Boletín Nº 300. Viernes, 31 de diciembre de 2004
- IV. ADMINISTRACIÓN LOCAL - IV.2 MUNICIPAL - BRIÓN
EDICTO Pág. 12878 Reg. 14762-0.
|
|
Edicto de aprobación definitiva do expediente de aprobación e modificación das Ordenanzas fiscais municipais
O non terse presentado durante o período de exposición ó público reclamacións contra o acordo plenario de data 12/11/2004 , polo que se aprobou provisionalmente a aprobación das novas ordenanzas fiscais nº 5-I, 11-T,16-T, 17-T, 18-T, 19-T e 21-PP, e a modificación das nº 1-I , 2-I , 3-I , 4-I , 6-T , 8-T e 10-T, enténdese automaticamente elevado a definitivo o citado acordo , polo que en cumplimento do disposto no artigo 17 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 , polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais , publícanse os textos íntegros das ordenanzas de nova creación e as modificacións das ordenanzas xa existentes, que quedarán redactados do seguinte xeito:
A ) ORDENANZAS DE NOVA CREACIÓN
ORDENANZA FISCAL 5-I
REGULADORA DO INCREMENTO DO VALOR DOS TERREOS DE NATUREZA URBANA
De conformidade coas facultades normativas outorgadas polos arts. 133.2 e 142 da Constitución española e polo art. 106 da Lei 7/1985, Reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade ó establecido nos arts. 15 e seguintes, así como no art. 59.2 e nos arts. 104 e seguintes do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, acórdase a imposición e ordenación do Imposto sobre o Incremento do Valor dos Terreos de Naturaleza Urbana, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal.
CAPITULO I NORMATIVA APLICABLE
Artigo 1º .
O imposto sobre o incremento do valor dos terrenos de naturaleza urbana rexerase:
-Polas normas reguladoras do mesmo, contidas no Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, e polas demais disposicións legais e regulamentarias que completen e desenrolen.
-Pola presente Ordenanza Fiscal.
CAPITULO II NATUREZA E FEITO IMPOÑIBLE
Artigo 2º .
1.Constitúe o feito impoñible do imposto o incremento de valor que experimenten os terreos de natureza urbana e que se poña de manifesto a consecuencia da transmisión da súa propiedade por calquera título ou da constitución ou transmisión de calquera dereito real de goce, limitativo de dominio, sobre os referidos terreos.
O título a que se refire o parágrafo anterior será todo feito, acto o contrato, calquera que sexa a súa forma, que orixine un cambio do suxeito titular das facultades domincales de disposición ou aproveitamento sobre un terreo, teña lugar por ministerio da Lei, por actos mortis causa ou inter-vivos, a título oneroso ou gratuíto.
2. Estará suxeito a este imposto o incremento de valor que experimenten os terreos que deban ter a consideración de urbanos, a efectos do Imposto sobre Bens Inmobles, con independencia de que esten contemplados como tales no Catastro ou no padrón do IBI.
3. Estará asimismo suxeito a este imposto o incremento de valor que experimenten os terreos integrados nos bens inmobles clasificados como de características especiais a efectos do Imposto sobre Bens Inmobles.
Artigo 3º .
Non estarán suxeitos a este imposto:
a) o incremento de valor que experimenten os terreos que teñan a consideración de rústicos para os efectos do Imposto sobre Bens Inmobles.
b) As achegas de bens e dereitos realizadas polos cónxuxes á sociedade conxugal, as adxudicacións que ó seu favor e en pagamento delas se verifiquen e as transmisións que se fagan ós cónxuxes en pagamento dos seus haberes comúns
c) As transmisións de bens inmobles entre cónxuxes ou a favor dos fillos, como consecuencia do cumprimento de sentencias nos casos de nulidade, separación ou divorcio matrimonial, sexa cal sexa o réxime económico matrimonial.
CAPITULO III EXENCIÓNS
Artigo 4º .
1.Están exentos deste imposto os incrementos de valor que se manifesten a consecuencia dos seguintes actos:
a) A constitución e trnasmisión de dereitos de servidume.
b) As trasmisións de bens que se atopen dentro do perímetro delimitado coma conxunto histórico-artístico, ou teñan sido declarados individualmente de interese cultural, segundo o disposto na Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español, cando os seus propietarios ou titulares de dereitos reais acrediten que teñen realizado ó seu cargo obras de conservación, mellora e rehabilitación nos ditos inmobles. Para disfrutar desta exención deberá acreditarse a declaración individual de interese cultural mediante a invocación da norma de rango suficiente onde se conteña ou a súa situación indubitada dentro do perímetro delimitado como Conxunto Histórico-Artístico mediante Real Decreto ou norma de rango superior.
Asimesmo, acreditarase a execución de proxectos de conservación, mellora e rehabilitación debidamente autorizados, para o cal presentaranse os proxectos, as licencias e permisos preceptivos e o certificado de fin de obra correspodente. Os servicios técnicos municipais incorporarán un informe respecto da necesidade ou utilidade das obras para a conservación do Patrimonio. O suxeito pasivo deberá estar ó corrente das suas obligacións tributarias co Concello respecto dos tributos que gravan o inmoble en cuestión e presentará declaración respecto de ter realizado o seu cargo ás obras.
2. Así mesmo, están exentos deste imposto os incrementos de valor correspondentes cando a obligación de satisfacer aquél recaia sobre as persoas ou entidades seguintes:
a) O Estado, A Comunidade Autónoma de Galicia, e as entidades locais ás que pertenza o Concello, así como os organismos autónomos do Estado e as entidades de dereito público de análogo carácter da Comunidade Autonóma de Galicia e das devanditas entidades locais.
b) O Concello de Brión e as entidades locais integradas neste ou nas que se integre o Concello, así como as suas respectivas entidades de dereito público de análogo carácter ós Organismos autónomos do Estado.
c) As institucións que teñan a cualificación de benéficas ou benéfico-docentes
d) As entidades xestoras da Seguridade Social e as Mutualidades de previsión Social reguladas na Lei 30/1995, do 8 de novembro, de Ordenación e Supervisión dos Seguros Privados.
e) Os titulares de concesións administrativas revertibles respecto dos terreos afectos ás mesmas.
f) A Cruz Vermella Española.
g) As persoas ou entidades ás que ó seu favor se lle recoñecera a exención en tratados ou convenios internacionais
CAPITULO IV SUXEITOS PASIVOS
Artigo 5º .
1. Terán a condición de suxeitos pasivos deste imposto a título de contribuintes:
a) Nas transmisións de terreos ou na constitución ou transmisións de dereitos reais de goce limitativos do dominio, a título lucrativo, a persona física ou xurídica, ou a entidade a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, que adquira o terreo ou a persoa ou entidade a favor da que se constitúa ou transmita o dereito real de que se trate.
b) Nas transmisións de terreos ou na constitución ou transmisións de dereitos reais de goce limitativos do dominio a título oneroso, a persona física ou xurídica, ou a entidade a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, que transmita o terreo ou a persona ou entidade que constitúa ou transmita o dereito real de que se trate.
2. Nos supostos a que se refire a letra b) do apartado anterior, tendrá a consideración de suxeito pasivo sustituto do contribuinte, a persoa física ou xurídica, ou a entidade a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria que adquira o terreo ou a persona ou entidade a favor da que se constitúa ou transmita o dereito real de que se trate, cando o contribuinte sexa unha persoa física non residente en España.
CAPITULO V BASE IMPOÑIBLE
Artigo 6º . Base Impoñible.
1. A base impoñible deste imposto está constituida polo incremento real do valor dos terreos, posto de manifesto no momento do devengo e experimentado ó longo dun período máximo de 20 anos.
2. A efectos de determinación da base imponible, haberá de terse en conta o valor do terreo no momento do devengo, dacordo co previsto nos apartados 2.a),2.b), 2.c) e 2.d) deste artigo e no seguinte , e o porcentaxe que corresponda en función do previsto no artigo 8 da mesma.
O valor do terreo no momento do devengo resultará do establecido nas seguintes regras :
a) Nas transmisións de terreos de natureza urbana considérase como valor dos mesmos ó tempo de devengo deste imposto o que teñan fixados en dito momento para os efectos do Imposto sobre Bens Inmobles.
No obstante, cando dito valor sexa consecuencia dunha ponencia de valores que non reflexe modificacións no planeamento aprobadas con posterioridade a aprobación da citada ponencia, poderase liquidar provisionalmente este imposto conforme o mesmo. Nestes casos, na liquidación definitiva aplicarase o valor dos terreos unha vez sexa obtida conforme aos procedementos de valoración colectiva que se instrúan, referido á data do devengo. Cando esta data non coincida coa de efectividade dos novos valores catastrais, estes corrrexiranse aplicando os coeficientes de actualización que correspondan, establecidos ó efecto nas Leis de Orzamentos Xerais do Estado.
Cando o terreo, aínda sendo de natureza urbana ou integrado nun ben inmoble de características especiais, no momento do devengo do imposto non teña determinado o valor catastral en dito momento, o Concello poderá practicar a liquidación cando o referido valor catastral sexa determinado, referindo dito valor ó momento do devengo.
b) Na constitución e transmisión de dereitos reais de goce, limitativos do dominio, a porcentaxe correspondente contida no artigo 8 desta ordenanza, aplicarase sobre a parte do valor definido no apartado a) anterior que represente, respecto do mesmo, o valor dos referidos dereitos calculado mediante a aplicación das normas fixadas a efectos do Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados, e en particular mediante a aplicación das seguintes regras:
a) No caso de constituírse un dereito de usufructo temporal o seu valor equivalerá a un 2 por 100 do valor catastral do terreo por cada ano de duración do mesmo, sen que poida exceder do 70 por 100 de dito valor catastral
b) Se o usufructo fose vitalicio o seu valor, no caso de que o usufructuario tivese menos de vinte anos, será equivalente ó 70 por 100 do valor catastral do terreo, minorándose esa cantidade nun 1 por 100 por cada ano que exceda de dita idade, ata o límite mínimo do 10 por 100 do expresado valor catastral
c) Se o usufructo establécese a favor dunha persoa xurídica por un prazo indefinido ou superior a trinta anos, considerarase como unha transmisión da propiedade plena do terreo suxeita a condición resolutoria, e o seu valor equivalerá ó 100 por 100 do valor catastral do terreo usufructuado
d) Cando se transmita o dereito de usufructo xa existente, as porcentaxes expresadas nas letras a), b) e c) anteriores aplicaranse sobre o valor catastral do terreo ó tempo de dita transmisión
e) Cando se transmita o dereito de nuda propiedade o seu valor será igual á diferencia entre o valor catastral do terreo e o valor do usufructo, calculado este último segundo as regras anteriores
f) O valor dos dereitos de uso e habitación será o que resulte de aplicar ó 75 por 100 do valor catastral dos terreos sobre os que se constitúan tales dereitos as regras correspondentes á valoración dos usufructos temporais ou vitalicios segundo pos casos
g) Na constitución ou transmisión de calesquera outros dereitos reais de goce limitativos de dominio distintos dos enumerados nas letras a), b), c), d) e f) deste artigo e no seguinte artigo considerarase como valor dos mesmos, para os efectos deste imposto:
-O capital, prezo ou valor pactado ó constituílos, se fose igual ou maior que o resultado da capitalización ó xuro básico do Banco de España da sua renta ou pensión anual.
