Administración Local
Municipal
Brión
Aprobación definitiva Regulamento de organización e funcionamento da Escola Municipal de Música “Magariños”
EDICTO
Quedando definitivamente aprobada, ao non terse presentado ningunha reclamación durante o período de exposición pública, o Regulamento de Organización e Funcionamento da Escola Municipal de Música “Magariños” do Concello de Brión, aprobada inicialmente en sesión plenaria de 16 de decembro de 2009, publícase o texto íntegro da mesma aos efectos legalmente establecidos.
REGULAMENTO DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA “MAGARIÑOS” DO CONCELLO DE BRIÓN
CAPÍTULO I.–OBXECTO, ÁMBITO DE APLICACIÓN E BENEFICIARIOS DO SERVIZO
ARTIGO 1.–OBXECTO.
O presente regulamento ten por obxecto establecelas normas que rexen a organización e funcionamento da Escola Municipal de Música “Magariños” do Concello de Brión, así como o procedemento de adxudicación de prazas en materia de solicitudes de novo ingreso, renovación de prazas e cobertura de baixas ó longo do curso.
ARTIGO 2.–ÁMBITO DE APLICACIÓN.
Constitúe o ámbito de aplicación do presente regulamento a Escola Municipal de Música “Magariños” que se configura como servizo público dirixido á poboación infantil, moza e adulta do Concello de Brión.
ARTIGO 3.–FUNCIÓN.
A Escola de Música Municipal “Magariños”, de conformidade coa competencia recoñecida no artigo 86.1 a) da Lei de administración local de Galicia, é un centro adicado á ensinanza musical de afeccionados e amantes da música, posto que, ó amparo do artigo 48.3 da Lei orgánica 2/2006 de educación, non outorgará títulos con validez académica ou profesional, sen prexuízo da orientación e a axuda que proporcione de preparación para as probas de acceso ós estudos conducentes á titulación regrada daquelas persoas que teñan talento ou vocación e desexen seren profesionais.
ARTIGO 4.–OBXECTIVOS.
Son obxectivos específicos da Escola de Música Municipal “Magariños”:
a) Fomentalo coñecemento e apreciación da música, iniciando ós nenos, desde os primeiros anos, na súa aprendizaxe.
b) Desenvolver unha oferta ampla e diversificada da educación musical, sen límite de idade.
c) Orientar cara a un ensino de carácter profesional cando a vocación e aptitudes do alumno así o aconselle, proporcionando, se é o caso, a preparación adecuada para acceder ó dito ensino.
d) Ofrecer un ensino instrumental, orientado tanto á práctica individual como á práctica de conxunto.
e) Proporcionar un ensino musical complementario á práctica instrumental.
f) Fomentar nos alumnos o interese pola participación en agrupacións vocais ou instrumentais.
g) Organizar actuacións públicas e participar en actividades musicais de carácter afeccionado.
ARTIGO 5.–RÉXIME DO SILENZO ADMINISTRATIVO.
1.–O prazo xeral para resolvelos pedimentos dos interesados establecidos neste regulamento será de tres meses, agás que de xeito expreso se estableza un prazo diferente.
2.–Así mesmo, como regra xeral, a falta de notificación da resolución adoptada dentro do prazo establecido terá carácter desestimatorio para os interesados.
ARTIGO 6.–BENEFICIARIOS DO SERVIZO.
1.–Son usuarios do servicio público que o Concello de Brión presta na Escola de Música Municipal “Magariños” as persoas veciñas do concello que se atopen na seguinte situación:
a) Os nenos e nenas menores de idade matriculados no centro, cunha idade mínima de catro anos.
b) Aquelas persoas que exerzan a patria potestade, tutela ou teñan en acollida ós usuarios contemplados no parágrafo anterior, que igualmente deberán ter a condición de veciños do Concello de Brión, salvo circunstancias excepcionais como emigración, violencia de xénero o calquera outras acreditadas mediante informe social do departamento de servizos sociais do Concello. Dado que os menores destinatarios do servizo non teñen capacidade legal de obrar, consideraranse representantes legais dos mesmos a tódolos efectos. Salvo proba expresa en contra, presumirase que calquera dos pais actúa co consentimento do outro.
c) As persoas adultas matriculadas no centro.
2.–No momento do seu ingreso, abriráselles un expediente persoal no que constarán, con carácter confidencial, os datos de filiación, sanitarios, historial escolar con cualificacións e sancións, enderezo e teléfono para avisos en casos de urxencias, así como cantas circunstancias aconsellen unha atención diferenciadas.
3.–A condición de veciño deberá manterse durante toda a utilización do servizo para manter a condición de usuario do servizo, excepto nas circunstancias excepcíonaís sinaladas no parágrafo 1 B) deste artigo, todo elo sen prexuízo do disposto no artigo 17l.i) sobre causas de baixa.
CAPÍTULO II.–ADMISIÓN, PERMANENCIA E BAIXA DOS ALUMNOS
ARTIGO 7.–SOLICITUDES E ADXUDICACIÓN DE PRAZAS.
1.–Correspóndelle á alcaldía ou ó concelleiro delegado no seu caso a proposta da dirección da Escola, a aprobación do inicio do período de presentación de solicitudes para a matrícula no centro, para alumnos con reserva de praza e novos ingresos, o que se anunciará coa debida antelación nos taboleiros de anuncios do Concello, Escola de Música, Casa da Cultura e webs municipais.
