Administración Local
Municipal
Brión
Aprobación definitiva da modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana
EDICTO
Elevado a definitivo o acordo provisional do Pleno de data 22 de setembro de 2010, de aprobación da modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana, por non se ter presentado ningunha reclamación durante o prazo de exposición pública, de conformidade co disposto no art. 17.4 do RDL. 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, faise público o texto íntegro da modificación da ordenanza aprobada para os efectos da súa entrada en vigor.
-. Se modifica o cadro do art. 8 apartado 1, que pasa a ter a seguinte redacción:
a) Periodos de un (1) ata cinco anos: 2,39 por cento.
b) Periodos de ata dez anos: 2,28 por cento.
c) Periodos de ata quince anos: 2,18 por cento.
d) Periodos de ata vinte anos: 2,08 por cento
A presente modificación entrará en vigor unha vez publicada definitivamente no Boletín Oficial da Provincia e de conformidade co artigo 107 da Lei 7/1985 , de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2011, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.
Brión, 8 de novembro de 2010.
O Alcalde en funcións.
( P.D. Decreto Alcaldía do 4.11.2010)
Asd. Ramón Rodríguez Romarís.
2010/16214