-Este último, se aquel fose menor.
c) Na constitución ou transmisión do dereito a elevar unha ou máis plantas sobre un edificio ou terreo, ou do dereito a realizar a construcción baixo solo sen implicar a existencia dun dereito real de superficie, a porcentaxe correspondente contida no artigo 8 desta ordenanza, aplicarase sobre a parte do valor catastral que represente, respecto do mesmo, o módulo de proporcionalidade fixado na escritura de transmisión ou, no seu defecto, o que resulte de establecer a proporción entre a superficie ou volume das plantas a construír en voo ou en subsolo e a total superficie ou volume edificados unha vez construídas aquelas.
d ) Nos supostos de expropiación forzosa a porcentaxe correspondente contida no artigo 8 desta ordenanza, aplicarase sobre a parte do xustiprezo que corresponda ó valor do terreo, salvo que o valor definido no artigo 6.2.a) desta ordenanza fose inferior, caso no que prevalecerá este último sobre o xustiprezo.
Artigo 7º .
1. Cando se modifiquen os valores catastrais como consecuencia dun procedemento de valoración colectiva de carácter xeral, tomarase como valor do terreo, ou da parte de este que corresponda segundo as regras contidas nos artigo 6. apatado 2 desta Ordenanza, o importe que resulte de aplicar os novos valores catastrais a reducción do 40%. A devandita reducción aplicarase respecto de cada un dos cinco primeiros anos de efectividade dos novos valores catastrais.
2. A reducción prevista neste artigo non será de aplicación ós supostos nos que os valores catastrais resultantes do procedemento de valoración colectiva a que o mesmo se refire sexan inferiores ós ata entón vixentes.
3. O valor catastral reducido en ningún caso poderá ser inferior ó valor catastral do terreo antes do procedemento de valoración colectiva.
Artigo 8º .
1. Para determinar a base imponible a que se refire o artigo 6, aplicarase sobre o valor do terreo no momento do devengo, determinado conforme o disposto nos artigos 6 apartado 2 desta ordenanza, a porcentaxe anual que corresponda en función do número de anos durante os cales se xerou o aumento de valor de acordo co seguinte cadro:
a) Periodos de un (1) ata cinco anos: 2,20 por cento.
b) Periodos de ata dez anos: 2,00 por cento.
c) Periodos de ata quince anos: 2,10 por cento.
d) Periodos de ata vinte anos: 2,20 por cento
2. Para determinar a porcentaxe, aplicaranse as regras seguintes:
- Primeira. O incremento de valor de cada operación gravada polo imposto determinarase con arreglo á porcentaxe anual fixado no cadro do apartado anterior para o periodo que comprenda o numero de anos ó largo dos cales púxose de manifesto dito incremento.
- Segunda. A porcentaxe a aplicar sobre o valor do terreo no momento de devengo será o resultante de multiplicar a porcentaxe anual aplicable a cada caso concreto polo número de anos ó largo dos cales púxose de manifesto o incremento de valor.
- Terceira. Para determinar a porcentaxe anual aplicable a cada operación concreta conforme á regra primeira e para determinar o número de anos polos que tense que multiplicar dito porcentaxe anual conforme a regra segunda, só se considerarán os anos completos que integren o período de posta de manifiesto do incremento de valor, sin que a tales efectos podan considerarse as fraccións de ano de dito periodo. En ningún caso o período poderá será superior a 20 anos nin inferior a un ano.
CAPITULO VI DÉBEDA TRIBUTARIA
SECCIÓN PRIMEIRA. COTA TRIBUTARIA
Artígo 9º .
1.A cota íntegra deste imposto será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de gravame .
2.A cota líquida do imposto será o resultado de aplicar sobre a cota íntegra, no seu caso, a bonificación a que se refire o artigo seguinte.
3.O tipo de gravame do imposto a aplicar será do 25%
SECCIÓN SEGUNDA.BONIFICACIÓNS NA COTA
Artigo 10º
1. Gozarán de bonificación nas cotas deste imposto que se devenguen nas transmisións de terreos ou na transmisión e constitución de dereitos reias de goce limitativos do dominio, realizada a título lucrativo por causa de morte a favor dos descendentes e adoptados, os cónxuxes e os ascendentes e adoptantes, segundo a escala que se contén no apartado seguinte.
2. As bonificacións da cota a que se refire o apartado anterior aplicaranse segundo a seguinte escala:
Cota Tributaria: Bonificación
Ata 10.000 euros: 95 por 100
De 10.000,01 euros ata 20.000 euros: 90 por 100
mais de 20.000 euros: 85 por 100
3. A cota tributaria para aplicación da escala de bonificación computarase pola totalidade de inmobles obxecto da transmisión lucrativa a liquidar.
CAPITULO VI. DEVENGO
Artigo 11º .
1. O imposto devengarase:
a) Cando se transmita a propiedade do terreo, xa sexa a título oneroso ou gratuíto, entre vivos ou por causa de morte, na data da transmisión.
b) Cando se constitúa ou transmita calquera dereito real de goce limitativo do dominio, na data en que teña lugar a constitución ou transmisión.
2. Para os efectos do disposto no apartado anterior considerarase como data da transmisión:
a) Nos actos ou contratos entre vivos a do outorgamento do documento público e, cando se trate de documentos privados, a da súa incorporación ou inscrición nun rexistro público, ou a da súa entrega a un funcionario público por razón do seu oficio.
b) Nas transmisións por causa de morte, a do falecemento do causante
3. Cando se declare ou recoñeza xudicial ou administrativamente por resolución firme ter tido lugar a nulidade, rescisión ou resolución do acto ou contrato determinante da transmisión do terro ou da constitución ou transmisión do dereito real de goce sobre o mesmo, o suxeito pasivo terá dereito á devolución do imposto satisfeito, sempre que dito acto ou contrato non lle producira efectos lucrativos e que reclame a devolución no prazo de cinco anos dende que a resolución quedou firme, entendéndose que existe efecto lucrativo cando non se xustifique que os interesados deban efectuar as recíprocas devolucións a que se refire o artigo 1.295 do Código Civil. Aínda que o acto ou contrato non producira efectos lucrativos, se a rescisión ou resolución se declarase por incumprimento das obrigas do suxeito pasivo do imposto, non haberá lugar a devolución ningunha
4. Se o contrato queda sen efecto por mutuo acordo das partes contratantes non procedera a devolución do imposto satisfeito e se considerará como un acto novo suxeito a tributación. Como tal mutuo acordo estimarase a avenencia en acto de conciliación e o simple allanamento á demanda.
5. Nos actos ou contratos nos que medie algunha condición, a súa cualificación farase con cargo ás prescricións contidas no Código Civil. Se fose suspensiva non se liquidará o imposto ata que esta se cumpra. Se a condición fose resolutoria esixirase o imposto, desde logo, a reserva, cando a condición se cumpra, de facer a oportuna devolución segundo a regra do apartado 1 anterior.
Artigo 12º .
O periodo de imposición e o tempo durante o cal o terreo pertence a un mesmo propietario ou o tempo durante o cal unha persoa é titular dun dereito real de goce limitativo do dominio, e computarse a partir da transmisión inmediata anterior do terreo ou dereito real de goce ou dende a data de constitución deste último, calquera que sexa esa data, sempre que tivera lugar dentro dos últimos vinte anos. Se a data fose mias remota, o período de imposición limitarase a vinte anos.
CAPITULO VII XESTIÓN DO IMPOSTO.
SECCIÓN PRIMEIRA. OBRIGAS MATERIAIS E FORMAIS.
Artigo 13º .
1. Os suxeitos pasivos virán obrigados a presentar ante este Concello declaración segundo o modelo determinado polo mesmo, contendo os elementos da relación tributaria imprescindible para practicar a liquidación procedente.
2. Dita declaración deberá ser presentada nos seguintes prazos, contados dende a data na que se produza o devengo do imposto:
a) Cando se trate de actos "inter vivos", o prazo será de trinta días hábiles
b) Cando se trate de actos por causa de morte, o prazo será de seis meses prorrogables ata un ano a solicitude do suxeito pasivo.
3. Á declaración xuntaranse os documentos no que consten os actos ou contratos que orixinan a imposición
As liquidacións do imposto notificaranse integramente ós suxeitos pasivos con indicación do prazo de ingreso e expresión dos recursos procedentes.
Con independencia do disposto no apartado 1 do art. 13º , están igualmente obrigados a comunicar ó Concello a realización dun feito impoñible nos mesmos prazos que os suxeitos pasivos.
a) Nos supostos contemplados na letra a) do art. 5º , sempre que se producira por negocio xurídico "inter vivos", o donante ou persoa que constitúa ou transmita o dereito real de que se trate.
b) Nos supostos contemplados na letra b) de dito art., o adquirinte ou a persoa a favor de quen se constitúa ou transmita o dereito real de que se trate.
Artigo 14º
De conformidade co artigo 154 da Lei hipotecaria e 414 do seu regulamento, ningunha inscrición farase no Rexistro da Propiedade sen que se acredite previamente o pagamento do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana causado polo acto ou contrato que se solicita inscribir.
Malia o parágrafo anterior, procederase de conformidade co establecido nos artigos 255 e seguintes da Lei hipotecaria.
Artigo 15º .
Así mesmo, os Notarios estarán obrigados a remitir ó Concello. Dentro da primeira quincena de cada trimestre, relación ou índice comprensivo de tódolos documentos por eles autorizados no trimestre anterior, nos que se conteñan os feitos, actos ou negocios xurídicos que poñan de manifesto a realización do feito impoñible deste imposto, con excepción dos actos de última vontade. Tamén estarán obrigados a remitir, dentro do mesmo prazo, relación dos documentos privados comprensivos dos mesmos feitos, actos ou negocios xurídicos, que lles foran presentados para coñecemento ou lexitimación de sinaturas. O prevido neste apartado enténdese sen prexuízo do deber xeral de colaboración establecido na Lei Xeral Tributaria. Na relación ou índice que remitan os Notarios ó Concello, éstos deberán facer constar a referencia catastral dos bens inmobles cando dita referencia se corresponda cos que sexan obxecto de transmisión.
Artigo 16º . Inspección e Recadación
A inspección e recadación do imposto realizarase de acordo co prevido na Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria e nas demais leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións dictadas para o seu desenvolvemento.