2.–As solicitudes para acceder ós servizos que se prestan na Escota de Música Municipal “Magariños” formalizaranse por escrito a través do modelo oficial que para tal fin se pode recoller nas oficinas municipais ou na mesma Escola de Música dirixido ó Sr. alcaldepresidente, xuntando a documentación sinalada no artigo 10 do presente regulamento, e presentado no Rexistro Xeral do Concello, sen prexuízo de poder utilizar calquera dos medios sinalados no artigo 38.4 da Lei 30/92.
3.–As notificacións ós interesados derivadas dos procedementos descritos no presente capítulo practicaranse exclusivamente a través de publicación de edictos nos taboleiros de anuncios do Concello, Escola de Música, Casa da Cultura e webs municipais.
4.–As solicitudes presentadas tralo remate do prazo de presentación de solicitudes serán consideradas unicamente para os casos de convocatoria extraordinaria de prazas dentro do curso escolar, nos termos do artigo 16. En todo caso caducarán ó remate do curso, e non serán tidas en conta para o seguinte curso escolar.
ARTIGO 8.–RENOVACIÓN DE PRAZAS.
1.–Os usuarios xa matriculados na Escola Municipal de Música “Magariños” que desexen renovalas prazas gozarán de reserva de praza e deberán cubrila folla de reserva de praza no modelo que se aprobe, durante o prazo sinalado no artigo 7 do presente regulamento.
2.–Non poderán renovar praza aqueles que manteñan as taxas impagadas de calquera curso no momento de formalizala solicitude e aqueles non empadroados, salvo acreditación das circunstancias extraordinarias sinaladas no artigo 6.
ARTIGO 9.–SOLICITUDES DE NOVO INGRESO.
l.–Antes de que se abra o prazo de presentación de solicitudes de novo ingreso, o alcaldepresidente aprobará a relación das prazas que quedan libres en cada un dos niveis e horarios, facendoo público no taboleiro de anuncios da Escola de Municipal de Música “Magariños”, no Concello, Casa da Cultura ou unas webs municipais.
2.–As solicitudes de novo ingreso faranse no modelo oficial aprobado de acordo co disposto neste regulamento, que se facilitará na propia Escola de Música no prazo sinalado no artigo 7 do presente regulamento, xuntando a documentación que sinala o artigo seguinte.
ARTIGO 10.–DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA.
1.–O Concello poderá pedir ós solicitantes canta documentación sexa precisa para acreditar todas aquelas situacións que por baremo sexan susceptibles de puntuación.
2.–As solicitudes de novo ingreso deberán iren acompañadas da seguinte documentación orixinal ou copia compulsada:
A) O modelo de solicitude que teña aprobado o Concello, debidamente cumprimentado.
B) Documentación acreditativa da identidade:
a) Se o solicitante é unha persoa adulta, fotocopia do DNI ou pasaporte.
b) Se o solicitante é menor de idade:
1.–Libro de familia onde apareza o alumno para o que se solicita o ingreso.
2.–Fotocopias do documento nacional de identidade ou pasaporte das persoas que exerzan a patria potestade ou titoría.
3.–No caso de separación, divorcio ou nulidade matrimonial, acreditación de dita circunstancia, con expresión do réxime de exercicio da patria potestade do menor.
4.–No caso de tutela, o certificado do Rexistro Civil no que conste o nomeamento do titor ou sentencia xudicial.
C) Aqueles outros que se fixen na convocatoria das prazas, e que garden relación coa admisión dos usuarios.
ARTIGO 11.–BAREMO DE ADMISIÓN.
1.–A selección das solicitudes efectuarase en función do baremo aprobado pola xunta de goberno local. En defecto da aprobación de tal baremo, a admisión farase por rigorosa orde de entrada das solicitudes dos aspirantes.
ARTIGO 12.–RELACIÓN PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS NO PROCESO DE BAREMACIÓN.
1.–Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes tanto de renovación de prazas coma de novo ingreso, o director da escola examinará as solicitudes e a documentación aportada e proporá a aprobación da lista provisional ó Sr Alcalde. O Sr alcalde aprobará a relación provisional de admitidos e excluídos no proceso de baremación, na que se enumerarán os admitidos e no seu caso excluídos por non aportaren a documentación requirida no artigo anterior.
2.–A publicación da relación provisional implicará o requirimento ós afectados para que corrixan as deficiencias observadas e presenten os documentos necesarios no prazo máximo de dez días hábiles, podendo presentar igualmente as alegacións que estimen oportunas. Cando o último día do prazo concedido para a corrección das deficiencias coincidira en sábado, rematará o primeiro día hábil seguinte.
3.–Respecto á documentación referida no artigo 10, na notificaión advertiráselles de que, se non atendesen ó requirimento dentro do prazo indicado, teranse por desistidos da súa petición, logo de resolución en tal sentido que se incorporará na aprobación da listaxe definitiva.
ARTIGO 13.– RELACIÓN DEFINITIVA DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS E LISTAXE DE ESPERA COMÚN.
1.–O director examinará as reclamacións e documentación aportadas polos interesados, e o alcaldepresidente aprobará a relación definitiva de admitidos e non admitidos, coa puntuación obtida por aplicación do baremo en cada caso polos solicitantes admitidos con praza, de maior a menor.
2.–A citada relación conterá tamén unha listaxe dos solicitantes ós que se considera desistidos da súa solicitude por non aportala documentación requirida conforme ó artigo 10.
