Administración Local

Municipal

Brión

Edicto de aprobación definitiva da ordenanza fiscal 5-I, reguladora do imposto sobre incremento de valor dos terreos de natureza urbana

EDICTO

Ó non terse presentado durante o período de exposición ó público reclamacións contra o acordo plenario de data 21 de outubro de 2009, polo que se aprobou provisionalmente a modificación da ordenanza fiscal nº 5-I, reguladora do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana, enténdese automáticamente elevado a definitivo o citado acordo, polo que en cumprimento do artigo 17 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, publícase o texto íntegro da modificación da ordenanza xa existente, que quedará redactada do seguinte xeito:

ORDENANZA FISCAL 5-I

REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE O INCREMENTO DO VALOR DOS TERREOS DE NATUREZA URBANA

De conformidade coas facultades normativas outorgadas polos arts. 133.2 e 142 da Constitución española e polo art. 106 da Lei 7/1985, Reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade ó establecido nos arts. 15 e seguintes, así como no art. 59.2 e nos arts. 104 e seguintes do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, acórdase a imposición e ordenación do Imposto sobre o Incremento do Valor dos Terreos de Naturaleza Urbana, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal.

CAPITULO I NORMATIVA APLICABLE

Artigo 1º.

O imposto sobre o incremento do valor dos terrenos de naturaleza urbana rexerase:

-Polas normas reguladoras do mesmo, contidas no Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, e polas demais disposicións legais e regulamentarias que completen e desenrolen.

-Pola presente Ordenanza Fiscal.

CAPITULO II NATUREZA E FEITO IMPOÑIBLE

Artigo 2º.

1.Constitúe o feito impoñible do imposto o incremento de valor que experimenten os terreos de natureza urbana e que se poña de manifesto a consecuencia da transmisión da súa propiedade por calquera título ou da constitución ou transmisión de calquera dereito real de goce, limitativo de dominio, sobre os referidos terreos.

O título a que se refire o parágrafo anterior será todo feito, acto o contrato, calquera que sexa a súa forma, que orixine un cambio do suxeito titular das facultades domincales de disposición ou aproveitamento sobre un terreo, teña lugar por ministerio da Lei, por actos mortis causa ou inter-vivos, a título oneroso ou gratuíto.

2. Estará suxeito a este imposto o incremento de valor que experimenten os terreos que deban ter a consideración de urbanos, a efectos do Imposto sobre Bens Inmobles, con independencia de que esten contemplados como tales no Catastro ou no padrón do IBI.

3. Estará asimismo suxeito a este imposto o incremento de valor que experimenten os terreos integrados nos bens inmobles clasificados como de características especiais a efectos do Imposto sobre Bens Inmobles.

Artigo 3º .

Non estarán suxeitos a este imposto:

a) o incremento de valor que experimenten os terreos que teñan a consideración de rústicos para os efectos do Imposto sobre Bens Inmobles.

b) As achegas de bens e dereitos realizadas polos cónxuxes á sociedade conxugal, as adxudicacións que ó seu favor e en pagamento delas se verifiquen e as transmisións que se fagan ós cónxuxes en pagamento dos seus haberes comúns

c) As transmisións de bens inmobles entre cónxuxes ou a favor dos fillos, como consecuencia do cumprimento de sentencias nos casos de nulidade, separación ou divorcio matrimonial, sexa cal sexa o réxime económico matrimonial.

CAPITULO III EXENCIÓNS

Artigo 4°.

1. Están exentos deste imposto os incrementos de valor que se manifesten a consecuencia dos seguintes actos:

a) A constitución e trnasmisión de dereitos de servidume.

b) As trasmisións de bens que se atopen dentro do perímetro delimitado coma conxunto histórico-artístico, ou teñan sido declarados individualmente de interese cultural, segundo o disposto na Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español, cando os seus propietarios ou titulares de dereitos reais acrediten que teñen realizado ó seu cargo obras de conservación, mellora e rehabilitación nos ditos inmobles. Para disfrutar desta exención deberá acreditarse a declaración individual de interese cultural mediante a invocación da norma de rango suficiente onde se conteña ou a súa situación indubitada dentro do perímetro delimitado como Conxunto Histórico-Artístico mediante Real Decreto ou norma de rango superior. Asimesmo, acreditarase a execución de proxectos de conservación, mellora e rehabilitación debidamente autorizados, para o cal presentaranse os proxectos, as licencias e permisos preceptivos e o certificado de fin de obra correspodente. Os servicios técnicos municipais incorporarán un informe respecto da necesidade ou utilidade das obras para a conservación do Patrimonio. O suxeito pasivo deberá estar ó corrente das suas obligacións tributarias co Concello respecto dos tributos que gravan o inmoble en cuestión e presentará declaración respecto de ter realizado o seu cargo ás obras.

2. Así mesmo, están exentos deste imposto os incrementos de valor correspondentes cando a obligación de satisfacer aquél recaia sobre as persoas ou entidades seguintes:

a) O Estado, A Comunidade Autónoma de Galicia, e as entidades locais ás que pertenza o Concello, así como os organismos autónomos do Estado e as entidades de dereito público de análogo carácter da Comunidade Autonóma de Galicia e das devanditas entidades locais.

b) O Concello de Brión e as entidades locais integradas neste ou nas que se integre o Concello, así como as suas respectivas entidades de dereito público de análogo carácter ós Organismos autónomos do Estado.

c) As institucións que teñan a cualificación de benéficas ou benéfico-docentes

d) As entidades xestoras da Seguridade Social e as Mutualidades de previsión Social reguladas na Lei 30/1995, do 8 de novembro, de Ordenación e Supervisión dos Seguros Privados.

e) Os titulares de concesións administrativas revertibles respecto dos terreos afectos ás mesmas.

f) A Cruz Vermella Española.

g) As persoas ou entidades ás que ó seu favor se lle recoñecera a exención en tratados ou convenios internacionais

CAPITULO IV SUXEITOS PASIVOS

Artigo 5º.