Artigo 17º . Infraccións e sancións
En todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias, así como á determinación das sancións que correspondan, aplicarase o disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei 58/2003, Xeral Tributaria e disposicións complementarias.
Disposición adicional única
As modificacións que se introduzan na regulación do imposto, polas leis de orzamentos xerais do Estado ou por calquera outra lei ou disposición e que resulten de aplicación directa, producirán, de ser o caso, a correspondente modificación tácita da presente ordenanza fiscal.
Disposición Final
A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno da Corporación na sesión que tivo lugar o día 12 de novembro de 2004 e entrará en vigor unha vez publicada definitivamente no Boletín Oficial da Provincia e de conformidade co artigo 107 da Lei 7/1985 , de 2 de abril, reguladora das bases de Réxime Local , comenzará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2005 , permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa. No caso de modificación parcial desta ordenanza fiscal os artigos non modificados continuarán vixentes.
ORDENANZA FISCAL Nº 11 - T
REGULADORA DA TAXA POLO OUTORGAMENTO DE LICENCIAS DE APERTURA DE ESTABLECEMENTOS
Artigo 1º . Fundamento e natureza.
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, en relación cos artigos 149 e seguintes , 137 e seguintes da Lei 5/1997 , do 22 de xullo , de Administración Local de Galicia e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 20 do Real Decreto Lexislativo 2/2004,de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este Concello establece a "taxa por licencias de apertura de establecementos", que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, as normas da cal atenden ó prevenido no artigo 57 do citado Real Decreto Lexislativo.
Artigo 2º . Feito impoñible.
1. Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade municipal, tanto técnica como administrativa, tendente a verificar se os establecementos industriais e mercantís reúnen as condicións de tranquilidade, sanidade, salubridade e calquera outras esixidas polas correspondentes ordenanzas e regulamentos municipais ou xerais para o seu normal funcionamento, como presuposto necesario e previo para o outorgamento por este Concello da licencia de apertura a que se refire o artigo 22 del Regulamento de servicios das corporacións locais.
2. Para os efectos, terá a consideración de apertura:
a) A instalación por vez primeira do establecemento para dar comenzo as súas actividades.
b) A variación ou ampliación da actividade desenrolada no establecemento, aínda que continúe o mesmo titular.
c) A ampliación do establecemento e calquera alteración que se leve a cabo neste e que afecte ás condicións sinaladas no número 1 deste artigo, esixindo nova verificación das mesmas.
d) Os traspasos e cambios de titularidade dos establecementos por calquera causa, incluidos os cambios de denominación social.
3. Entenderase por establecemento industrial ou mercantil toda edificación habitable, estea ou non aberta ó público, que non se destine exclusivamente a vivenda, e que:
a) Se dedique ó exercicio dalgunha actividade empresarial, fabril artesana, da construcción, comercial e de servicios que estea suxeita ó Imposto sobre actividades económicas, a excepción dos locais ocupados por profesionais.
b) Aínda sen desenrolarse aquelas actividades que sirvan de auxilio ou complemento para as mesmas, ou teñan relación con elas en forma que lles proporcionen beneficios ou aproveitamentos, como por exemplo, sedes sociais, axencias, delegacións ou sucursais de entidades xurídicas, oficinas ou estudios.
Artigo 3º . Suxeito pasivo.
Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro , xeral tributaria, titulares da actividade que se pretende desenrolar ou, no seu caso, se desenrole en calquera establecemento industrial ou mercantil.
Artigo 4º . Responsables.
1. Responden solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 41 e 42 da Lei xeral tributaria.
2. Serán responsables subsidiriarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei xeral tributaria.
Artigo 5º . Cota tributaria.
1. A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza do expediente a tramitar, de acordo coa tarifa que contén o artigo seguinte.
2. A cota de tarifa corresponde á tramitación completa do expediente de que se trate, dende a súa iniciación ata a súa resolución final, incluída a certificación e notificación ó interesado do acordo recaído.
Artigo 6º . Tarifa.
1. As cotas tributarias determinaranse de acordo coa seguinte tarifa:
a) Licencias de tramitación ordinaria para establecementos de ata 200 m2 construídos: 175,00 euros.
b) Licencias de tramitación ordinaria para establecementos de máis de 200 m2 construídos: 250,00 euros.
c) Licencias para actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas e outras de tramitación especial en establecementos de ata 200 m2 construídos: 500,00 euros.
d) Licencias para actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas e outras de tramitación especial en establecementos de máis de 200 m2 construídos: 975,00 euros.
e) Cambios de titularidade ou calquera outro suposto de tramitación equivalente que non requira informes técnicos: 60,00 euros.
f) O custo das publicacións de edictos nos boletíns oficiais, para aquelas actividades que o necesiten, serán por conta do interesado e cobraranse coa liquidación da taxa correspondente.
3. Cando nun establecemento ou local que pertenza a un só titular se vaia exercer máis dunha actividade industrial ou mercantil e, polo tanto, sexa necesaria a obtención de varias licencias e o conseguinte pagamento de distintas taxas de apertura, a cota a satisfacer será a maior que corresponda, aplicándolle un recargo do 50 por cento.
4. No caso de desestimento formulado polo interesado con anterioridade á concesión da licencia, sempre que a actividade municipal xa se tivese iniciado, as cotas a liquidar serán:
- Do 20 por cento, se se produce no prazo dun (1) mes desde a solicitude.
- Do 50 por cento, se se produce con posterioridade
Artigo 7º . Exencións e bonificacións.
Non se concederán outras exencións ou bonificacións que as expresamente previstas nas leis ou as derivadas da aplicación de tratados ou acordos internacionais.
No obstante estarán exentos de licencia de apertura de establecemento , así como de licencia de actividades clasificadas , aquelas que esten destinadas á agricultura.
Artigo 8º . Devengo.
1. Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír, cando se inicie a actividade municipal que constitúe o feito impoñible. Para os efectos, entenderase iniciada dita actividade na data de presentación da oportuna solicitude da licencia de apertura, se o suxeito pasivo formulase expresamente esta.
2. Cando a apertura tivera lugar sen ter obtido a oportuna licencia, a taxa devengarase cando se inicie efectivamente a actividade municipal conducente a determinar se o establecemento reúne ou non as condicións esixibles, con independencia da iniciación do expediente administrativo que poida instruírse para autoriza-la apertura do establecemento ou decreta-lo seu peche, se non fora autorizable dita apertura.
3. A obriga de contribuír, unha vez nacida, non se verá afectada, en modo algún, pola denegación da licencia solicitada ou pola concesión desta, condicionada á modificación das condicións do establecemento, nin pola renuncia nin desestimento do solicitante unha vez concedida a licencia.
Artigo 9º . Normas de Xestión.
1. As persoas interesadas na obtención dunha licencia de apertura de establecementos industrial ou mercantil presentarán, previamente, no rexistro xeral a oportuna solicitude, con especificación da actividade ou actividades a desenrolar no local , achegando proxecto ou documentos esixidos para cada clase de actividade polas disposicións vixentes , ademais da seguinte documentación , dependendo do concepto :
a) Licencia para actividades clasificadas: proxecto por triplicado.
b) Licencia de apertura: boceto de distribución do local.
2. Se despois de formulada solicitude de licencia de apertura se variase ou ampliase a actividade a desenrolar no establecemento, ou se alterasen as condicións proxectadas por tal establecemento ou ben se ampliase o local inicialmente previsto, estas modificacións terán que poñerse en coñecemento da Administración Municipal co mesmo detalle ou alcance que se esixe na declaración prevista no número anterior.
Artigo 10º . Réxime de ingreso.
A taxa esixirase no momento en que se conceda a licencia para a apertura do establecemento correspondente ou se produza o desestimento nesta.
Artigo 11º . Caducidade.
1. Consideraranse caducadas as licencias e taxas satisfeitas por estas se, despois de notificada a súa concesión de xeito legal, non se tivese procedido á apertura do establecemento, por calquera causa, no prazo de tres meses, ou se os interesados non se fixesen cargo da documentación nas oficinas municipais dentro do devandito prazo.
2. Excepcionalmente poderá concederse unha prórroga, sempre que se solicite dentro do prazo anterior e se estivese ó corrente o pagamento das obrigas económicas, que será por outros tres meses. Transcorrido un e outro prazo xorde novamente a obriga de solicitar a licencia.
3. Tamén se producirá a caducidade da licencia se despois de abertos os establecementos pechasen e/ou estivesen dados de baixa polo prazo dun ano, salvo que isto obedeza a unha causa que xustifique adecuadamente o peche, a cal será apreciada polo órgano competente.
Artigo 12º . Infraccións e sancións.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como nas sancións que ás mesmas corresponden en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei xeral tributaria.
Disposición adicional única
As modificacións que se introduzan na regulación do establecido nesta ordenanza pola Lei de orzamentos xerais do Estado ou por calquera outra lei ou disposición, e que resulten de aplicación directa, producirán, no seu caso, a correspondente modificación tácita da presente ordenanza fiscal.
Disposición final
A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno da Corporación na sesión que tivo lugar o día 12 de novembro de 2004 e entrará en vigor unha vez publicada definitivamente no Boletín Oficial da Provincia e de conformidade co artigo 107 da Lei 7/1985 , de 2 de abril, reguladora das bases de Réxime Local , comenzará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2005 , permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa. No caso de modificación parcial desta ordenanza fiscal os artigos non modificados continuarán vixentes.
ORDENANZA FISCAL Nº 16-T
REGULADORA DA TAXA POR LICENCIAS URBANÍSTICAS
Artigo 1º . Fundamento e natureza.
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, en relación cos artigos 149 e seguintes, 137 e seguintes da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 20 da RDL 2/2004, de 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido polo que se aproba a Lei reguladora das facendas locais, este Concello establece a "taxa por licencias urbanísticas", que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, as normas da cal atenden ó prevenido no artigo 58 da citada Lei 39/1988.
Artigo 2º . Feito impoñible.
1.Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade municipal, técnica e administrativa tendente a verificar se os actos de edificación e uso do solo a que se refire o artigo 194 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, así como a súa normativa de desenvolvemento, e que deban realizarse no término municipal, axústanse ás normas urbanísticas, de edificación e policía previstas na citada Lei do solo e no planeamento e normativa urbanística deste concello.