3.–Xunto coa relación de admitidos e non admitidos publicarase unha listaxe de espera, integrada por aqueles solicitantes admitidos no proceso de baremación que non obtivesen praza, ordenados segundo a puntuación obtida por aplicación do baremo para cada un dos niveis e cursos.
4.–Se rematado o proceso de baremación existisen vacantes, poderá procederse á consideración de solicitudes de non empadroados.
ARTIGO 14.–MATRÍCULA.
1.–Os usuarios admitidos deberán achegar no prazo de matrícula establecido no artigo 7 do presente regulamento a documentación complementaria seguinte, se non o fixesen con anterioridade:
a) Unha fotografia tamaño carné.
b) Comprobante de pagamento das taxas.
2.–No caso de que a citada documentación non se presente, o director do centro proporá a súa baixa, que será acordada polo Alcalde, agás que a non presentación derive dunha causa xustificada.
ARTIGO 15.–SOLICITANTES INCLUÍDOS NA LISTA DE ESPERA COMÚN.
l.–As baixas que se vaian producindo ó longo do curso serán cubertas por rigorosa orde de puntuación entre os solicitantes en lista de espera común. No caso de que o solicitante renuncie á praza ou non formalice a matrícula no prazo de 3 días hábiles, pasará a ocupalo último lugar da lista, pasando o chamamento ó seguinte da lista.
2.–Quen estea nas listaxes de espera poderá solicitar o cambio de asignaturas ou instrumento, ocupando neste caso o último posto da correspondente lista.
3.–As listas de espera caducarán en todo caso ó remate do curso escolar.
ARTIGO 16.–VACANTES NON CUBERTAS POLA LISTA DE ESPERA.
1.–Producidas vacantes na Escola que non se cubrisen por esgotamento da lista de espera común e no seu caso por outros usuarios que desexasen estudar, poderase abrir un novo proceso extraordinario de presentación de solicitudes de novo ingreso e baremación, de acordo co seguinte procedemento:
– A proposta da dirección da Escola de Música, decreto de Alcaldía abrindo o proceso e establecendo o número de vacantes, que será publicado no taboleiro de anuncios do Concello, Escola de Música, Casa da Cultura e webs municipais.
– Apertura de prazo mínimo de 5 días hábiles para presentación de solicitudes, a contar dende a publicación.
– Aprobación da lista provisional de admitidos e excluídos no proceso de baremación de acordo co artigo 13 do presente regulamento no prazo de 5 días hábiles. Neste caso poderán admitirse no proceso usuarios non empadroados.
– Aprobación da lista definitiva de admitidos e non admitidos de acordo co artigo 13 do presente regulamento no prazo de 5 días hábiles dende o remate do prazo de subsanación de deficiencias e apertura de prazo de matrícula de 10 días hábiles, de acordo co artigo 15 do regulamento. Os usuarios empadroados terán en todo caso preferencia sobre os non empadroados.
2.–Se, aberto o prazo de novas solicitudes, non se presentase ningunha no prazo sinalado anteriormente, a convocatoria entenderase aberta con carácter indefinido ata a presentación de solicitudes que cubran o número de prazas vacantes, podéndose proceder á baremación e adxudicación de prazas a medida que se van presentando as solicitudes.
3.–Non obstante o anterior, cando o curso escolar estivese avanzado e pola duración do proceso descrito se prevese pola dirección do centro que a súa resolución sería posterior ou próxima á terminación do curso escolar, poderanse deixar as vacantes non cubertas ata o remate do curso escolar.
ARTIGO 17.–CAUSAS DE BAIXA.
1.–Causarase baixa na Escola Municipal de Música “Magariños” por algunha das causas seguintes:
a) Por solicitude dos usuarios ou os seus representantes, que se presentará segundo o modelo aprobado de acordo co establecido neste regulamento.
b) Por incompatibilidade ou inadaptación absoluta do usuario para permanecer no centro.
c) Falta de asistencia á metade das clases lectivas nunha asignatura nun trimestre sen previo aviso nin causa xustificada. En todo caso, as ausencias xustificadas non poderán ser superiores a 20 días no curso escolar, polo que, transcorrido dito prazo, darase baixa definitiva.
d) Non superación dos obxectivos de nivel e curso.
e) Impago inxustificado de dunha cota, total ou parcialmente.
f) Perda da condición de veciño de Brión do usuario, salvo os casos excepcionais expostos no artigo 6.
g) Cando non se entregue documentación para a revisión e/ou clarificación de datos nos prazos establecidos ó efecto, previo requirimento expreso pola entidade municipal.
h) A comprobación da inexactitude ou falsidade de declaracións ou datos relevantes en relación coa solicitude de ingreso ou establecemento do prezo público pola prestación do servizo de Escola Municipal de Música “Magariños”, que provoque que outros solicitantes teñan maior puntuación no baremo.
i) Comisión de faltas sancionadas coma infraccións moi graves.
2.–As baixas, excepto no suposto a) que serán tramitadas automáticamente, serán resoltas polo alcalde a proposta da dirección da Escola de Música, previa audiencia do interesado.
3.–Cando se acorde a baixa dun alumno pola causa descrita na letra h) deste artigo, os responsables estarán obrigados a aboala diferencia entre o importe da matrícula que viñan pagando e o que lle correspondería de non térselle aplicado as circunstancias que se tiveran alegado ou ocultado.