1. Terán a condición de suxeitos pasivos deste imposto a título de contribuintes:

a) Nas transmisións de terreos ou na constitución ou transmisións de dereitos reais de goce limitativos do dominio, a título lucrativo, a persona física ou xurídica, ou a entidade a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, que adquira o terreo ou a persoa ou entidade a favor da que se constitúa ou transmita o dereito real de que se trate.

b) Nas transmisións de terreos ou na constitución ou transmisións de dereitos reais de goce limitativos do dominio a título oneroso, a persona física ou xurídica, ou a entidade a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, que transmita o terreo ou a persona ou entidade que constitúa ou transmita o dereito real de que se trate.

2. Nos supostos a que se refire a letra b) do apartado anterior, tendrá a consideración de suxeito pasivo sustituto do contribuinte, a persoa física ou xurídica, ou a entidade a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria que adquira o terreo ou a persona ou entidade a favor da que se constitúa ou transmita o dereito real de que se trate, cando o contribuinte sexa unha persoa física non residente en España.

CAPITULO V BASE IMPOÑIBLE

Artigo 6º. Base Impoñible.

1. A base impoñible deste imposto está constituida polo incremento real do valor dos terreos, posto de manifesto no momento do devengo e experimentado ó longo dun período máximo de 20 anos.

2. A efectos de determinación da base imponible, haberá de terse en conta o valor do terreo no momento do devengo, dacordo co previsto nos apartados 2.a),2.b), 2.c) e 2.d) deste artigo , e o porcentaxe que corresponda en función do previsto no artigo 7 da mesma.

O valor do terreo no momento do devengo resultará do establecido nas seguintes regras :

a) Nas transmisións de terreos de natureza urbana considérase como valor dos mesmos ó tempo de devengo deste imposto o que teñan fixados en dito momento para os efectos do Imposto sobre Bens Inmobles.

No obstante, cando dito valor sexa consecuencia dunha ponencia de valores que non reflexe modificacións no planeamento aprobadas con posterioridade a aprobación da citada ponencia, poderase liquidar provisionalmente este imposto conforme o mesmo. Nestes casos, na liquidación definitiva aplicarase o valor dos terreos unha vez sexa obtida conforme aos procedementos de valoración colectiva que se instrúan, referido á data do devengo. Cando esta data non coincida coa de efectividade dos novos valores catastrais, estes corrrexiranse aplicando os coeficientes de actualización que correspondan, establecidos ó efecto nas Leis de Orzamentos Xerais do Estado.

Cando o terreo, aínda sendo de natureza urbana ou integrado nun ben inmoble de características especiais, no momento do devengo do imposto non teña determinado o valor catastral en dito momento, o Concello poderá practicar a liquidación cando o referido valor catastral sexa determinado, referindo dito valor ó momento do devengo.

b) Na constitución e transmisión de dereitos reais de goce, limitativos do dominio, a porcentaxe correspondente contida no artigo 13 desta ordenanza, aplicarase sobre a parte do valor definido no apartado a) anterior que represente, respecto do mesmo, o valor dos referidos dereitos calculado mediante a aplicación das normas fixadas a efectos do Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados.,

c) Na constitución ou transmisión do dereito a elevar unha ou máis plantas sobre un edificio ou terreo, ou do dereito a realizar a construcción baixo solo sen implicar a existencia dun dereito real de superficie, a porcentaxe correspondente contida no artigo 13 desta ordenanza, aplicarase sobre a parte do valor catastral que represente, respecto do mesmo, o módulo de proporcionalidade fixado na escritura de transmisión ou, no seu defecto, o que resulte de establecer a proporción entre a superficie ou volume das plantas a construír en voo ou en subsolo e a total superficie ou volume edificados unha vez construídas aquelas.

d ) Nos supostos de expropiación forzosa a porcentaxe correspondente contida no artigo 13 desta ordenanza, aplicarase sobre a parte do xustiprezo que corresponda ó valor do terreo, salvo que o valor definido no artigo 8 desta ordenanza fose inferior, caso no que prevalecerá este último sobre o xustiprezo.

Artigo 7º.

1. Cando se modifiquen os valores catastrais como consecuencia dun procedemento de valoración colectiva de carácter xeral, tomarase como valor do terreo, ou da parte de este que corresponda segundo as regras contidas nos artigo 6. apatado 2 desta Ordenanza, o importe que resulte de aplicar os novos valores catastrais a reducción do 40%. A devandita reducción aplicarase respecto de cada un dos cinco primeiros anos de efectividade dos novos valores catastrais.

2. A reducción prevista neste artigo non será de aplicación ós supostos nos que os valores catastrais resultantes do procedemento de valoración colectiva a que o mesmo se refire sexan inferiores ós ata entón vixentes.

3. O valor catastral reducido en ningún caso poderá ser inferior ó valor catastral do terreo antes do procedemento de valoración colectiva.

Artigo 8º.

1. Para determinar a base imponible a que se refire o artigo 6, aplicarase sobre o valor do terreo no momento do devengo, determinado conforme o disposto nos artigos 6 apartado 2 desta ordenanza, a porcentaxe anual que corresponda en función do número de anos durante os cales se xerou o aumento de valor de acordo co seguinte cadro:

a) Periodos de un (1) ata cinco anos: 2,34 por cento.

b) Periodos de ata dez anos: 2,24 por cento.

c) Periodos de ata quince anos: 2,14 por cento.

d) Periodos de ata vinte anos: 2,04 por cento

2. Para determinar a porcentaxe, aplicaranse as regras seguintes:

- Primeira. O incremento de valor de cada operación gravada polo imposto determinarase con arreglo á porcentaxe anual fixado no cadro do apartado anterior para o periodo que comprenda o numero de anos ó largo dos cales púxose de manifesto dito incremento.