Artigo 3. Supostos de non suxeición
Non estarán suxeitos ó pagamento da taxa, pero si da obriga de solicita-la oportuna licencia:
a) As obras que deban efectua-los particulares nas vías públicas ou na fachada dos pisos baixos e que sexan consecuencia directa das modificacións de aliñacións ou rasantes, canalizacións ou sumidoiros que faga o Concello.
b) O branqueo, pintado ou revestimento das fachadas e muros.
c) As derrubas ou demolicións que se produzan como consecuencia de declaracións de ruína inminente e que fosen ordenados polo Concello.
d) As derrubas ou demolicións daqueles inmobles que de acordo coa actual regulamentación urbanística do Concello se atopen fóra de ordenación e fosen ordenadas por este último.
e) As obras necesarias para a eliminación de barreiras arquitectónicas, sempre e cando non impliquen incremento de volume da edificación nin cambio de uso de ela.
f) As instalacións, construccións e obras promovidas directamente por outras administracións públicas que estiveran suxeitas a licencia urbanística municipal ou a calquera outra actividade municipal técnica e administrativa de verificación que constiúa o feito impoñible deste imposto , de conformidad co establecido no artigo 2 da presente ordenanza.
Artigo 4º . Suxeito pasivo.
1. Son suxeitos pasivos da taxa , en concepto de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35 da Lei 58/2003, de 17 de decembro , xeral tributaria, que soliciten,provoquen ou nos que redunde o interese das prestacións ás que se refire a presente ordenanza.
2. En todo caso, terán a condición de substitutos do contribuínte nas taxas establecidas polo otorgamento das licencias urbanísticas, os constructores e contratistas das obras.
Artigo 5º . Responsables.
1. Responden solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas a que se refiren os artigos 41 e 42 da Lei xeral tributaria.
2. Serán responsables subsidiriarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei xeral tributaria.
Artigo 6º . Cota tributaria.
1. A cota tributaria determinarase por unha cota fixa á que, segundo a natureza do expediente a tramitar, se lle sumará outra cantidade en función da superficie, lonxitude ou unidade, de acordo coa tarifa que contén o artigo seguinte.
2. Para determinar a superficie das obras e instalacións terase en conta a totalidade das súas plantas e espacios construídos.
Artigo 7º . Tarifa.
1. Licencias ou autorizacións para a segregación de parcelas urbanas, por cada parcela resultante: 60,00 euros.
2. Licencias de primeira ocupación de vivendas unifamiliares:
a) Vivendas de ata 200 m2 de superficie construída: 60,00 euros.
b) Vivendas de 201 m2 a 400 m2 de superficie construída: 90,00 euros.
c) Vivendas de máis de 400 m2 de superficie construída: 120,00 euros.
3. Licencias de primeira ocupación de vivendas colectivas:
a) Cota fixa por inmoble: 90,00 euros.
b) Por cada unidade de vivenda e por cada 100 m2 ou fracción de local comercial ou industrial: 15,00 euros.
c) Por cada 100 m2 ou fracción de garaxes, trasteiros e demais dependencias auxiliares: 10,00 euros.
4. Licencias de primeira ocupación de naves e instalacións industriais e comerciais:
a) Cota fixa por unidade: 90,00 euros.
b) Por cada 200 m2 ou fracción: 12,00 euros.
5. Instalación de tanques, depósitos de almacenamento de auga, piscinas, etc., así como outros depósitos de almacenamento de gas, gasóleos e similares: 60,00 euros.
6. Instalación de quioscos na vía pública:
a) Cota fixa por unidade: 60,00 euros.
b) Por cada metro cadrado: 12,00 euros.
7. Instalación de carteis publicitarios:
a) Cota fixa por unidade: 60,00 euros.
b) Por cada metro cadrado: 30,00 euros.
8. Fixación de liñas e rasantes:
a) Cota fixa por unidade: 60,00 euros.
b) Por cada 20 metros ou fracción: 30,00 euros.
9. Construcción de edificacións:
Por cada metro cadrado:
a) Ata 200 m2 construídos: 0,30 euros.
b) De 200 a 1.000 m2 construídos: 1,50 euros.
c) Máis de 1.000 m2 construídos: 2,16 euros.
d) Cando non se acade esta contía, a taxa mínima a cobrar será de: 60,00 euros.
10. Demolición de edificacións:
Por cada metro cadrado:
a) Ata 1.000 m2: 0,15 euros.
b) Máis de 1.000 m2: 0,30 euros.
c) Cando non se acade esta contía, a taxa mínima a cobrar será de: 60,00 euros.
11.No caso de obras mayores: expedición e subministro do cartel de obra normalizado segundo o modelo establecido na normativa urbanística: 120,00 euros.
12.Por toda aquela actividade municipal que se axuste ao feito imponible desta ordenanza en no apareza especificada nos epígrafes destas tarifas, esixirase unha taxa mínima de 60,00 euros.
Artigo 8º . Devengo.
1. Devengarase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible. Para os efectos, entenderase iniciada dita actividade na data de presentación da oportuna solicitude da licencia urbanística, se o suxeito pasivo formulase expresamente esta.
2. Cando as obras se iniciasen ou executasen sen ter obtido a oportuna licencia, a taxa devengarase cando se inicie efectivamente a actividade municipal conducente a determinar se a obra en cuestión é ou non autorizable, con independencia da iniciación do expediente administrativo que poida instruirse para a autorización desas obras ou a súa demolición se non foran autorizables.
3. A obriga de contribuír, unha vez nacida, non se verá afectada en modo algún pola denegación da licencia solicitada ou pola concesión desta condicionada á modificación do proxecto presentado, nin pola renuncia ou desistimento do solicitante unha vez concedida a licencia.
Artigo 9º . Beneficios fiscais
Non serán aplicables outros beneficios fiscais que os expresamente previstos nas normas con rango de lei ou os derivados da aplicación dos Tratados internacionais.
Artigo 10º . Normas de Xestión.
1.- Os interesados na obtención dunha licencia de obras ou urbanística virán obrigados a presentar no Registro Xeral do Concello a oportuna solicitude, acompañando proxecto visado polo Colexio Oficial respectivo, especificando a natureza da obra, lugar de emplazamento, importe estimado da mesma, medicións e destino.
2.-Cando se trate de licencia para aqueles actos nos que, de conformidade coa normativa estatal, autonómica e local aplicable, non sexa esixible a formulación de proxecto subscrito por técnico competente, acompañarase á solicitude un presuposto das obras a realizar así como unha descripción precisa da superficie afectada, materiais a empregar, i en xeral, das características da obra ou acto, dos cales os seus datos permitan comprobar o seu coste.
3.-Se despois de formulada a solicitude de licencia se modificase ou ampliase o proxecto, deberá poñerse en coñecemento da administración municipal, acompañando o novo presuposto ou o reformado e, no seu caso, planos e memorias da modificación ou ampliación.
Artígo 11º . Liquidación, Notificación e Ingreso.
1.-Á vista da documentación presentada polos interesados, previo estudio e valoración da mesma pola oficina técnica municipal, practicarase liquidación provisional tomando como base imponible para esta liquidación o presuposto presentado polos interesados, sempre que o mesmo estivera visado polo Colexio Oficial corrrespondente cando elo constitúa un requisito preceptivo. Noutro caso, a base imponible será determinada pola oficina técnica municipal en función do presuposto, memoria ou datos suministrados polo suxeito pasivo, si elo fora posible, ou en función dos módulos previstos na presente ordenanza, e que figuran como anexo da mesma.
2.- Á vista das construccións, instalacións ou obras efectivamente realizadas e do coste real efectivo das mesmas, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa, poderá modificar, no seu caso, a base imponible a que se refire o artigo 5 da presente ordenanza, practicando a correspondente liquidación definitiva, i esixindo do suxeito pasivo ou reintegrándolle, no seu caso, a cantidade que corresponda.
3.-O ingreso realizarase nos prazos establecidos no artigo 62.2 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.
Artigo 12º . Caducidade e duración das licencias.
1.-Consideranse caducadas as licencias si despois de ser concedidas transcorren mais de seis meses sen dar comenzo ás obras, ou cando, unha vez comenzadas, foran interrompidas durante o devandito prazo, excepto nos casos de forza maior, que deberá ser alegada polo titular da licencia antes de que expire o referido prazo para a súa resolución posterior polo organismo concedente.
2.-Transcorrido o prazo de caducidade, quedará sen valor nin efecto algunho a autorización obtida, salvo que anticipadamente se solicite e se obteña a prórroga regulamentaria, que terá como prazo máximo o da licencia orixinaria.
Artigo 13º . Infraccións e sancións.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas corresponden en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei xeral tributaria.
Disposición adicional única
As modificacións que se introduzan na regulación do establecido nesta ordenanza, polas leis de orzamentos xerais do Estado ou por calquera outra lei ou disposición, e que resulten de aplicación directa, producirán, no seu caso, a correspondente modificación tácita da presente ordenanza fiscal.
Disposición final
A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno da Corporación na sesión que tivo lugar o día 12 de novembro de 2004 e entrará en vigor unha vez publicada definitivamente no Boletín Oficial da Provincia e de conformidade co artigo 107 da Lei 7/1985 , de 2 de abril, reguladora das bases de Réxime Local , comenzará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2005 , permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa. No caso de modificación parcial desta ordenanza fiscal os artigos non modificados continuarán vixentes.
ORDENANZA FISCAL Nº 17-T
REGULADORA DA TAXA POR SERVICIO DE AXUDA NO FOGAR E OUTRAS PRESTACIÓNS SOCIAIS
Artigo 1º . Fundamento e natureza.
Ó amparo do previsto nos artigos 57 e 20, apartados 1, 2 e 4 do Real Decreto Legislativo 2/2004, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e de conformidade co que dispoñen os artigos 15 a 19 do citado texto legal, este Concello establece a "taxa por servicio de axuda no fogar e outras prestacións sociais", que se rexerá pola presente ordenanza fiscal polo citado TRLRFL.
Artigo 2º . Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación do servicio público que presta axuda a nivel preventivo, educativo, asistencial e rehabilitador a individuos e familias no seu domicilio cando se atopen incapacitados, temporal ou permanentemente, por motivos de carácter psíquico, físico ou social, para realiza-las tarefas esenciais da vida diaria, manténdoos no fogar e integrándoos no seu entorno natural mellorando a súa calidade de vida, de acordo coa Lei galega de servicios sociais 4/1993, de 14 de abril e a Orden do 22 de xullo de 1996, pola que se regula o servicio de axuda ó fogar.
Artigo 3º . Suxeito pasivo.
Son suxeitos pasivos da taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas que soliciten ou resulten beneficiadas ou afectadas polos servicios que constitúen o feito inpoñible da taxa, salvo naqueles suxeitos que carezan de capacidade de obrar, en tal caso o serán aqueles que exerzan a patria potestade ou a tutela.
Artigo 4º . Responsables.
1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo tódalas persoas que sexan causantes ou colaboren na realización dunha infracción tributaria.
2. A responsabilidade esixirase en todo caso nos termos e consonte ó procedemento previsto na Lei xeral tributaria.
Artigo 5º . Beneficios fiscais.
1. Non se aplicarán exencións, bonificacións nin reduccións para a determinación da débeda tributaria que os suxeitos pasivos deban satisfacer por esta taxa.