CAPÍTULO III.–ORGANIZACIÓN DAS ENSINANZAS
ARTIGO 18.–OFERTA DIDÁCTICA E CICLOS FORMATIVOS
PLAN EDUCATIVO XERAL (PEX)
NIVEL I
Primer Ciclo. Iniciación
- Asignaturas Troncais: Música e Movemento.
- Tempos Lectivos: dúas clases de 45 minutos semanais.
- Número de alumnos máximo: 12 alumnos.
- Cursos: 1º e 2º.
Segundo Ciclo. Formación Básica
- Asignaturas Troncais: Música e Movemento.
- Asignaturas Obrigatorias: Pre-Conxunto Coral.
- Tempos Lectivos: unha hora semanal.
- Número de alumnos máximo: Música e Movemento (15 alumnos) e Pre-Conxunto Coral 30 alumnos).
- Cursos: 3º e 4º.
NIVEL II
- Asignaturas Troncais: Linguaxe Musical e Instrumento.
- Asignaturas Obrigatorias: Conxunto Coral I.
- Optativas: Música de Cámara e Banda
- Instrumentos: piano, guitarra, trompeta/fliscorno, trombón, tuba/bombardino, trompa, clarinete, saxofón e frauta travesa.
- Cursos: 1º, 2º, 3º, 4º e 5º.
- Tempos lectivos:
o Linguaxe Musical: 2 horas á semana.
o Intrumento: ½ hora semanal.
o Conxunto coral: ¾ horas semanal.
o Banda: 1 hora mensual.
o Música de cámara: ¼ hora mensual (duetos), ½ hora mensual (trios, cuartetos, quintetos, etc.).
NIVEL III
- Asignaturas Troncais: Linguaxe Musical (só no primeiro curso) e Instrumento.
- Asignaturas Obrigatorias: Conxunto Coral II.
- Optativas: Música de Cámara e Banda.
- Instrumentos: piano, guitarra, trompeta/fliscorno, trombón, tuba/bombardino, trompa, clarinete, saxofón e frauta travesa.
- Cursos: 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º.
- Tempos lectivos:
o Linguaxe Musical: 2 horas á semana.
o Instrumento: ½ hora semanal.
o Conxunto coral: ¾ horas semanal.
o Orquestra: 1 hora mensual.
o Música de cámara: ¼ hora mensual (duetos), ½ hora mensual (trios, cuartetos, quintetos, etc.).
PLAN EDUCATIVO ADULTOS (PEA)
NIVEL II
- Asignaturas Troncais: Linguaxe Musical e Instrumento.
- Asignaturas Obrigatorias: Conxunto Coral.
- Instrumentos: piano, guitarra, trompeta/fliscorno, trombón, tuba/bombardino, trompa, clarinete, saxofón e frauta travesa.
- Cursos: 1º, 2º, 3º, 4º e 5º.
- Tempos lectivos:
o Linguaxe Musical: 2 horas á semana.
o Instrumento: ½ hora semanal.
o Conxunto coral: 1 hora semanal.
NIVEL III
- Asignaturas Troncais: Linguaxe Musical (só no primeiro curso) e Instrumento.
- Asignaturas Obrigatorias: Conxunto Coral
- Instrumentos: piano, guitarra, trompeta/fliscorno, trombón, tuba/bombardino, trompa, clarinete, saxofón e frauta travesa.
- Cursos: 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º.
- Tempos lectivos:
o Linguaxe Musical: 2 horas á semana.
o Instrumento: ½ hora semanal.
o Conxunto coral: 1 hora semanal.
Ademáis destas dúas vertentes, o plan educativo contempla outras formulacións para adecuar o sistema ás posibilidades e necesidades do alumnado. Entre elas atópanse as seguintes:
Cursos de acceso (máximo tres cursos). Adecuar a idade do alumno co nivel que lle corresponde no sistema educativo da escola.
Cursos de reforzamento. Destinados para acceder ó sistema regrado que se imparte nos conservatorios.
Cursos de mantemento. Orientado ós alumnos das vertentes PEX e PEA que rematen o Nivel III e queiran continuar mellorando e especializándose no seu instrumento.
Fóra do plan educativo da Escola, e coa intención de chegar a outros segmentos de poboación mediante a motivación de ensinanzas que non van incluidas no plan educativo, a Escola ofertará os seguintes obradoiros:
Obradoiro Pre-Iniciación Musical. Alumnado de 3 anos.
ARTIGO 19.–PROBAS DE NIVEL.
Polo profesorado da Escola faranse probas de nivel dos alumnos nos seguintes supostos:
a) En caso de ingreso por primeira vez na Escola, coa fin de asignar o nivel e curso axeitado segundo os coñecementos previos dos alumnos.
b) O alumno terá unha convocatoria, de carácter ordinario no mes de setembro.
Os alumnos que non superen as probas no caso do apartado b) do artigo anterior, poderán repetir o curso por unha soa vez.
Os alumnos que non superen as probas de nivel no segundo intento, ou repitan máis de dous cursos no ciclo causarán baixa na Escola.
ARTIGO 20.–DIPLOMAS ACREDITATIVOS.
Ó termo de cada un dos niveis programados, pola Escola de Música expediranse os diplomas acreditativos de superación das correspondentes probas, así como coa superación dos niveis.
Os devanditos diplomas unicamente terán valor no ámbito interno da Escola e o que outras administracións ou particulares libremente lle outorguen, sen que teñan validez académica ou profesional.