- Segunda. A porcentaxe a aplicar sobre o valor do terreo no momento de devengo será o resultante de multiplicar a porcentaxe anual aplicable a cada caso concreto polo número de anos ó largo dos cales púxose de manifesto o incremento de valor.

- Terceira. Para determinar a porcentaxe anual aplicable a cada operaciónconcreta conforme á regra primeira e para determinar o número de anos polos que tense que multiplicar dito porcentaxe anual conforme a regra segunda, só se considerarán os anos completos que integren o período de posta de manifiesto do incremento de valor, sin que a tales efectos podan considerarse as fraccións de ano de dito periodo. En ningún caso o período poderá será superior a 20 anos nin inferior a un ano.

CAPITULO VI DÉBEDA TRIBUTARIA

SECCIÓN PRIMEIRA. COTA TRIBUTARIA

Artígo 9º.

1.A cota íntegra deste imposto será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de gravame .

2.A cota líquida do imposto será o resultado de aplicar sobre a cota íntegra, no seu caso, a bonificación a que se refire o artigo seguinte.

3.O tipo de gravame do imposto a aplicar será do 25%

SECCIÓN SEGUNDA.BONIFICACIÓNS NA COTA

Artigo 10º

1. Gozarán de bonificación nas cotas deste imposto que se devenguen nas transmisións de terreos ou na transmisión e constitución de dereitos reias de goce limitativos do dominio, realizada a título lucrativo por causa de morte a favor dos descendentes e adoptados, os cónxuxes e os ascendentes e adoptantes, segundo a escala que se contén no apartado seguinte.

2. As bonificacións da cota a que se refire o apartado anterior aplicaranse segundo a seguinte escala:

Cota Tributaria

Bonificación

Ata 10.000 euros

95 por 100

De 10.000,01 euros ata 20.000 euros

90 por 100

mais de 20.000 euros

85 por 100

3. A cota tributaria para aplicación da escala de bonificación computarase pola totalidade de inmobles obxecto da transmisión lucrativa a liquidar.

CAPITULO VI. DEVENGO

Artigo 11º.

1. O imposto devengarase:

a) Cando se transmita a propiedade do terreo, xa sexa a título oneroso ou gratuíto, entre vivos ou por causa de morte, na data da transmisión.

b) Cando se constitúa ou transmita calquera dereito real de goce limitativo do dominio, na data en que teña lugar a constitución ou transmisión.

2. Para os efectos do disposto no apartado anterior considerarase como data da transmisión:

a) Nos actos ou contratos entre vivos a do outorgamento do documento público e, cando se trate de documentos privados, a da súa incorporación ou inscrición nun rexistro público, ou a da súa entrega a un funcionario público por razón do seu oficio.

b) Nas transmisións por causa de morte, a do falecemento do causante

3.Cando se declare ou recoñeza xudicial ou administrativamente por resolución firme ter tido lugar a nulidade, rescisión ou resolución do acto ou contrato determinante da transmisión do terro ou da constitución ou transmisión do dereito real de goce sobre o mesmo, o suxeito pasivo terá dereito á devolución do imposto satisfeito, sempre que dito acto ou contrato non lle producira efectos lucrativos e que reclame a devolución no prazo de cinco anos dende que a resolución quedou firme, entendéndose que existe efecto lucrativo cando non se xustifique que os interesados deban efectuar as recíprocas devolucións a que se refire o artigo 1.295 do Código Civil. Aínda que o acto ou contrato non producira efectos lucrativos, se a rescisión ou resolución se declarase por incumprimento das obrigas do suxeito pasivo do imposto, non haberá lugar a devolución ningunha

4. Se o contrato queda sen efecto por mutuo acordo das partes contratantes non procedera a devolución do imposto satisfeito e se considerará como un acto novo suxeito a tributación. Como tal mutuo acordo estimarase a avenencia en acto de conciliación e o simple allanamento á demanda.

5. Nos actos ou contratos nos que medie algunha condición, a súa cualificación farase con cargo ás prescricións contidas no Código Civil. Se fose suspensiva non se liquidará o imposto ata que esta se cumpra. Se a condición fose resolutoria esixirase o imposto, desde logo, a reserva, cando a condición se cumpra, de facer a oportuna devolución segundo a regra do apartado 1 anterior.

Artigo 12º.

O periodo de imposición e o tempo durante o cal o terro pertence a un mesmo propietario ou o tempo durante o cal unha persoa é titular dun dereito real de goce limitativo do dominio, e computarse a partir da transmisión inmediata anterior do terreo ou dereito real de goce ou dende a data de constitución deste último, calquera que sexa esa data, sempre que tivera lugar dentro dos últimos vinte anos. Se a data fose mias remota, o período de imposición limitarase a vinte anos.

CAPITULO VII XESTIÓN DO IMPOSTO.

SECCIÓN PRIMEIRA. OBRIGAS MATERIAIS E FORMAIS.

Artigo 13º.

1. Os suxeitos pasivos virán obrigados a presentar ante este Concello declaración segundo o modelo determinado polo mesmo, contendo os elementos da relación tributaria imprescindible para practicar a liquidación procedente.

2. Dita declaración deberá ser presentada nos seguintes prazos, contados dende a data na que se produza o devengo do imposto:

a) Cando se trate de actos “inter vivos”, o prazo será de trinta días hábiles

b) Cando se trate de actos por causa de morte, o prazo será de seis meses prorrogables ata un ano a solicitude do suxeito pasivo.

3. Á declaración xuntaranse os documentos no que consten os actos ou contratos que orixinan a imposición

As liquidacións do imposto notificaranse integramente ós suxeitos pasivos con indicación do prazo de ingreso e expresión dos recursos procedentes.