2. Así mesmo, no artigo 6º desta Ordenanza contéñense tarifas reducidas aplicables cando os suxeitos pasivos acrediten escasa capacidade económica.
Artigo 6º . Cota tributaria.
1. A contía da taxa determinarase aplicando as tarifas seguintes:
Artigo 7º . Normas de Xestión.
A) Para os efectos de pago de taxas pola utilización do Servicio Municipal de Axuda no Fogar, teranse en conta as rendas da unidade familiar de convivencia, así como as dos familiares non convivintes obrigados a prestar alimentos ou erdeiros (a consideración do cargo ou comisión avaliadora). Consideraranse os ingresos anuais divididos entre 12, e estes obteranse do ano impositivo inmediatamente anterior á data da solicitude.
Aplicarase a seguinte fórmula : RENDA BASE = ingresos da unidade de convivencia e/ou familia obrigada - gastos de alugueiro ou amortización de hipoteca para adquisición de 1ª vivenda
B) Establécese como prezo inicial do servicio ós efectos de cobro de taxas, o de 8'50 euros/hora de luns a venres de 8;00 a 20:00 horas que se denominará taxa ordinaria, e de 10'50 euros/hora o resto dos días e horas que se denominará taxa extraordinaria, revisables anualmente.
Artigo 8º . Devengo e período impositivo.
A taxa devengarase cando se inicie a prestación do servicio, por meses naturais.
Artigo 9º . Réxime de declaración e ingreso.
A taxa liquidarase por meses naturais, debéndose proceder ó seu ingreso nos primeiros 5 días naturais do mes , mediante domiciliación bancaria que será obrigatoria.
Artigo 10º . Notificacións das taxas.
A notificación da débeda tributaria realizarase ó suxeito pasivo, no momento en que se concede a prestación social solicitada.
Artigo 11º . Infraccións e sancións.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei 58/2003 , de 17 de decembro , xeral tributaria.
Disposición adicional única
As modificacións que se introduzan na regulación do imposto, polas leis de orzamentos xerais do Estado ou por calquera outra lei ou disposición e que resulten de aplicación directa, producirán, de ser o caso, a correspondente modificación tácita da presente ordenanza fiscal.
Disposición Final
A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno da Corporación na sesión que tivo lugar o día 12 de novembro de 2004 e entrará en vigor unha vez publicada definitivamente no Boletín Oficial da Provincia e de conformidade co artigo 107 da Lei 7/1985 , de 2 de abril, reguladora das bases de Réxime Local , comenzará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2005 , permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa. No caso de modificación parcial desta ordenanza fiscal os artigos non modificados continuarán vixentes.
ORDENANZA FISCAL Nº 18-T
REGULADORA DA TAXA POR SERVICIOS DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS, PREVENCIÓN DE RUINAS, DERRUBAMENTOS, SALVAMENTO , PROTECCIÓN DE PERSOAS E OUTROS SEMELLANTES.
Artigo 1º . Fundamento e natureza.
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución Española e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local , e de conformidad co disposto nos artigos 15 a 19 do RDL 2/2004, de 5 de marzo , polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a " Taxa por servicios de prevención e extinción de incendios, prevención de ruinas , derrubamento, salvamento, protección de persoas e outros semellantes " , que se debrá rexir pola presente Ordenanza Fiscal , atendendo as súas normas ó previsto no artigo 57 do citado RDL.
Artigo 2º . Feito Impoñible.
1.Constitúe o feito impoñible da Taxa a prestación de servicios de prevención e extinción de incendios, de prevención de ruinas ,construccións e derrubamentos, inundacións, salvamentos e en xeral, de protección de persoas e bens, compredéndose tamén o mantemento do servicio e a cesión do uso de maquinaria e equipo adscrito a estos servicios, tales como escalas, cubas, motobombas, barcas, etc, ben sexa de oficio por razóns de seguridade sempre que a prestación do mesmo redunde no beneficio do suxeito pasivo.
2.Non estará suxeito a esta Taxa o servicio de prevención xeral de incendios nin os servicios que se presten en beneficio da comunidade ou dunha parte considerable da población do municipio ou en casos de calamidade ou catastrofe pública oficialmente declaradas.
Artigo 3º . Suxeito Pasivo.
1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, os usuarios dos inmobles siniestrados que sexan obxecto da prestación do servicio, entendendo por tales , segundo os casos, os propietarios, usufructuarios, inquilinos, e arrendatarios dos inmobles.
2. Cando se trate da prestación de servicios de salvamento e outros análogos , será suxeito pasivo contribuínte a persona física ou jurídica e a entidade prevista no artigo 35 da Lei Xeral Tribuaria que os solicite ou a favor da que redunden.
3. Terá a condición de sustituto do contribuínte, no caso de prestación do servicio de extinción de incendio e outros semellantes, a entidade ou sociedade aseguradora do risco.
Artigo 4º . Responsables.
1. Responderán solidariamente das obrigas tributarioas do suxeito pasivo, as persoas físicas ou jurídicas as que se refiren os artigos 41 e 42 da Lei Xeral Tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios os administradores e os s{indicos, interventores ou liquidadores de quebras , concursos sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5º . Exencións e Bonificacións.
Concederánse aquelas exencións e bonificacións expresamente previstas nas leis ou as derivadas da aplicación de tratados ou acordos internacionais.
Artigo 6º . Cuota Tributaria.
1. A cuota tributaria determinaráse en función do número de efectivos , tanto persoais como materiais que se empreguen na prestación do servicio, o tempo investido neste e o percorrido efectuado polos vehículos que actúen.
2. Para este efecto publicaránse as seguintes tarifas :
1. Persoal
Tarifa.- POR CADA FRACCIÓN OU HORA DE TRABALLO DE.- IMPORTE
1.1.- Xefe de Grupo.- 25,00 euros
1.2.- Xefe de Eqipo.- 18,00 euros
1.3.- Peón Especial.- 16,00 euros
1.4.- Conductor Motobomba.- 15,00 euros
2. Material
Tarifa.- SEGUNDO O MATERIAL UTILIZADO.- IMPORTE
2.1.- Pola utilización de equipos especiais.- 40,00 euros
2.2.- Por cada litro de espumóxeno.- 7,00 euros/ litro
2.3.- Por cada litro de desengrasante.- 7,00 euros / litro
2.4.- Por utilización de cada extintor.- 30,00 euros
3. Vehículos
Tarifa.- .- IMPORTE
3.1.- Pola saída da base da motobomba, incluída a primeira hora de traballo.-
100,00 euros
3.2.- Por cada fracción ou hora de traballo adicional.- 30,00 euros
3.3.- Pola saída da base de calquer outro vehículo.- 30,00 euros
3.4.- Por cada qm de percorrido de calquera dos vehículos, computándose ida e volta.- 0,60 euros/ qm
3. Nas saídas que se fectúen fóra do Concello incrementaránse as tarifas do servicio nun 50%.
4. En tódalas saídas contabilizaráse o tempo transcurrido dende a saída ata o regreso á base.
Artigo 7. Obriga de Contribuir.
A obriga de contribuir que da dereito ó cobro da Taxa , prodúcese cando sae da Base a dotación correspondente, momento no que se inicia para todo-los efectos a prestación do servicio.
Artigo 8º . Liquidación e ingreso.
De acordo cos datos que certifique o xefe do servicio, os servicios tributarios deste Concello practicarán a liquidación que corresponda, que será notificada para o ingreso directo na forma e plazos sinalados polo regulamento Xeral de recaudación.
Artigo 9º . Infraccións e Sancións.
En todo ó relativo á cualificación de infraccións tributarias así como as sancións que as mesmas correspondan en cada caso, estarase o disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei Xeral tributaria.
Diposición Adicional Única
As modificacións que se introduzan na regulación do establecido nesta ordenanza pola Lei de orzamentos xerais do Estado ou por calquera outra lei ou disposición, e que resulten de aplicación directa, producirán, no seu caso, a correspondente modificación tácita da presente ordenanza fiscal.
Disposición final
A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno da Corporación na sesión que tivo lugar o día 12 de novembro de 2004 e entrará en vigor unha vez publicada definitivamente no Boletín Oficial da Provincia e de conformidade co artigo 107 da Lei 7/1985 , de 2 de abril, reguladora das bases de Réxime Local , comenzará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2005 , permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa. No caso de modificación parcial desta ordenanza fiscal os artigos non modificados continuarán vixentes.
ORDENANZA FISCAL Nº 19 -T
REGULADORA DA TAXA DE SANEAMENTO E DEPURACIÓN DE AUGAS RESIDUAIS
Artigo 1º . Fundamento e natureza.
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réximen local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo , polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este Concello establece a "taxa de saneamento e depuración de augas residuais", que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, e polo citado RDL.
Artigo 2º . Feito impoñible.
1. Constitúe o feito impoñible da taxa:
a) A actividade municipal, técnica e administrativa, tendente a verificar se se dan as condicións necesarias para autoriza-la acometida á rede de sumidoiros municipal.
b) A prestación dos servicios de evacuación de excretas, negras e residuais a través da rede de sumidoiros municipal, e o seu tratamento para depuralas se os vertidos se realizan a través de acometida á rede dende un inmoble.
Artigo 3º . Suxeito pasivo.
1. Son suxeitos pasivos da taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei xeral tributaria, que sexan :
a) Cando se trate da concesión de licencia de acometida á rede, o propietario, o promotor, usufructuario ou titular do dominio útil da finca.
b) No caso de prestación de servicios do número 1.b) do artigo anterior, os ocupantes ou usuarios das fincas do término municipal beneficiarias de ditos servicios, calquera que sexa o seu título: propietarios, usufructuarios, habitacionistas ou arrendatarios, incluso en precario.
2. En todo caso terá a consideración de suxeito pasivo substituto do ocupante ou usuario das viviendas ou locais o propietario destes inmobles, quen poderá repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servicio.
Artigo 4º . Responsables.
1. Responderán solidaria e subsidiariamente das obrigas tributarias as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 41, 42 e 43 da Lei 58/2003, de 17 de decembro , xeral tributaria.
Artigo 5º . Cota tributaria.
1. A cota tributaria a esixir pola prestación dos servicios do apartado 1.b) do artigo 2º , determinarase en función da cantidade de auga, medida en metros cúbicos consumida polo usuario.