CAPÍTULO IV.–ESTRUTURA ORGANIZATIVA DO CENTRO
ARTIGO 21.–CALENDARIO ESCOLAR.
a) O curso divídese en tres trimestres, sendo o período oficial de clases entre setembro e xuño. As clases comezarán na segundda quincena de setembro e finalizarán na segunda quincena de xuño. O Plan Pedagóxico do Centro poderá contemplar unha programación especial para os meses de verán.
b) Os períodos vacacionais corresponderanse, no máximo posible, co calendario escolar fixado pola Consellería de Educación ou organismo competente, tendo tamén en conta os días festivos declarados polo Concello.
ARTIGO 22.–DIRECCIÓN DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA “MAGARIÑOS”.
A dirección da Escola Municipal de Música “Magariños” estará a cargo dos órganos competentes do concello e da persoa que en cada momento designe o mesmo, sendo a competencia para a seu nomeamento e destitución do alcaldepresidente.
ARTIGO 23.–COMPETENCIAS DO DIRECTOR.
1. Representar academicamente á Escola Municipal de Música.
2. Cumprir e facer cumprír as leis e demais disposícíóns vigentes.
3. Exercelo control de todo o persoal adscrito ó centro.
4. Dirixir e coordinar tódalas actividades da Escola, sen prexuizo dos restantes órganos superiores de goberno.
5. Xestionar os medios materiais da Escola.
6. Propoñer gastos de acordo co orzamento da Escola e de conformidade cos restantes órganos superiores de goberno.
7. Visar as certificacións e documentos oficiais da Escola.
8. Elaborar o proxecto educativo e a programación xeral anual da Escola, de acordo coas propostas formuladas polo claustro.
9. Convocar e presidilos actos e actividades académicas.
10. Promover e impulsar as relacións da Escola coas institucións do seu entorno e facilitala adecuada coordinación con outros servicios formativos da zona.
11. Elevar ás autoridades competentes a memoria anual sobre as actividades e situación xeral da Escola.
12. Facilitala información que lle sexa requerida polas autoridades competentes sobre calquera aspecto referente á Escola Municipal de Música “Magariños”.
13. Favorecela convivencia do alumnado na Escola e garantilo procedemento para impoñer as correccións que correspondan, de acordo coas disposicións vixentes, co Regulamento de Réxime Interno e cos criterios fixados pola autoridade competente.
14. Propoñer as contratacións de obras, servicios e subministracións de acordo coas disposicións vixentes.
15. Sancionar as faltas leves dos usuarios e propoñer no seu caso a iniciación de expedientes por faltas graves ou moi graves.
ARTIGO 24.–DO PROFESORADO.
Os profesores teñen garantida a liberdade de cátedra, e o seu exercicio orientarase á realización das fins educativas previstas na programación do centro, cooperando coa dirección no cumprimento da normativa vixente en materia de ensinanza.
Os profesores deberán estar en posesión do título de grao medio de música na especialidade correspondente.
ARTIGO 25.–DEBERES DO PROFESORADO.
1. Extremar o cumprimento das normas éticas que esixe a súa función educativa e proporcionar unha educación de calidade ós seus alumnos.
2. Colaborar coa dirección do centro co mantemento da convivencia académica do centro.
3. Colaborar na realización de actividades extraescolares.
4. Cumprir o seu horario integramente. Os profesores que teñan horario libre, deberán de empregalo en tarefas relacionadas coa escola (asistencia ós conxuntos musicales, biblioteca, linguaxes musicales, clases de apoio...).
5. Asegurar de xeito continuo o seu propio perfeccionamento musical, técnico e pedagóxico, para o cal teñen (sempre coa autorización da dirección do centro), durante o curso escolar, un máximo de 6 días para cambiar clases. Os cambios de clase deberán ser recuperados, sen alterar o normal funcionamento do centro, nun prazo de 10 días naturais. O profesor será o responsable de avisar ós alumnos dos cambios e recuperacións das clases.
6. Serán responsables dos alumnos ó seu cargo durante todo o horario escolar.
7. Coidar de manter en perfecto estado o material e os instrumentos ó seu cargo.
8. O incumprimento das normas do Regulamento, por parte do profesorado, poderá ser sancionado coa rescisión de contrato.
ARTIGO 26.–CLAUSTRO DE PROFESORES.
O claustro de profesores estará composto por tódolos profesores que impartan cada unha das asignaturas en cada momento durante o curso escolar. O claustro reunirase con carácter ordinario ó comezo e ó final de curso, así como con carácter extraordinario sempre que o solicite a dirección do centro, ou ben un terzo alomenos dos membros do claustro, por escrito á dirección.
As convocatorias ordinarias deberán facerse cun mínimo de 8 días, e as extraordinarias con unha antelación de 48 horas.
A asistencia ás sesións do claustro é obrigatoria para tódolos seus membros. Calquera ausencia haberá de ser debidamente xustificada.
ARTIGO 27.–COMPETENCIAS DO CLAUSTRO DE PROFESORES.
1. Formular á dirección do centro propostas para a elaboración dos proxectos do mesmo.
2. Aprobar e avaliar os proxectos curriculares e os aspectos docentes, conforme ó proxecto educativo do centro e a programación xeral do centro.
3. Promover iniciativas no ámbito da experimentación e da investigación pedagóxica e na formación do profesorado do centro.
4. Coordinar as funcións referentes á orientación, titoría, avaliación e recuperación dos alumnos.
5. Analizar e valorar os resultados da avaliación que do centro realice a administración educativa ou calquera informe referente á marcha do mesmo.
ARTIGO 28.–XEFATURA DE ESTUDOS.
