beneficien dos servizos, instalacións e actividades que se presten no complexo da piscina cuberta municipal.

Artigo 4º.- Responsables

Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo tódalas persoas que sexan causantes ou colaboren na realización dunha infracción tributaria, así como os copartícipes ou cotitulares das Entidades recollidas no artigo 35 da Lei Xeral Tributaria, que responderán solidariamente en proporción ás súas respectivas participacións das obrigas tributarias da Entidade.

Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades, e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5º.- Cota tributaria.

1. A cota da taxa regulada nesta Ordenanza será a fixada nas tarifas contidas no apartado seguinte, para cada un dos distintos servizos ou actividades.

2.Establecénse as seguintes tarifas:

1. COTA DE ENTRADA: (MATRÍCULA):

-. Individual: 20,37 euros/ano.

-. Familiar: 25,93 euros/ano.

-. Reducido o social (menores de 18 anos, maiores de 65 e colectivos desfavorecidos): 15,74 euros/ano.

2. ABONADOS:

-. Abonado individual: 20,37 euros/mes.

-. Abonado familiar (indep. n° de fillos): 25,93 euros/mes.

-. Abonado reducido o social ( menores de 18 anos, maiores de 65 e colectivos desfavorecidos): 15,74 euros/mes.

3. NON ABONADOS:

-. Entrada individual adulto piscina : 3,52 euros.

-. Entrada individual reducida o social ( menores de 18 anos, maiores de 65 e colectivos desfavorecidos: 2,50 euros.

O período de duración da entrada é de 1 hora e 30 minutos.

4. PADEL

- Padel horario valle: 1,85 euros/persoa

- Padel horario punta:2,78 euros/persoa

Valle: de luns a venres ata as 18:00 horas.

Punta: Resto das horas e fin de semana e festivos.

5. ACTIVIDADES ACUÁTICAS:

A.- CURSOS DE NATACIÓN PISCINA ( pago suplemento mes por unha sesión á semana ):

-. Iniciación: 9,26 euros.

-. Perfeccionamento: 13,89 euros.

-. Cursos do programa de natación escolar: 5,56 euros/mes (cursos do programa de natación escolar en horario escolar, non é necesario ser abonado).

B.- CURSOS DE NATACIÓN BEBÉS: 18,52 euros, ( pago suplemento mes).

C.- AQUAEROBIC: 4,63 euros.

6. OUTRAS ACTIVIDADES

-. Sesión de Spinning : 4,63 euros.

7. OUTRAS TARIFAS

-. Devolución de recibos: 1,85 euros ( por cada recibo devolto)

-. Mal uso ou extravío da tarxeta de identificación: 2,78 euros.

NORMAS DE APLICACIÓN DAS TARIFAS ANTERIORES:

a) A condición de abonado adquírese tralo pagamento da cota tributaria correspondente. O abonado ten dereito á utilización da piscina, zona relax, e ximnasio durante todo o horario de funcionamento da instalación.

b) Enténdese por abonado familiar o responsable da unidade familiar que pode incluir o cónxuxe ou persona vinculada por análoga relación afectiva (que deberá ser acreditada mediante inscrición da mesma no correspondente rexistro público) así como os fillos menores de 18 anos e que fan uso das instalacións sen limitación horaria nen de días. Os fillos/as ao cumprir os 18 anos deberán inscribirse nunha das categorías individuais, sen ter que abonar cota de entrada.

c) Enténdese por abonado da terceira idade, unha persona de 65 ou máis anos.

d) Enténdese por usuario con minusvalía, aquel que presente unha discapacidade igual ou superior ao 33 %, segundo certificado expedido polo órgano competente da Xunta de Galicia e que se engloba dentro do concepto amplo de “ colectivo desfavorecido”.

e) A inclusión dunha persona no epígafe “colectivo desfavorecido” esixirá informe favorable dos Servizos Sociais do Concello. Sen perxuízo do anterior, entenderanse incluidos en todo caso neste epígrafe os parados de longa duración, que deberán acreditar mensualmente non ter causado baixa nos rexistros correspondentes dos servizos de emprego competentes.

f) No caso de devolución de recibos o interesado deberá abonar uns gastos de 1,85 euros e no caso de perda do carné deberá abonar uns gastos de 2,78 euros, en concepto de costes asociados á devolución e perda respectivamente

g) O concesionario repercutirá aos usuarios o importe do IVE correspondente.

Artigo 6º.- Bonificacións

a) As tarifas fixadas para os cursos de iniciación e perfeccionamento terán para os abonados unha reducción do 30 % fronte aos non abonados.

b) As tarifas fixadas para cursos de natación de bebés terán para os abonados unha reducción do 30 % fronte aos non abonados.

Artigo 7º.- Período impositivo e devengo

O período impositivo coincidirá, nos abonados á piscina municipal, co mes natural.

A tarifa devengarase o primeiro día do período impositivo, sendo as cotas irreducibles. No obstante, as altas de usuarios que se produzcan a partir do día 16 , poderanse fraccionar nun 50%.

A tarifa 1 “ Cota de entrada ( Matrícula)”, independientemente da data en que se produzca á alta, non poderá ser fraccionada.

As tarifas que deban satisfacer os non abonados á piscina municipal devengaránse instantáneamente no momento da entrada ao recinto da piscina municipal, entendéndose que, cando a persona usuaria se ausente do recinto, finaliza o dereito a facer uso de ditos servizos, de tal modo que, de volver a desexar utilizar os mesmos, sería necesario o abono da nova taxa de entrada.

O período impositivo, nos cursos impartidos na piscina municipal, coincidirá co período de desenvolvemento do curso, devengándose a tarifa o primeiro día do período impositivo, sendo as cotas irreducibles por dito período.

Artigo 8º.- Infraccións e sancións

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan, estaráse ó disposto ao respecto na Lei Xeral Tributaria e nas disposicións ditadas para o seu desenrolo.

Disposición Final

A presente ordenanza fiscal, unha vez aprobada polo Pleno do Concello de Brión, entrará en vigor e será de aplicación o mesmo día da súa publicación no BOP, continuando a súa vixencia ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.

Brión, 5 de agosto de 2011.

O Alcalde.

Asd. José Luis García García.

2011/10959