A tal efecto, aplicaránse as seguintes tarifas:
TARIFA 1. VIVENDAS
Por cada m facturado en abastecemento.- Tarifa
Servicio de sumidoiros.- 0,078674 euros / m
Servicio de depuraciòn.- 0,169766 euros/ m
TARIFA 2. FINCAS E LOCAIS NON DEDICADOS EXCLUSIVAMENTE A VIVENDAS
Por cada m facturado en abastecemento.- Tarifa
Servicio de sumidoiros.- 0,078674 euros / m
Servicio de depuraciòn.- 0,169766 euros/ m
TARIFA 3. USUARIOS NON DOTADOS CON AUGA DO ABASTECEMENTO MUNICIPAL
Superficie de 100 m ou fracción.- Tarifa
Sumidoiro.- 0,78674 euros/abo. mes
Depuraciòn.- 1,69766 euros/abo. mes
TARIFA 4. INDUSTRIAS NON DOTADOS CON AUGA DO ABASTECEMENTO MUNICIPAL, OU QUE UTILICEN XUNTO CA AUGA DA REDE OUTRA DE DISTINTA PROCEDENCIA
Instalarán ó seu cargo sistemas de medida do caudal para determinaciòn da cantidade a facturar. No caso de acordo entre o abonado e concesionario poderáselle practicar un aforo que servirá de base para a facturación. As tarifas a aplicar serán as seguintes:
Por cada m medido ou aforado.- Tarifa
Servicio de sumidoiros.- 0,078674 euros / m
Servicio de depuraciòn.- 0,169766 euros/ m
Artigo 6º . Exencións e bonificacións.
Non se concederà exenciòn nin bonificaciòn algunha na exacción da presente taxa.
Artigo 7º . Devengo.
1. Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible, entendéndose iniciada a mesma:
a) Na data de presentación da oportuna solicitude da licencia de acometida ou de vertido esporádico sen enganche á rede, se o suxeito pasivo a formúlase expresamente.
b) Dende que teña lugar a efectiva acometida á rede de sumidoiros municipal . O devengo por esta modalidade da taxa producirase con independencia de que se obtivera ou non a licencia pertinente e sen prexuízo da iniciación do expediente administrativo que pode instruirse para a súa autorización.
c) Dende que se inicie a prestación do servicio de depuración . A estos efectos se entende por por inicio da prestación do servicio,a conexión á rede de sumidoiros e o consumo de auga obxeto de facturación.
2. Tódos aqueles abonados nos que a súa vivenda se atope a unha distancia igual ou menor a cen metros á rede xeral de colectores de saneamento terán a obriga de conectarse á mesma sempre que as condicións hidráulicas o permitan, e devengarán a taxa correspondente aínda cando os interesados non procedan a efectua-la acometida á rede.
Artigo 8º . Declaración, liquidación e ingreso.
1. No caso de inmobles de nova construcción, os promotores, ó tempo de solicita-la licencia de obras, instarán tamén a autorización para realiza-las obras de acometida á rede xeral de sumidoiros, achegando xustificante de ter aboado a autoliquidación da cota a que se refire o apartado 1 do artigo 5º da presente ordenanza fiscal.
2. Os propietarios, usufructuarios ou titulares de dominio útil dos inmobles que non sexan de nova construcción, interesados na concesión de licencia de acometida á rede de sumidoiros, virán obrigados a presenta-la correspondente solicitude de acometida, achegando xustificante de pagamento da autoliquidación a que se refire o apartado 1 do artigo 5º da presente ordenanza fiscal.
3. Se se realiza a acometida sen mediar solicitude, procederase a practicar liquidación, esixindo o ingreso nos prazos previstos no artigo 20 do Regulamento xeral de recadación, sen prexuízo da apertura do correspondiente expediente sancionador.
4. As solicitudes de baixas surtirán efectos a partir do trimestre seguinte ó da súa presentación.
5. Unha vez autorizada a acometida, o cobro da taxa realizarase trimestralmente, conxuntamente co da taxa por subministración de auga, entendéndose efectuada a notificación das cotas coa aprobación do correspondente padrón aprobado polo órgano competente.
Neste caso os obrigados ó pagamento farán efectiva a súa débeda dentro do prazo comprendido dende o día en que se fai entrega do recibo á entidade bancaria colaboradora ata o último día do seguinte mes. As débedas non satisfeitas no período citado esixiranse mediante o procedemento de constrinximento.
Artigo 9º . Infraccións e sancións.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas corresponden en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei xeral tributaria.
Disposición adicional única
As modificacións que se introduzan na regulación do establecido nesta ordenanza polas leis de orzamentos xerais do Estado ou por calquera outra lei ou disposición, e que resulten de aplicación directa, producirán, no seu caso, a correspondente modificación tácita da presente ordenanza fiscal.
Disposición Final
A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno da Corporación na sesión que tivo lugar o día 12 de novembro de 2004 e entrará en vigor unha vez publicada definitivamente no Boletín Oficial da Provincia e de conformidade co artigo 107 da Lei 7/1985 , de 2 de abril, reguladora das bases de Réxime Local , comenzará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2005 , permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa. No caso de modificación parcial desta ordenanza fiscal os artigos non modificados continuarán vixentes.
ORDENANZA FISCAL 21-PP
REGULADORA DA TAXA DO PREZO PÚBLICO POLOS SERVIZOS CULTURAIS E DEPORTIVOS
Artigo 1.º Fundamento.
De conformidade co previsto no artigo 41, en relación co 127, ámbolos dous do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislatico 2/2004, de 5 de marzo, e demais normativa concordante de aplicación este Concello establece o prezo público pola prestación de servizos culturais e deportivos polo Concello de Brión.
Artigo 2.º Concepto.
O prezo público regulado nesta ordenanza constitúe un ingreso de dereito público que se satisfará polos usuarios que voluntariamente soliciten os servizos culturais e deportivos prestados polo Concello de Brión.
Artigo 3.º Obrigados ó pagamento.
Están obrigados ó pagamento do prezo público regulado nesta ordenanza quen se beneficie dos servizos deportivos e culturais municipais prestados polo Concello e especificados no artigo 4.º da presente ordenanza.
Artigo 4.º Tarifas.
4.1. O prezo público que se debe pagar ó Concello polos servizos deportivos e culturais municipais, cinguirase ás seguintes tarifas:
TARIFA 1. Servicio de escolas deportivas.
Tarifa .- Concepto.- Tarifa
1.1.- Escola deportiva de patinaxe , por alumno.- 36,00 euros
1.2.- Escola deportiva de minibasquet , por alumno.- 36,00 euros
1.3.- Escola deportiva de judo , por alumno.- 36,00 euros
1.4.- Escola deportiva de tenis , por alumno.- 36,00 euros
1.5.- Escola deportiva de futbol sala ( Pre-benxamín, Benxamín,alevín e infantil , por alumno.- 36,00 euros
1.6.- Escola de piragüismo , por alumno.- 36,00 euros
1.7.- Otras escolas deportivas.- 36,00 euros
TARIFA 2. Actividades deportivas para adultos.
Tarifa .- Actividade deportiva.- Tarifa
2.1.- Ioga.- 200,00 euros
2.2.- Ximnasia de mantemento.- 72,00 euros
No caso da actividade de Ximnasia de mantemento permitiráse aboar a tarifa en dous prazos: un en setembro e outro en febreiro. Do mesmo xeito tamén se permitirá o fracciónamento , 100 euros en setembro e 100 euros en febreiro na actividade de ioga.
TARIFA 3. Escolas de música e danza
Tarifa .- Actividade cultural.- Tarifa
3.1.- Instrumento ( Piano/Guitarra ), maiores de 18 anos.- 100,00 euros
3.2.- Linguaxe Musical + Instrumento ( piano/guitarra ), maiores de 18 anos.- 100,00 euros
3.3.- Xogando cos contos , curso completo.- 30,00 euros
As cotas anteriores redúcense pola aplicación das seguintes bonificacións ou reduccións :
a) Tarifa 1, Servicio de escolas deportivas : A inscripción nunha actividade das Escolas Deportivas por temporada e por alumno será de 36 euros.No caso de inscribirse en máis dunha actividade aplicaráse unha bonificación do 50% da tarifa nas restantes actividades.
As familias con máis de un fillo inscrito aboarán o precio total polo primeiro e serán bonificados co 50% da tarifa polo segundo fillo. A partir deste, a matrícula será de balde para os subseguintes.
b) Tarifa 3 , Escolas de música e danza: As familias con máis de un fillo aboarán a tarifa polo primeiro fillo , e aplicaráselles unha bonificación do 50% na tarifa polo segundo. A partir deste, a matrícula será de balde para os subseguintes.
No caso de matricularse en dous instrumentos distintos as familias aboarán o importe total da tarifa polo 1º instrumento ,e polo 2º instrumento aplicaráselles unha bonificación do 50% na tarifa.
4.2 Cursos e obradoiros organizados polo Concello:
O prezo das matrículas cubrirá o 100% do custo total do curso ou actividade, segundo o estudio de custos presentado polo Departamento de Cultura na súa proposta, correspondendo ó organo competentel a aprobación individualizada de cada prezo á vista da proposta presentada. Sen embargo, cando existan razóns sociais, benéficas, culturais ou de interese público que así o aconsellen, debidamente acreditadas mediante informe técnico do Servizos correspondentes, o órgano compatente poderá fixar un prezo que non cubra o coste do mesmo, sempre que nos orzamentos exista consignación presupostaria para a cobertura da diferencia existente.
4.3 Viaxes e excursións organizados polo Concello:
O prezo será fixado polo órgano competente de xeito que, polo número dos solicitantes, se cubra o coste total do mesmo. Sen embargo, cando existan razóns sociais, benéficas, culturais ou de interese público que así o aconsellen, debidamente acreditadas mediante informe técnico do Servizos correspondentes, o órgano compatente poderá fixar un prezo que non cubra o coste do mesmo, sempre que nos orzamentos exista consignación presupostaria para a cobertura da diferencia existente.
4.4. Campamentos e actividades de tempo libre
O prezo será fixado polo òrgano competente de xeito que, polo número dos solicitantes, se cubra o coste total do mesmo. Sen embargo, cando existan razóns sociais, benéficas, culturais ou de interese público que así o aconsellen, debidamente acreditadas mediante informe técnico do Servizos correspondentes, o órgano competente poderá fixar un prezo que non cubra o coste do mesmo, sempre que nos orzamentos exista consignación presupostaria para a cobertura da diferencia existente.
Artigo 5.º Normas de xestión.
1. A obriga do pagamento do prezo público xurde desde que se inicia a prestación do servizo deportivo ou cultural enumerado no artigo anterior. Sen embargo, o Concello, de conformidade ca habilitación prevista no artigo 46 do RDLex. 2/2004, de 5 de marzo, esixirá o depósito previo do seu importe total.
2. O ingreso do prezo público se fará ben na Tesourería municipal ou en calquera das entidades bancarias nas que o Concello ten conta aberta. Non se prestará o servizo solicitado sen a presentación do xustificante de ter ingresado o correspondente prezo público.
3. Cando por causas non imputables ó obrigado ó pagamento do prezo, non se preste o servicio, procederá a devolución do importe correspondente.
4. No caso de existir varias solicitudes coincidentes darase preferencia no caso dos particulares ós empadroados no Concello de Brión e no caso de entidades ás que teñan a súa sede social no Concello.