Con independencia do disposto no apartado 1 do art. 13º, están igualmente obrigados a comunicar ó Concello a realización dun feito impoñible nos mesmos prazos que os suxeitos pasivos

a) Nos supostos contemplados na letra a) do art. 5º, sempre que se producira por negocio xurídico “inter vivos”, o donante ou persoa que constitúa ou transmita o dereito real de que se trate.

b) Nos supostos contemplados na letra b) de dito art., o adquirinte ou a persoa a favor de quen se constitúa ou transmita o dereito real de que se trate.

Artigo 14º

De conformidade co artigo 154 da Lei hipotecaria e 414 do seu regulamento, ningunha inscrición farase no Rexistro da Propiedade sen que se acredite previamente o pagamento do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana causado polo acto ou contrato que se solicita inscribir.

Malia o parágrafo anterior, procederase de conformidade co establecido nos artigos 255 e seguintes da Lei hipotecaria.

Artigo 15º.

Así mesmo, os Notarios estarán obrigados a remitir ó Concello. Dentro da primeira quincena de cada trimestre, relación ou índice comprensivo de tódolos documentos por eles autorizados no trimestre anterior, nos que se conteñan os feitos, actos ou negocios xurídicos que poñan de manifesto a realización do feito impoñible deste imposto, con excepción dos actos de última vontade. Tamén estarán obrigados a remitir, dentro do mesmo prazo, relación dos documentos privados comprensivos dos mesmos feitos, actos ou negocios xurídicos, que lles foran presentados para coñecemento ou lexitimación de sinaturas. O prevido neste apartado enténdese sen prexuízo do deber xeral de colaboración establecido na Lei Xeral Tributaria. Na relación ou índice que remitan os Notarios ó Concello, éstos deberán facer constar a referencia catastral dos bens inmobles cando dita referencia se corresponda cos que sexan obxecto de transmisión.

Artigo 16º. Inspección e Recadación

A inspección e recadación do imposto realizarase de acordo co prevido na Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria e nas demais leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións dictadas para o seu desenvolvemento.

Artigo 17º. Infraccións e sancións

En todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias, así como á determinación das sancións que correspondan, aplicarase o disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei 58/2003, Xeral Tributaria e disposicións complementarias.

Disposición adicional única

As modificacións que se introduzan na regulación do imposto, polas leis de orzamentos xerais do Estado ou por calquera outra lei ou disposición e que resulten de aplicación directa, producirán, de ser o caso, a correspondente modificación tácita da presente ordenanza fiscal.

Disposición Derrogatoria Única

A partir da data de entrada en vigor da presente ordenanza fiscal quedará derrogada a Ordenanza fiscal nº5-I reguladora do imposto sobre o incremento do valor dos terrenos de naturaleza urbana, publicada definitivamente no BOP nº 261 de 12/11/2007.

Disposición Final

A presente ordenanza entrará en vigor unha vez publicada definitivamente no Boletín Oficial da Provincia e de conformidade co artigo 107 da Lei 7/1985 , de 2 de abril, reguladora das bases de Réxime Local comenzará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2010, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.

No caso de modificación parcial desta ordenanza fiscal os artigos non modificados continuarán vixentes.

INFORME DE INTERVENCIÓN

ASUNTO. Expediente administrativo de modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de naturaleza urbana .

LEXISLACIÓN APLICABLE.

*(LALG) artigo 215 da Lei 5/1997 do 22 de xullo , sobre normas reguladoras da Administración Local de Galicia.

*(LRBRL) artigos 22.2 d) ,47.1 47.3.h), 49, e 106 a 113 da Lei 7/1985 do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, na súa redacción dada pola Lei 57/2003, de 16 de decembro, de medidas para a modernización do goberno local

*(LRFL) artigos 2.1, 6 a 19, 104 a 110 , 194 e 203 do Real Decreto Legislativo 2/2004, de 5 de marzo , polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

*(TRRL) artigo 54 do Real Decreto Lexislativo 781/1986 do 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local.

*(ROF) artigos 123.1 e 173 do Real Decreto 2568/1986 do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento do Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.

ANTECEDENTES:

A ordenanza fiscal en vigor foi publicada definitivamente no BOP nº 261 de 12/11/2009.

O día 13 de outubro de 2009 se recíbe nesta Intervención providencia de Alcaldía incoando o expediente de modificación da Ordenanza fiscal reguladora da referida Taxa. Na providencia indícase o obxecto da modificación:

O motivo que xustifica a modificación da Ordenanza Fiscal Nº 5-I, reguladora do imposto imposto sobre o incremento de valor dos terreos de naturaleza, e o de dar cumprimento ao compomiso Plenario de 30 de xuño de 2009 de adaptar a presente ordenanza ao disposto no Plan de Saneamento aprobado derivado do RDL 5/2009, de 24 de abril de medidas extraordinarias e urxentes ao que se acolleu este Concello.

INFORME:

Primeiro. A regulación básica do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de naturaleza urbana , recóllese nos artigos 104 a 110 do RDL 2/2004, polo que se aproba o TRLRFL configurándose a citada taxa como un tributo que grava o seguinte feito impoñible (artigo 104.1 do TRLRFL).

“Constitúe o feito impoñible do imposto o incremento de valor que experimenten os terreos de natureza urbana e que se poña de manifesto a consecuencia da transmisión da súa propiedade por calquera título ou da constitución ou transmisión de calquera dereito real de goce, limitativo de dominio, sobre os referidos terreos”

Segundo. Recollénse como suxeitos pasivos os mesmos que se recollen como tales no artigo 106 do TRLRFL .

Terceiro. Do mesmo modo se establecen unhas exencións do imposto que son conformes o establecido no artigo 105 do TRLRFL.

Cuarto. No artigo 107 e 108 do TRLRFL regúlase a base impoñible o tipo de gravame , a cuota íntegra e a líquida , as presentes cumplen o disposto nos citados artigos.