O cargo de xefe de estudos será ofertado ó conxunto dos docentes da Escola anualmente. A dirección da mesma, presentará as candidaturas ó alcaldepresidente ou concelleiro delegado correspondente para o seu nomeamento ou cese no seu caso.
ARTIGO 29.–COMPETENCIAS DO XEFE DE ESTUDOS.
1. Exercer, por delegación do director/a e baixo a súa autoridade, o control do persoal docente en todo o relativo ó réxime académico.
2. Facilitarlles ós órganos superiores toda aquela información que se requira sobre asuntos docentes.
3. Coordinar e elaborar coa dirección a execución da programación anual, a memoria anual, o D.C.B. (deseño curricular base), o proxecto curricular do centro, así como en toda colaboración relativa a proxectos docentes que se requirisen.
4. Elaborar, en colaboración co director/a e previa consulta cos profesores, os horarios académicos dos alumnos e profesores de acordo cos criterios establecidos, así como velar polo seu estricto cumprimento.
5. Coordinar as actividades dos profesores en todo o relacionado co ámbito académico, así como velar polo cumprimento das actividades complementarias.
6. Fomentala participación dos alumnos en todas aquelas actividades que sexan propias da Escola, así como aquelas que sexan programación da Concellería de Cultura e que polo seu interese complementen o proxecto da Escola.
7. Confeccionar o calendario de exames do curso escolar.
8. Elaboralos informes necesarios sobre as solicitudes de cambio de especialidade instrumental presentadas polos alumnos, previa consulta do profesorado afectado.
9. Ordenar o réxime administrativo da Escola, de conformidade coas directrices da dirección.
10. Expedir certificacións académicas e non académicas.
11. Manter actualizado o inventario xeral da Escola, biblioteca, material didáctico e inmobilizado.
12. Velar polo mantemento e o bo uso do material da Escola en tódolos seus aspectos.
13. Substituir ó director da Escola no caso de ausencia do mesmo.
14. Calquera outra función que se lle poida encomendar a dirección dentro do seu ámbito de competencia.
CAPÍTULO V.–DEREITOS E DEBERES DOS USUARIOS
ARTIGO 30.–DEREITOS DOS USUARIOS.
1.–Acceder ó centro e recibir unha formación musical de calidade de conformidade coa normativa en vigor sen discriminación por razón de nacionalidade, sexo, raza, relixión, ideoloxía ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social, xa sexa de nenos, nenas ou adultos.
2.–Ó respecto a integridade e dignidade persoal.
3.–Sixilo profesional acerca dos datos ou historia social, sanitaria ou escolar.
4.–A que os nenos realicen as saídas velando pola súa seguridade, sempre e cando vaian acompañados dos adultos responsables do seu entorno familiar, ou en todo caso con autorización escrita por parte dos pais, nais ou representantes legais.
5.–Á intimidade persoal en función das condicións estructurais do centro.
6.–A asociárense co obxecto de favorecela súa participación na programación e no desenvolvemento de actividades do centro.
7.–A seren informados de xeito comprensible, tanto das medidas adoptadas respecto deles como do desenvolvemento diario do neno, e a pediren explicación de canto afecte á súa propia educación.
8.–Á participación dos pais / nais / titores nas actividades educativas e axudas na preparación de materiais para o traballo dos nenos.
ARTIGO 31.–DEBERES DOS USUARIOS.
1. Esforzarse nos traballos, participar nas actividades activamente e contribuír a que o aula sexa lugar de traballo e de convivencia.
2. Manter unha actitude de respecto e consideración con todo o persoal que traballa no centro e cos demais usuarios.
3. Aboalos prezos ou taxas polos servizos prestados nos prazos e forma que se establecen nas ordenanzas municipais.
4. Asistir a clase con puntualidade. No caso dos alumnos menores, os pais deberán traer e recoller os seus fillos coa maior puntualidade posible, pois a Escola non se fai responsable dos alumnos fóra de horario lectivo.
Xustificar e, se é posible, advertir de antemán ó profesor das faltas de asistencia a clase, so pena de ser sancionado de acordo coas prescricións do capítulo VIII deste regulamento. Nestes casos de falta de asistencia a clase do alumno, non existe obriga da Escola de recuperar a clase.
6. Proverse do material didáctico necesario pola súa conta, especialmente os instrumentos musicais, para sacar proveito das clases.
7. Cumprir e respectalos horarios aprobados para o desenvolvemento das actividades da Escola.
8. Respectalo exercicio de estudo dos seus compañeiros.
9. Seguir as orientacións do profesorado respecto da súa aprendizaxe e mostrarlle o debido respecto e consideración.
10. Coidar o material e o espazo da Escola.
11. Participar en aquelas actividades programadas pola Escola cando así o requira o profesor ou o director. A asistencia ós concertos e audicións organizados pola Escola é obrigatoria, tanto para aqueles alumnos que participen directamente, como para aqueles outros que designe o profesor ou a dirección. Nestes casos, a clase non se recupera, pois considerase igualmente pedagóxico a asistencia ó concerto ou audición, xa que forma parte do proceso educativo.
12. Indemnizar calquera clase de danos provocado á Escola, aos demais usuarios ou ó persoal da mesma.
ARTIGO 32.–EXCEPCIÓNS DO DEBER DE ASISTENCIA Ó CENTRO.
Os usuarios matriculados na Escola deberán asistir ó centro de xeito continuado ata a finalización do curso escolar.