5. En casos excepcionais o órgano competente, previo informe dos servizos sociais, poderá acordar a exención total ou parcial das tarifas expostas.
6. As débedas por prezos públicos poderán esixirse polo procedemento de apremio.
Artigo 6º . Delegación na Xunta de Goberno Local.
No suposto de que o servizo ou actividade cultural ou deportiva a prestar polo Concello, non se encontre tarifada na presente Ordenanza ou resulte necesaria a modificación ou actualización das contías, delégase na Xunta de Goberno Local, conforme os artigos 47 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e 23.2 b) da Lei 7/85, de 2 de abril, o establecemento da tarifa ou a actualización da mesma, a proposta do servicio técnico correspondente co previo informe do interventor municipal.
Disposición Final
A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno da Corporación na sesión que tivo lugar o día 12 de novembro de 2004 e entrará en vigor unha vez publicada definitivamente no Boletín Oficial da Provincia e de conformidade co artigo 107 da Lei 7/1985 , de 2 de abril, reguladora das bases de Réxime Local , comenzará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2005 , permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa. No caso de modificación parcial desta ordenanza fiscal os artigos non modificados continuarán vixentes.
B) ORDENANZAS MODIFICADAS
ORDENANZA FISCAL Nº 1-I
REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES
Artigo 1º . Naturaleza e Fundamento.
De acordo ó establecido no artigo 59 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, o Concello de Brión establece o imposto sobre bens inmobles, cumprindo así o mandato imperativo contido no dito artigo.
O imposto sobre bens inmobles rexerase neste municipio:
a) Polas normas reguladoras deste, contidas no Texto Refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real Decreto Legislativo 2/2004, de 5 de marzo, e polas demais disposicións legais e regulamentarias que complementen e desenvolvan esta lei.
b) Pola presente ordenanza fiscal.
Artigo 2.º . Natureza.
O imposto sobre bens inmobles é un tributo directo de carácter real que grava o valor dos bens inmobles nos termos establecidos no RDLex 2/2004, de 5 de marzo, e na presente ordenanza.
Artigo 3.º Feito impoñible.
1. Constitúe o feito impoñible do imposto a titularidade dos seguintes dereitos sobre os bens inmobles rústicos e urbanos e sobre os inmobles de características especiais sitos neste municipio:
a) Dunha concesión administrativa sobre os propios inmobles ou sobre os servicios públicos a que se atopen afectos.
b) Dun dereito real de superficie.
c) Dun dereito real de usufructo.
d) Do dereito de propiedade.
2. A realización do feito impoñible que corresponda, dos definidos no apartado anterior pola orde nel establecido, determinará a non suxeción do inmoble ás restantes modalidades previstas neste.
3.Os efectos de este imposto, terán a consideración de bens inmobles rústicos, de bens inmobles urbanos e de bens inmobles de características especiais os definidos como tales nas normas reguladoras do catastro inmobiliario.
4. No caso de que un mismo inmoble se atope localizado en distintos térmos municipais entenderáse , ós efectos deste imposto , que pertence a cada un de eles pola superficie que ocupe no respectivo térmo municipal.
Artigo 4º .Clases de bens inmobles para os efectos do imposto.
1.-Terán a consideración de ben inmoble a parcela, ou porción de solo dunha mesma natureza, encravada nun término municipal e pechada por unha liña poligonal que delimita, para tales efectos, o ámbito espacial do dereito de propiedade dun propietario ou de varios pro indiviso e, no seu caso, as construccións emprazadas no dito ámbito, calquera que sexa o seu dono, e con independencia doutros dereitos que recaian sobre do inmoble.
2.-Terán tamén a consideración de bens inmobles:
a) Os diferentes elementos privativos das edificacións que sexan susceptibles de aproveitamento independente, sometidos ó réxime especial de propiedade horizontal, así coma o conxunto constituído por diferentes elementos privativos mutuamente vencellados e adquiridos en unidade de acto e, nas condicións que determinen os regulamentos de desenrolo do Real Decreto 1/2004, Texto refundido da Lei de Catastro Inmobiliario, os trasteiros e prazas de estacionamento en pro indiviso adscritos ó uso e goce exclusivo e permanente dun titular. A atribución dos elementos comúns ós respectivos inmobles, ós simples efectos da súa valoración catastral, realizarase na forma que se determine no devandito desenrolo regulamentario.
b) O ámbito espacial dunha concesión administrativa sobre os bens inmobles ou sobre os servicios públicos ós que se atopen afectos.
c) Os bens inmobles de características especiais.
3.-Os bens inmobles clasifícanse catastralmente en urbanos, rústicos ou de características especiais. O carácter urbano ou rústico do inmoble dependerá da natureza do solo.
4.-Enténdese por solo de natureza urbana o clasificado polo planeamento urbanístico coma urbano, o que teña a consideración de urbanizable segundo o planeamento e esté incluido en sectores, así coma o resto do solo clasificado como urbanizable a partir do momento de aprobación do instrumento urbanístico que o desenrole, e o que reúna as características contidas no artigo 8 da Lei 6/1998, de 13 de abril, sobre Réxime do Solo e Valoracións. Terán a mesma consideración aqueles solos nos que se poidan exercer facultades urbanísticas equivalentes ós anteriores segundo a lexislación da Comunidade Autónoma de Galicia vixente.
Exceptúase da consideración de solo urbano o que integre os bens inmobles de características especiais.
5.-Enténdese por solo de natureza rústica aquel que non sexa de natureza urbana nin estea integrado nun ben inmoble de características especiais.
6.-Terán a consideración de construccións:
a) As edificacións, sexan cal sexan os materiais dos que estean construídas e o uso ó que se destinen, sempre que se atopen unidos permanentemente ó solo e con independencia de que se alcen sobre da súa superficie ou se atopen encravados no subsolo e de que poidan ser transportados ou desmontados.
b) As instalacións industriais, comerciais, deportivas de recreo, agrícolas, gandeiras, forestais e piscícolas de auga doce, considerándose coma tales, entre outros, os diques, tanques, zonas de carga, peiraos, pantaláns e invernadoiros, e excluíndose, en todo caso, a maquinaria e os útiles.
c) As obras de urbanización e de mellora, tales coma as explanacións, e as que se realicen para o uso dos espacios descubertos, coma son os recintos destinados a mercados, os depósitos ó aire libre, os campos para a práctica do deporte, os estacionamentos e os espacios anexos ou accesorios ós edificios e instalacións.
Non terán a consideración de construccións aquelas obras de urbanización ou mellora que determinen os regulamentos de desenrolo da Lei do Catastro Inmobiliario, sen prexuízo de que o seu valor se deba incorporar ó do ben inmoble coma parte inherente ó valor do solo, nin os cubertos ou alpendres de escasa entidade.
7.-Os bens inmobles de características especiais constitúen un conxunto complexo de uso especializado, integrado por solo, edificacións, instalacións e obras de urbanización e mellora que, polo seu carácter unitario e por estar ligado de xeito definitivo para o seu funcionamento, se configura para os efectos catastrais coma un único ben inmoble.
Considéranse bens inmobles de características especiais os comprendidos nos seguintes grupos:
a) Os destinados á producción de enerxía eléctrica e gas e ó refinado de petróleo, e as centrais nucleares.
b) As presas, saltos de auga e encoros, incluído o seu leito ou vaso, excepto as destinadas en exclusiva ó regadío.
c) As autopistas, estradas e túneles de peaxe.
d) Os aeroportos e portos comerciais.
Artigo 5º . Supostos de non suxeción.
As estradas, os camiños, as demais vías terrestres e os bens de dominio público marítimo-terrestre e hidráulico, sempre que sexan de aproveitamento público e gratuíto.
- Os seguintes bens inmobles propiedade deste Concello:
a) Os de dominio público afectos ó uso público.
b) Os de dominio público afectos a un servicio público xestionado directamente polo Concello , excepto cando se trate de inmobles cedidos a terceiros mediante contraprestación.
c) Os bens patrimoniais, exceptuados igualmente os cedidos a terceiros mediante contraprestación.
Artigo 6º . Exencións.
1. Gozarán de exención os inmobles previstos no artigo 62.1 do Texto Refundido da Lei de Facendas Locais ( TRLFL ).
2. Gozarán tamén de exención, previa solicitude, os inmobles previstos no artigo 62.2 do TRLFL. A solicitude , que deberá presentarse antes da data do devengo , incluirá a acreditación do cumprimento dos requisitos esixibles para a aplicación da exención :
a) No caso dos bens inmobles que se destinen o ensino por centros docentes acollidos , total ou parcialmente , ó réxime de concerto educativo , en canto a superficie afectada á ensinanza concertada:
- Certificado da Administración educativa correspondente, acreditativa da condición de centro concertado, asinable ós edificios e instalacións destinadas directa e exclusivamente ás actividades docentes obxecto de concerto.
- Informe da Dirección Xeral do Centro de Xestión Catastral e Cooperación Tributaria acreditativo das superficies dos edificios ou conxuntos urbanísticos, adscritos exclusivamente á actividade educativa ou a servicios complementarios da ensinanza e de asistencia docente de carácter necesario, coa indicación do valor catastral asignado a cada un dos elementos citados.
Esta exención deberá ser compensada pola Administración competente.
b) No caso dos inmobles declarados, expresa e individualizadamente, monumento ou xardín histórico de interese cultural, mediante real decreto, na forma establecida polo artigo 9 da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español, e inscritos no rexistro xeral a que se refire o seu artigo 12 como integrantes do Patrimonio Histórico Español, así como os comprendidos nas disposicións adicionais primeira, segunda e quinta da devandita lei.
Esta exención terá os límites previstos no citado artigo 62.2.b) do RDL 2/2004.
c) No caso das superficies dos montes con repoboamento forestal ou rexeneración de masas arbóreas suxeitas a proxectos de ordenación ou plans técnicos aprobados pola Administración forestal, certificación acreditativa emitida pola Delegación Provincial da Dirección Xeral de Montes.
1. Gozarán, así mesmo, de exención, ó abeiro da habilitación contida no artigo 62.4 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, por motivos de eficiencia e economía na xestión recaudatoria, os inmobles de natureza urbana e rústica, sempre que a cota líquida, resultante da aplicación dos beneficios fiscais, sexa inferior a 6 euros. No caso de que toda-las cuotas dun suxeito pasivo relativas os bens rústicos que posea no concello estén agrupadas nun único documento de cobro, tomarase como referencia esta cota agrupada ós efectos de aplicar esta exención. Os bens inmobles de características especiais non estarán exentos por esta causa en ningún caso.
2. Están exentos os inmobles, previstos no artigo 62.3 do TRLFL, situados no termo municipal deste Concello dos que sexan titulares os centros sanitarios de titularidade pública, sempre que estean afectos ó cumprimento dos fins específicos dos referidos centros.