Quinto. En canto o que se refire ó devengo e demais normas de xestión do imposto son conformes o establecido nos artigos 109 e 110 do TRLRFL.

Sexto.- En canto ao procedemento de modificación das ordenanzas, dicir que, as modificacións das ordenanzas fiscais se expondrán no taboleiro de anuncios do Concello durante trinta días, como mínimo, dentro dos cales os interesados poderán examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas.

Ademáis a entidade local publicará en todo caso os anuncios de exposición no Boletín Oficial da Provincia. Finalizado o período de exposición pública, a corporación adoptará o acordo definitivo que proceda, resolvendo as reclamacións que se houberan presentado e aprobando a redacción definitiva da ordenanza, a súa derogación ou as modificacións as que se refira o acordo provisional.Unha vez finalizado o período de exposición pública, no caso de que non se houberan presentado reclamacións,se entenderá definitivamente adoptado o acordo, ata entonces provisional, sen necesidade de acordo plenario.

En todo caso, o acordo definitivo incluíndo os provisionais elevados automáticamente a tal categoría, e o texto íntegro da ordenanza ou da súa modificación, terán que ser publicados no Boletín Oficial da Provincia, sen que entren en vigor ata que produzca a citada publicación ( artígo 17 TRLRFL).

Os citado acordos deben ser aprobados no Pleno por maioría simple de votos ( artígo 47.1 da LRBRL)

É canto teño a ben informar, salvo mellor criterio fundado en dereito.

En Brión, a 14 de outubro de 2009

A IINTERVENTORA

Asdo. Ana María Gómez Peña

PROVIDENCIA DE ALCALDÍA

No RDL 5/2009, de 24 de abril, de medidas extraordinarias e urxentes establecese no seu Título I, que as entidades locais que liquidaran os seus presupostos de 2008 con remanente de tesourería negativo e operacións pendentes de aplicar ao orzamento, poderán financiar o seu importe con endebedamento bancario. A operación de endebedamento requerirá a aprobación pola entidade local dun plan de saneamento. Este plan de saneamento foi aprobado o 30 de xuño de 2009 polo Concello Pleno, nel acordase o incremento dos tipos impositivos ata o importe necesario para a xeneración dos suficientes recursos e dentro dos límites previstos no Texto Refundido da Lei reguladora de Facendas Locais,

DISPOÑO

Primeiro.- Inicia-lo expediente para levar a cabo a modificación da Ordenanza Fiscal Nº 5-I, reguladora do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana, para adaptala ao disposto no Plan de Saneamento aprobado no RDL 5/2009, de 24 de abril de medidas extraordinarias e urxentes.

Segundo.- Que se redacte a citada Ordenanza Fiscal.

Terceiro.- Que por parte da Intervención municipal se emita informe ao respecto e se elabore informe técnico sobre o custe do servicio.

Brión, a 14 de outubro de 2009

O ALCALDE

Asdo.: José Luis García García

PROPOSTA DE MODIFICACIÓN

Vista a providencia de Alcadía de 14 de outubro, presentase a seguinte proposta de modificación da Ordenanza Fiscal Nº 5-I, Reguladora do imposto sobre incremento de valor dos terreos de natureza urbana, que queda redactada do sequinte xeito:

ORDENANZA FISCAL 5-I

REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE O INCREMENTO DO VALOR DOS TERREOS DE NATUREZA URBANA

De conformidade coas facultades normativas outorgadas polos arts. 133.2 e 142 da Constitución española e polo art. 106 da Lei 7/1985, Reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade ó establecido nos arts. 15 e seguintes, así como no art. 59.2 e nos arts. 104 e seguintes do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, acórdase a imposición e ordenación do Imposto sobre o Incremento do Valor dos Terreos de Naturaleza Urbana, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal.

CAPITULO I NORMATIVA APLICABLE

Artigo 1º.

O imposto sobre o incremento do valor dos terreos de naturaleza urbana rexerase:

-Polas normas reguladoras do mesmo, contidas no Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, e polas demais disposicións legais e regulamentarias que completen e desenrolen.

-Pola presente Ordenanza Fiscal.

CAPITULO II NATUREZA E FEITO IMPOÑIBLE

Artigo 2º.

1.Constitúe o feito impoñible do imposto o incremento de valor que experimenten os terreos de natureza urbana e que se poña de manifesto a consecuencia da transmisión da súa propiedade por calquera título ou da constitución ou transmisión de calquera dereito real de goce, limitativo de dominio, sobre os referidos terreos.

O título a que se refire o parágrafo anterior será todo feito, acto o contrato, calquera que sexa a súa forma, que orixine un cambio do suxeito titular das facultades domincales de disposición ou aproveitamento sobre un terreo, teña lugar por ministerio da Lei, por actos mortis causa ou inter-vivos, a título oneroso ou gratuíto.

2. Estará suxeito a este imposto o incremento de valor que experimenten os terreos que deban ter a consideración de urbanos, a efectos do Imposto sobre Bens Inmobles, con independencia de que esten contemplados como tales no Catastro ou no padrón do IBI.

3. Estará asimismo suxeito a este imposto o incremento de valor que experimenten os terreos integrados nos bens inmobles clasificados como de características especiais a efectos do Imposto sobre Bens Inmobles.

Artigo 3º .

Non estarán suxeitos a este imposto:

a) o incremento de valor que experimenten os terreos que teñan a consideración de rústicos para os efectos do Imposto sobre Bens Inmobles.

b) As achegas de bens e dereitos realizadas polos cónxuxes á sociedade conxugal, as adxudicacións que ó seu favor e en pagamento delas se verifiquen e as transmisións que se fagan ós cónxuxes en pagamento dos seus haberes comúns

c) As transmisións de bens inmobles entre cónxuxes ou a favor dos fillos, como consecuencia do cumprimento de sentencias nos casos de nulidade, separación ou divorcio matrimonial, sexa cal sexa o réxime económico matrimonial.