O devandito deber só cesará por algunhas das seguintes causas:
a) Formalización da baixa voluntaria no centro, que deberá facerse por escrito no modelo aprobado.
b) Declaración de baixa por parte do concello, por algunha das causas sinaladas no artigo 17 do regulamento.
c) Peche do centro por causas sobrevidas.
d) Suspensión temporal de asistencia ó centro. A suspensión temporal poderá ser solicitada polos usuarios, e só será concedida por causas excepcionais, familiares ou laborais, que impidan de xeito continuado a asistencia. A duración máxima concedida será de dous meses, improrrogables. A concesión correspóndelle ó director da Escola.
ARTIGO 33.–LIBRO DE RECLAMACIÓNS.
A Escola Municipal de Música “Magariños” terá un libro de reclamacións a disposición dos usuarios. A dirección do centro poñerá en coñecemento do Concello de Brión o contido das reclamacións de xeito periódico, agás nos casos en que se requira unha comunicación inmediata.
TÍTULO VI.–DOS RECURSOS MATERIALES
ARTIGO 34.–INSTALACIÓNS DA ESCOLA.
A Escola dispón do mobiliario e material adecuados ás ensinanzas que se imparten.
O alumnado poderá facer uso das instalacións da Escola, fóra do horario lectivo de clases, para estudar nas mesmas e sempre que posúa o de utilización da dirección do centro. Este permiso estará suxeito a un horario determinado, sempre e cando non altere a actividade normal do centro e non será, en ningún caso, superior a un curso académico.
CAPÍTULO VII.–RÉXIME DE COBRANZA
ARTIGO 35.
Estarase con carácter xeral ó establecido na ordenanza reguladora do prezo público pola prestación deste servizo.
CAPÍTULO VIII.–RÉXIME SANCIONADOR
ARTIGO 36.–PRESCRICIÓNS XERAIS.
O incumprimento das regras establecidas no presente regulamento por parte dos usuarios da Escola, xa sexa por neglixencia ou dolo, que estea comprendido nas conductas tipificadas coma faltas será castigada coas sancións previstas no mesmo, así corno no seu caso, a indemnizar os danos e perxuicios causados á Escola.
ARTIGO 37.–FALTAS.
As faltas clasifícanse en leves, graves e moi graves.
1.–Serán faltas leves:
a) A falta de consideración ó persoal do centro ou os demais usuarios.
b) Non traer ós menores aseados e limpos.
c) Non respectar os horarios establecidos, tanto de entrada como de saída.
d) Calquera incumprimento dos deberes dos usuarios non tipificado coma falta grave ou moi grave.
2.–Serán faltas graves:
a) A grave falta de consideración ó persoal ou ós demais usuarios.
b) Incumprimento das sancións impostas.
c) A comisión da terceira falta leve durante o curso escolar.
d) Non informar das enfermidades susceptibles de contaxio que padeza o neno.
3.–Serán faltas moi graves:
a) Exercer violencia física ou formular coaccións ou ameazas a calquera persoa do Centro ou os demais usuarios.
b) Falsear ou ocultar datos en relación co goce de calquera prestación ou servizo, que provoquen que o usuario tivera vantaxe á hora de acceder á praza ou se lle aplicasen tarifas inferiores ás que lle correspondesen segundo este regulamento e a ordenanza reguladora do prezo público.
c) A subtracción de bens ou calquera obxecto do centro, do persoal ou de outros usuarios.
d) A suplantación de personalidade e a falsificación ou subtracción de documentos académicos.
e) O uso, a incitación ó mesmo ou a introdución no centro de obxectos ou substancias prexudiciais para a saúde ou perigosas para a integridade persoal dos membros da comunidade educativa.
f) A comisión dolosa de danos nas ínstalacíóns.
g) A comisión da segunda falta grave durante o curso escolar.
4.–As faltas previstas prescribirán de acordo cos seguintes prazos:
• Infraccións leves: 1 mes.
• Infraccións graves: 6 meses.
• Infraccións moi graves: 1 ano.
ARTIGO 38.–SANCIÓNS.
As sancións aplicables polas infraccións deste regulamento serán as seguintes:
1.–Sancións por falta leve:
• Amoestación individual por escrito, expulsión da clase ou realización de tarefas dentro ou fóra do horario lectivo.
2.–Sancións por falta grave:
• Suspensión dos dereitos de asistencia ó centro de unha semana a tres meses de duración.
3.–Sancións por falta moi grave:
• Suspensión dos dereitos de asistencia ó centro de tres meses a un ano de duración.
• En caso de conductas especialmente graves ou danosas, expulsión da Escola de música por unha duración mínima de un ano e máxima de tres anos.
ARTIGO 39.–PROCEDEMENTO SANCIONADOR.
1.–As faltas leves poderanse sancionar sen necesidade de ningún procedemento, procurando, sempre que as circunstancias o permitisen, escoitar ó infractor.
2.–A imposición de sancións por faltas graves ou moi graves requirirá a tramitación do correspondente expediente, que se tramitará de acordo co seguinte procedemento:
• No prazo de dez días a partir da comunicación e notificación do acordo de iniciación, o órgano instructor e os interesados efectuarán, respectivamente, as actuacións preliminares, a aportación de cantas alegacións, documentos o informacións estimen convenientes e, no seu caso, a proposición e práctica da proba.
• Transcorrído o devandito prazo, o órgano competente para a instrución formulará proposta de resolución, notificándolla ós interesados para que, no prazo de cinco días, fagan as alegacións que consideren.