CAPITULO III EXENCIÓNS

Artigo 4°.

1.Están exentos deste imposto os incrementos de valor que se manifesten a consecuencia dos seguintes actos:

a) A constitución e trnasmisión de dereitos de servidume.

b) As trasmisións de bens que se atopen dentro do perímetro delimitado coma conxunto histórico-artístico, ou teñan sido declarados individualmente de interese cultural, segundo o disposto na Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español, cando os seus propietarios ou titulares de dereitos reais acrediten que teñen realizado ó seu cargo obras de conservación, mellora e rehabilitación nos ditos inmobles. Para disfrutar desta exención deberá acreditarse a declaración individual de interese cultural mediante a invocación da norma de rango suficiente onde se conteña ou a súa situación indubitada dentro do perímetro delimitado como Conxunto Histórico-Artístico mediante Real Decreto ou norma de rango superior. Asimesmo, acreditarase a execución de proxectos de conservación, mellora e rehabilitación debidamente autorizados, para o cal presentaranse os proxectos, as licencias e permisos preceptivos e o certificado de fin de obra correspodente. Os servicios técnicos municipais incorporarán un informe respecto da necesidade ou utilidade das obras para a conservación do Patrimonio. O suxeito pasivo deberá estar ó corrente das suas obligacións tributarias co Concello respecto dos tributos que gravan o inmoble en cuestión e presentará declaración respecto de ter realizado o seu cargo ás obras.

2. Así mesmo, están exentos deste imposto os incrementos de valor correspondentes cando a obligación de satisfacer aquél recaia sobre as persoas ou entidades seguintes:

a) O Estado, A Comunidade Autónoma de Galicia, e as entidades locais ás que pertenza o Concello, así como os organismos autónomos do Estado e as entidades de dereito público de análogo carácter da Comunidade Autonóma de Galicia e das devanditas entidades locais.

b) O Concello de Brión e as entidades locais integradas neste ou nas que se integre o Concello, así como as suas respectivas entidades de dereito público de análogo carácter ós Organismos autónomos do Estado.

c) As institucións que teñan a cualificación de benéficas ou benéfico-docentes

d) As entidades xestoras da Seguridade Social e as Mutualidades de previsión Social reguladas na Lei 30/1995, do 8 de novembro, de Ordenación e Supervisión dos Seguros Privados.

e) Os titulares de concesións administrativas revertibles respecto dos terreos afectos ás mesmas.

f) A Cruz Vermella Española.

g) As persoas ou entidades ás que ó seu favor se lle recoñecera a exención en tratados ou convenios internacionais

CAPITULO IV SUXEITOS PASIVOS

Artigo 5º.

1. Terán a condición de suxeitos pasivos deste imposto a título de contribuintes:

a) Nas transmisións de terreos ou na constitución ou transmisións de dereitos reais de goce limitativos do dominio, a título lucrativo, a persona física ou xurídica, ou a entidade a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, que adquira o terreo ou a persoa ou entidade a favor da que se constitúa ou transmita o dereito real de que se trate.

b) Nas transmisións de terreos ou na constitución ou transmisións de dereitos reais de goce limitativos do dominio a título oneroso, a persona física ou xurídica, ou a entidade a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, que transmita o terreo ou a persona ou entidade que constitúa ou transmita o dereito real de que se trate.

2. Nos supostos a que se refire a letra b) do apartado anterior, tendrá a consideración de suxeito pasivo sustituto do contribuinte, a persoa física ou xurídica, ou a entidade a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria que adquira o terreo ou a persona ou entidade a favor da que se constitúa ou transmita o dereito real de que se trate, cando o contribuinte sexa unha persoa física non residente en España.

CAPITULO V BASE IMPOÑIBLE

Artigo 6º. Base Impoñible.

1. A base impoñible deste imposto está constituida polo incremento real do valor dos terreos, posto de manifesto no momento do devengo e experimentado ó longo dun período máximo de 20 anos.

2. A efectos de determinación da base imponible, haberá de terse en conta o valor do terreo no momento do devengo, dacordo co previsto nos apartados 2.a),2.b), 2.c) e 2.d) deste artigo , e o porcentaxe que corresponda en función do previsto no artigo 7 da mesma.

O valor do terreo no momento do devengo resultará do establecido nas seguintes regras :

a) Nas transmisións de terreos de natureza urbana considérase como valor dos mesmos ó tempo de devengo deste imposto o que teñan fixados en dito momento para os efectos do Imposto sobre Bens Inmobles.

No obstante, cando dito valor sexa consecuencia dunha ponencia de valores que non reflexe modificacións no planeamento aprobadas con posterioridade a aprobación da citada ponencia, poderase liquidar provisionalmente este imposto conforme o mesmo. Nestes casos, na liquidación definitiva aplicarase o valor dos terreos unha vez sexa obtida conforme aos procedementos de valoración colectiva que se instrúan, referido á data do devengo. Cando esta data non coincida coa de efectividade dos novos valores catastrais, estes corrrexiranse aplicando os coeficientes de actualización que correspondan, establecidos ó efecto nas Leis de Orzamentos Xerais do Estado.

Cando o terreo, aínda sendo de natureza urbana ou integrado nun ben inmoble de características especiais, no momento do devengo do imposto non teña determinado o valor catastral en dito momento, o Concello poderá practicar a liquidación cando o referido valor catastral sexa determinado, referindo dito valor ó momento do devengo.

b) Na constitución e transmisión de dereitos reais de goce, limitativos do dominio, a porcentaxe correspondente contida no artigo 13 desta ordenanza, aplicarase sobre a parte do valor definido no apartado a) anterior que represente, respecto do mesmo, o valor dos referidos dereitos calculado mediante a aplicación das normas fixadas a efectos do Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados.,

c) Na constitución ou transmisión do dereito a elevar unha ou máis plantas sobre un edificio ou terreo, ou do dereito a realizar a construcción baixo solo sen implicar a existencia dun dereito real de superficie, a porcentaxe correspondente contida no artigo 13 desta ordenanza, aplicarase sobre a parte do valor catastral que represente, respecto do mesmo, o módulo de proporcionalidade fixado na escritura de transmisión ou, no seu defecto, o que resulte de establecer a proporción entre a superficie ou volume das plantas a construír en voo ou en subsolo e a total superficie ou volume edificados unha vez construídas aquelas.

d ) Nos supostos de expropiación forzosa a porcentaxe correspondente contida no artigo 13 desta ordenanza, aplicarase sobre a parte do xustiprezo que corresponda ó valor do terreo, salvo que o valor definido no artigo 8 desta ordenanza fose inferior, caso no que prevalecerá este último sobre o xustiprezo.

Artigo 7º.

1. Cando se modifiquen os valores catastrais como consecuencia dun procedemento de valoración colectiva de carácter xeral, tomarase como valor do terreo, ou da parte de este que corresponda segundo as regras contidas nos artigo 6. apatado 2 desta Ordenanza, o importe que resulte de aplicar os novos valores catastrais a reducción do 40%. A devandita reducción aplicarase respecto de cada un dos cinco primeiros anos de efectividade dos novos valores catastrais.

2. A reducción prevista neste artigo non será de aplicación ós supostos nos que os valores catastrais resultantes do procedemento de valoración colectiva a que o mesmo se refire sexan inferiores ós ata entón vixentes.

3. O valor catastral reducido en ningún caso poderá ser inferior ó valor catastral do terreo antes do procedemento de valoración colectiva.

Artigo 8º.

1. Para determinar a base imponible a que se refire o artigo 6, aplicarase sobre o valor do terreo no momento do devengo, determinado conforme o disposto nos artigos 6 apartado 2 desta ordenanza, a porcentaxe anual que corresponda en función do número de anos durante os cales se xerou o aumento de valor de acordo co seguinte cadro:

a) Periodos de un (1) ata cinco anos: 2,34 por cento.

b) Periodos de ata dez anos: 2,24 por cento.

c) Periodos de ata quince anos: 2,14 por cento.

d) Periodos de ata vinte anos: 2,04 por cento

2. Para determinar a porcentaxe, aplicaranse as regras seguintes:

- Primeira. O incremento de valor de cada operación gravada polo imposto determinarase con arreglo á porcentaxe anual fixado no cadro do apartado anterior para o periodo que comprenda o numero de anos ó largo dos cales púxose de manifesto dito incremento.

- Segunda. A porcentaxe a aplicar sobre o valor do terreo no momento de devengo será o resultante de multiplicar a porcentaxe anual aplicable a cada caso concreto polo número de anos ó largo dos cales púxose de manifesto o incremento de valor.

- Terceira. Para determinar a porcentaxe anual aplicable a cada operaciónconcreta conforme á regra primeira e para determinar o número de anos polos que tense que multiplicar dito porcentaxe anual conforme a regra segunda, só se considerarán os anos completos que integren o período de posta de manifiesto do incremento de valor, sin que a tales efectos podan considerarse as fraccións de ano de dito periodo. En ningún caso o período poderá será superior a 20 anos nin inferior a un ano.

CAPITULO VI DÉBEDA TRIBUTARIA

SECCIÓN PRIMEIRA. COTA TRIBUTARIA

Artígo 9º.

1.A cota íntegra deste imposto será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de gravame .

2.A cota líquida do imposto será o resultado de aplicar sobre a cota íntegra, no seu caso, a bonificación a que se refire o artigo seguinte.

3.O tipo de gravame do imposto a aplicar será do 25%

SECCIÓN SEGUNDA.BONIFICACIÓNS NA COTA

Artigo 10º

1. Gozarán de bonificación nas cotas deste imposto que se devenguen nas transmisións de terreos ou na transmisión e constitución de dereitos reias de goce limitativos do dominio, realizada a título lucrativo por causa de morte a favor dos descendentes e adoptados, os cónxuxes e os ascendentes e adoptantes, segundo a escala que se contén no apartado seguinte.

2. As bonificacións da cota a que se refire o apartado anterior aplicaranse segundo a seguinte escala:

Cota Tributaria

Bonificación

Ata 10.000 euros

95 por 100

De 10.000,01 euros ata 20.000 euros

90 por 100

mais de 20.000 euros

85 por 100

3. A cota tributaria para aplicación da escala de bonificación computarase pola totalidade de inmobles obxecto da transmisión lucrativa a liquidar.

CAPITULO VI. DEVENGO

Artigo 11º.

1. O imposto devengarase:

a) Cando se transmita a propiedade do terreo, xa sexa a título oneroso ou gratuíto, entre vivos ou por causa de morte, na data da transmisión.

b) Cando se constitúa ou transmita calquera dereito real de goce limitativo do dominio, na data en que teña lugar a constitución ou transmisión.

2. Para os efectos do disposto no apartado anterior considerarase como data da transmisión:

a) Nos actos ou contratos entre vivos a do outorgamento do documento público e, cando se trate de documentos privados, a da súa incorporación ou inscrición nun rexistro público, ou a da súa entrega a un funcionario público por razón do seu oficio.

b) Nas transmisións por causa de morte, a do falecemento do causante

3.Cando se declare ou recoñeza xudicial ou administrativamente por resolución firme ter tido lugar a nulidade, rescisión ou resolución do acto ou contrato determinante da transmisión do terro ou da constitución ou transmisión do dereito real de goce sobre o mesmo, o suxeito pasivo terá dereito á devolución do imposto satisfeito, sempre que dito acto ou contrato non lle producira efectos lucrativos e que reclame a devolución no prazo de cinco anos dende que a resolución quedou firme, entendéndose que existe efecto lucrativo cando non se xustifique que os interesados deban efectuar as recíprocas devolucións a que se refire o artigo 1.295 do Código Civil. Aínda que o acto ou contrato non producira efectos lucrativos, se a rescisión ou resolución se declarase por incumprimento das obrigas do suxeito pasivo do imposto, non haberá lugar a devolución ningunha

4. Se o contrato queda sen efecto por mutuo acordo das partes contratantes non procedera a devolución do imposto satisfeito e se considerará como un acto novo suxeito a tributación. Como tal mutuo acordo estimarase a avenencia en acto de conciliación e o simple allanamento á demanda.