• O procedemento remitirase ó órgano competente para resolver, que no prazo de tres días dictará resolución, poñendo fin á vía administrativa. O procedemento deberase resolver no prazo máximo de un mes dende a súa iniciación.
3.–O órgano competente para a iniciación do procedemento e a imposición de sancións será:
a) Por faltas leves, o profesor encargado da clase ou o director do centro.
b) Para a imposición de sancións por faltas graves ou moi graves, o alcaldepresidente ou concelleiro delegado no seu caso.
4.–A efectos da gradación da imposición de sancións, o órgano competente resolverá atendendo ás seguíntes circunstancias:
– Intencionalidade.
– A perturbación que poida producir no funcionamento normal da administración e o servicio.
– Os danos e prexuízos que poidan implicar para os cidadáns ou usuarios dos servicios.
– Reincidencia na comisión das faltas.
5.–No caso de que os feitos imputados puidesen seren constitutivos de faltas graves ou moi graves, o alcaldepresidente ou concelleiro delegado no seu caso, a proposta do instrutor, poderá adoptar como medida cautelar a suspensión de asistencia ó centro mentres se tramita o correspondente expediente por un prazo máximo de seis meses, atendendo á gravidade das condutas presuntamente cometidas e a súa repercusión no bo funcionamento da Escola e os dereitos dos demais usuarios.
6.–As sancións impostas incluiranse no expediente escolar do alumno.
ARTIGO 40.–INDEMNIZACIÓNS POR DANOS E PREXUÍZOS.
1.–O procedemento especificado no parágrafo segundo do artigo anterior utilizarase igualmente para a taxacíón e esixencia de reparación de danos e prexuízos ocasionados á Escola de Música, incluso cando estes se ocasionen por condutas non cualificadas de faltas, salvo que concorran causas de forza maior.
2.–Se as condutas sancionadas causasen danos ou prexuízos á Escola Municipal, a resolución do procedemento poderá declarar:
a) A esixencia ó infractor da reposición ó seu estado orixinario da situación alterada pola infracción.
b) A indemnización polos danos e prexuízs causados, cando a súa contía quedase determinada durante o procedemento.
3.–Cando non concorran as circunstancias previstas na letra b) do apartado anterior, a indemnización polos danos e prexuízos causados determinarase mediante un procedemento complementario, cuxa resolución será inmediatamente executiva. Este procedemento será susceptible de terminación convencional, pero nin esta nin a aceptación polo infractor da resolución que puidera recaer implicará o recoñecemento voluntario da súa responsabilidade. A resolución do procedemento porá fin á vía administrativa.
DISPOSIÓNS ADICIONAIS
PRIMEIRA.–RÉXIME XURÍDICO.
Ademais do previsto neste regulamento á Escola de Música seralle de aplicación a Orde de 11 de marzo de 1993 da Xunta de Galicia pola que se regulan os requisitos específicos que deben reunílas escolas de música, a lexislación de réxime local, e a normativa de desenvolvemento.
SEGUNDA.–FORMA DE PRESTACIÓN DO SERVIZO.
O servicio regulado no presente regulamento poderá ser prestado por calquera dos modos permitidos pola lexislación local para a xestión de servizos públicos. Sen embargo, e de cara á posta en funcionamento do servizo, entenderase que mentres a corporación a través dos órganos competentes e de acordo co procedemento establecido non adopte acordo en contrario, o servizo será prestado por xestión directa sen organismo diferenciado.
TERCEIRA.–MODIFICACIÓNS NORMATIVAS.
As referencias contidas neste regulamento a preceptos doutras normas legais ou regulamentarias entenderanse feitas de xeito automático a aqueles preceptos que os substitúan ou modifiquen.
CUARTA.–APROBACIÓN DE MODELOS.
Facúltase ó alcalde da corporación para aprobar mediante decreto os modelos de documentos a utilizar para as diversas xestións enunciadas neste regulamento.
QUINTA.–FICHEIRO DE DATOS PERSOAIS.
Facúltase á alcaldía do Concello para crear a medio de decreto o ficheiro ou ficheiros de datos de carácter persoal que se deriven da aplicación das disposicións deste regulamento, de acordo co que dispón o artigo 20 da Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de tratamento automatizado de datos de carácter persoal, crear o ficheiro de datos persoais, así como a modifícalos ou suprimilos cando concorran os requisitos establecidos na normativa citada.
SEXTA.–DESENVOLVEMENTO DO REGULAMENTO.
Facúltase ó alcaldepresidente de Concello de Brión a ditar cantos actos sexan necesarios para o desenvolvemento e interpretación do presente regulamento.
SETIMA.–AMPLIACIÓN DAS PRESTACIÓNS DO SERVIZO DE ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL.
As prestacións que inclúe este servizo que se establece no regulamento, poderán ser obxecto de ampliación se se prevé no prego de condicións no caso de xestionarse indirectamente o servizo, ou por resolución de alcaldía se a modalidade de xestión é a directa.
DISPOSICIÓN FINAL ÚNICA.
O presente regulamento aprobado definitivamente polo Pleno da corporación entrará en vigor unha vez publicado o seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia e transcorrido o prazo previsto polo artigo 65.2 da Lei 7/85, permanecendo en vigor ata que o pleno da Corporación acorde a súa modificación ou derrogación.
En Brión, a 10 de decembro de 2009.
O alcalde-presidente
Asdo. José Luis García García
2010/3822