5. Nos actos ou contratos nos que medie algunha condición, a súa cualificación farase con cargo ás prescricións contidas no Código Civil. Se fose suspensiva non se liquidará o imposto ata que esta se cumpra. Se a condición fose resolutoria esixirase o imposto, desde logo, a reserva, cando a condición se cumpra, de facer a oportuna devolución segundo a regra do apartado 1 anterior.

Artigo 12º.

O periodo de imposición e o tempo durante o cal o terro pertence a un mesmo propietario ou o tempo durante o cal unha persoa é titular dun dereito real de goce limitativo do dominio, e computarse a partir da transmisión inmediata anterior do terreo ou dereito real de goce ou dende a data de constitución deste último, calquera que sexa esa data, sempre que tivera lugar dentro dos últimos vinte anos. Se a data fose mias remota, o período de imposición limitarase a vinte anos.

CAPITULO VII XESTIÓN DO IMPOSTO.

SECCIÓN PRIMEIRA. OBRIGAS MATERIAIS E FORMAIS.

Artigo 13º.

1. Os suxeitos pasivos virán obrigados a presentar ante este Concello declaración segundo o modelo determinado polo mesmo, contendo os elementos da relación tributaria imprescindible para practicar a liquidación procedente.

2. Dita declaración deberá ser presentada nos seguintes prazos, contados dende a data na que se produza o devengo do imposto:

a) Cando se trate de actos “inter vivos”, o prazo será de trinta días hábiles

b) Cando se trate de actos por causa de morte, o prazo será de seis meses prorrogables ata un ano a solicitude do suxeito pasivo.

3. Á declaración xuntaranse os documentos no que consten os actos ou contratos que orixinan a imposición

As liquidacións do imposto notificaranse integramente ós suxeitos pasivos con indicación do prazo de ingreso e expresión dos recursos procedentes.

Con independencia do disposto no apartado 1 do art. 13º, están igualmente obrigados a comunicar ó Concello a realización dun feito impoñible nos mesmos prazos que os suxeitos pasivos

a) Nos supostos contemplados na letra a) do art. 5º, sempre que se producira por negocio xurídico “inter vivos”, o donante ou persoa que constitúa ou transmita o dereito real de que se trate.

b) Nos supostos contemplados na letra b) de dito art., o adquirinte ou a persoa a favor de quen se constitúa ou transmita o dereito real de que se trate.

Artigo 14º

De conformidade co artigo 154 da Lei hipotecaria e 414 do seu regulamento, ningunha inscrición farase no Rexistro da Propiedade sen que se acredite previamente o pagamento do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana causado polo acto ou contrato que se solicita inscribir.

Malia o parágrafo anterior, procederase de conformidade co establecido nos artigos 255 e seguintes da Lei hipotecaria

Artigo 15º.

Así mesmo, os Notarios estarán obrigados a remitir ó Concello. Dentro da primeira quincena de cada trimestre, relación ou índice comprensivo de tódolos documentos por eles autorizados no trimestre anterior, nos que se conteñan os feitos, actos ou negocios xurídicos que poñan de manifesto a realización do feito impoñible deste imposto, con excepción dos actos de última vontade. Tamén estarán obrigados a remitir, dentro do mesmo prazo, relación dos documentos privados comprensivos dos mesmos feitos, actos ou negocios xurídicos, que lles foran presentados para coñecemento ou lexitimación de sinaturas. O prevido neste apartado enténdese sen prexuízo do deber xeral de colaboración establecido na Lei Xeral Tributaria. Na relación ou índice que remitan os Notarios ó Concello, éstos deberán facer constar a referencia catastral dos bens inmobles cando dita referencia se corresponda cos que sexan obxecto de transmisión.

Artigo 16º. Inspección e Recadación

A inspección e recadación do imposto realizarase de acordo co prevido na Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria e nas demais leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións dictadas para o seu desenvolvemento.

Artigo 17º. Infraccións e sancións

En todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias, así como á determinación das sancións que correspondan, aplicarase o disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei 58/2003, Xeral Tributaria e disposicións complementarias.

Disposición adicional única

As modificacións que se introduzan na regulación do imposto, polas leis de orzamentos xerais do Estado ou por calquera outra lei ou disposición e que resulten de aplicación directa, producirán, de ser o caso, a correspondente modificación tácita da presente ordenanza fiscal.

Disposición Derrogatoria Única

A partir da data de entrada en vigor da presente ordenanza fiscal quedará derrogada a Ordenanza fiscal nº5-I reguladora do imposto sobre o incremento do valor dos terrenos de naturaleza urbana, publicada definitivamente no BOP nº 261 de 12/11/2007.

Disposición Final

A presente ordenanza entrará en vigor unha vez publicada definitivamente no Boletín Oficial da Provincia e de conformidade co artigo 107 da Lei 7/1985 , de 2 de abril, reguladora das bases de Réxime Local comenzará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2010, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.

No caso de modificación parcial desta ordenanza fiscal os artigos non modificados continuarán vixentes.

Brión, a 15 de decembro de 2009

O ALCALDE

Asdo.: José Luis García García

2009/18713