Cando se trate de bens de natureza rústica sitos neste municipio, agruparanse nun só documento de cobro tódalas cotas do imposto relativas a un mesmo suxeito pasivo.
Artigo 7º . Suxeitos Pasivos.
1. Son suxeitos pasivos, a título de contribuíntes, as persoas naturais e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria, que teñan a titularidade do dereito que, en cada caso, sexa constitutivo do feito impoñible deste imposto, conforme ó disposto nesta ordenanza fiscal.
No suposto de concorrencia de varios concesionarios sobre un mesmo inmoble de características especiais será substituto do contribuínte o que deba satisfacer o maior canon.
2. O disposto no apartado anterior será de aplicación sen prexuízo da facultade do suxeito pasivo de repercutir a carga tributaria soportada, conforme as normas de dereito común.O Concello repercutirá a totalidade da cota líquida do imposto en quen, non reunindo a condición de suxeitos pasivos deste, fagan uso mediante contraprestación dos seus bens demaniais ou patrimoniais.
3. O substituto do contribuínte a que se refire o apartado 1, poderá repercutir sobre os demais concesionarios a parte da cota líquida que lle corresponda en proporción ós canons que deba satisfacer cada un deles.
Artigo 8º .Afección real e responsabilidade.
1.-Nos supostos de cambio, por calquera causa, na titularidade dos dereitos que constitúen o feito impoñible deste imposto, os bens inmobles obxecto dos ditos dereitos quedarán afectos ó pagamento da totalidade da cota tributaria, en réxime de responsabilidade subsidiaria, nos termos previstos la Lei Xeral Tributaria.
2.-Para os efectos anteditos, os notarios solicitarán información e advertirán expresamente aos comparecentes nos documentos que autoricen sobre as débedas pendentes polo Imposto de Bens Inmobles asociadas ao inmoble que se transmite, sobre o prazo dentro do cal están obrigados os interesados a presentar declaración do imposto, cando tal obrigación se manteña por non terse aportado a referencia catastral do inmoble, conforme o apartado 2 do artigo 43 do texto refundido da Lei do Catastro Inmobiliario e outras normas tributarias, sobre a afección dos bens ao pago da débeda tributaria e, asimesmo, sobre as responsabilidades en que incurran pola falta de presentación de decalracións, o non efectualas en prazo ou a pesentación de declaracións falsas, incompletas ou inexactas, conforme o previsto no artigo 70 do texto refundido da Lei do Catastro Inmobiliario e outras normas tributarias.
3.-Responderán de xeito solidario da cota deste imposto, e en proporción ás súas respectivas participacións, os copartícipes ou cotitulares das entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria, se figuran inscritos coma tales no Catastro Inmobiliario. De non figurar inscritos, a responsabilidade esixirase por partes iguais en todo caso.
Artigo 9º . Base impoñible.
A base impoñible deste imposto estará constituída polo valor catastral dos bens inmobles, que se determinará, notificará e será susceptible de impugnación conforme o disposto nas normas reguladoras do Catastro Inmobiliario.
Artigo 10º . Base liquidable.
1. A base liquidable deste imposto será o resultado de practicar na base impoñible a reducción á que se refiren os artigos 67, 68, 69 e 70 do RDL. 2/2004, de 5 de marzo, Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.
2. A base liquidable notificarase conxuntamente ca impoñible nos procedementos de valoración colectiva. A notificación incluirá a motivación da reducción aplicada mediante a indicación do valor base que corresponda ó inmoble, así coma dos importes da dita reducción e da base liquidable do primeiro ano de vixencia do novo valor catastral neste imposto.
Sen prexuizo do anterior, que sera aplicable nos procedementos de valoración colectiva de carácter xeral, nos caos de carácter parcial e simplificado, a motivación consistirá na expresión dos datos indicados no páragrafo anterior, referidos ó exercicio no que se practique a notificación.
3. Cando se produzcan alteracións de términos municipais e mentres non se aprobe unha nova ponencia de valores , os bens inmobles que pasen a formar parte de outro municipio manterán o mismo réximen de asignación de bases impoñibles e liquidables que tiveran no de orixe.
4.Nos procedementos de valoración colectiva, a determinación da base liquidable será competencia da Dirección Xeral do Catastro e recorrible perante os tribunais económico-administrativos do Estado.
Artigo 11º . Cota íntegra.
A cota íntegra deste imposto será o resultado de aplicar á base liquidable o tipo de gravame ó que se refire o artigo 13º desta ordenanza.
Artigo 12º . Cota líquida.
A cota líquida deste imposto será o resultado de minora-la cota íntegra co importe das bonificacións previstas nos artigos seguintes.
Artigo 13º . Tipo de gravame.
De conformidade co previsto no artigo 72 do Texto Refundido da Lei reguladora das facendas locais (TRLFL ) , os tipos de gravame aplicables neste municipio serán os siguintes:
a) Bens inmobles de natureza urbana:
1 .O tipo de gravame xeral aplicable ós bens inmobles de natureza urbana queda fixado no 0,40 %.
2. O tipo de gravame segundo os usos catastrais dos bens inmobles urbanos:
-Bens de uso "industrial", 0,44 %
-Bens de uso "comercial" , 0,44 %
-Bens de uso "oficinas" , 0,44 %
b) O tipo de gravame aplicable ós bens inmobles de natureza rústica queda fixado no 0,30%.
c) O tipo de gravame aplicable ós bens inmobles de características especiais queda fixado no 1,3%.
Artigo 14 º . Bonificacións.
1. Gozarán dunha bonificación do 50 por cento na cota íntegra do imposto, sempre que así o soliciten os interesados antes do inicio das obras, os inmobles que constitúan o obxecto da actividade das empresas de urbanización, construcción e promoción inmobiliaria, tanto de obra nova como de rehabilitación equiparable a esta, e que non figuren entre os bens do seu inmobilizado.
O prazo de aplicación desta bonificación comprenderá desde o período impositivo seguinte a aquel no que comecen as obras ata o posterior ó remate destas, sempre que durante ese tempo se realicen obras de urbanización ou construcción efectiva, e sen que, en ningún caso, poida exceder de tres períodos impositivos. A solicitude de bonificación débese formular antes do comezo das obras, entendendo por tal o momento de outorgamento da licencia, por parte da Administración municipal.
Para gozar da devandita bonificación os interesados deberán presentar a documentación seguinte:
a) Acreditación de que a empresa se dedica á actividade de urbanización, construcción e promoción inmobiliaria, mediante a presentación dos estatutos da sociedade.
b) Acreditación de que o inmoble obxecto da bonificación non forma parte do inmobilizado, mediante certificación do administrador da sociedade ou fotocopia do último balance presentado ante a Axencia Estatal da Administración Tributaria, para os efectos do imposto sobre sociedades.
c) Copia da solicitude de licencia de obra, se non se presenta simultaneamente.
2. As vivendas de protección oficial e as equiparables a estas segundo a lei da Comunidade Autónoma, gozarán dunha bonificación do 50 por cento durante o prazo de tres anos, contados desde o exercicio seguinte ó do outorgamento da cualificación definitiva. Esta bonificación terá que ser solicitada polo interesado en calquera momento anterior á terminación do prazo de tres anos e producirá efectos desde o período seguinte ó da solicitude.
Ó longo dos dous exercicios seguintes ó período citado, as vivendas de protección oficial gozarán dunha bonificación do 25% na cota íntegra do imposto, sempre que se manteña a titularidade do inmoble e este constitúa a residencia do titular.
Esta bonificación deberá solicitarse en calquera momento anterior á terminación dos tres períodos, producindo efectos, en todo caso, desde o período seguinte ó da solicitude.
Os solicitantes presentarán a cédula de cualificación definitiva como vivenda de protección oficial do inmoble, a documentación acreditativa da titularidade do devandito inmoble, copia que acredite a presentación do modelo 901 de alteración de titularidade catastral, e facilitarase, en todo caso, a referencia catastral do inmoble.
Non haberá dereito a bonificación a partir do sexto exercicio, inclusive, desde o de outorgamento da cualificación definitiva.
3. Os suxeitos pasivos que ostenten a condición de titulares de familia numerosa gozarán dunha bonificación na cota íntegra do inmoble de uso residencial que constitúa a súa residencia habitual e na que estea empadroado, coas seguintes características:
| Categoría de familia numerosa | % Bonificación valor catastral menor ou igual a 60.000 euros | % Bonificación valor catastral entre 60.000 e 120.000 euros | % Bonificación valor catastral maior de 120.000 ata 240.000 euros |
| Xeral | 45 | 30 | 20 |
| Especial | 55 | 40 | 30 |
Para a aplicación das bonificacións será requisito imprescindible que o interesado a solicite, debendo acreditar:
a) O empadroamento na vivenda obxecto de solicitude.
b) A condición de categoría de familia numerosa, por medio do título oficial.
c) Para gozar desta bonificación deberá presentar, anualmente, unha copia compulsada do título de familia numerosa.
Non se poderá aplicar a bonificación a máis dunha vivenda por titular.
Con carácter xeral, o efecto da concesión da bonificación comezará a partir do exercicio seguinte á data da solicitude e non terá carácter retroactivo.
4. Gozarán dunha bonificación do 95 por cento da cota íntegra, e no seu caso do recargo provincial, os bens de natureza rústica das cooperativas agrarias e de explotación comunitaria da terra nos termos establecidos na Lei 20/1990, do 19 de decembro, sobre o réxime fiscal das cooperativas.
Os solicitantes presentarán o certificado sobre a condición de cooperativas agrarias ou de explotación comunitaria da terra, emitido pola administración correspondente.
5. As solicitudes de bonificacións, previo informe técnico, serán resoltas polo órgano competente.
6. As bonificacións recollidas nos apartados 2 parágrafo 2.º e 3 deste artigo serán compatibles, sen que, en ningún caso, poidan exceder do 60% da cota íntegra de forma acumulativa.
Artigo 15º Devengo e Período impositivo.
1.O imposto devengaráse o primeiro día do período impositivo.
2.O período impositivo coincide co ano natural.
3.Os feitos, actos e negocios que deben ser obxecto de declaración ou comunicación perante o Catastro Inmobiliario, terán efectividade no devengo deste imposto inmediatamente posterior ó momento no que produzan efectos catastrais. A efectividade das inscricións catastrais resultantes dos procedementos de valoración colectiva e de determinación do valor catastral dos bens inmobles de características especiais coincidirá coa prevista nas normas reguladoras do Catastro Inmobiliario.
Artigo 16º . Declaracións catastrais.
As alteracións referidas ós bens inmobles susceptibles de inscrición catastral que teñan transcendencia para os efectos deste imposto determinarán a obriga dos suxeitos pasivos de formaliza-las declaracións conducentes á súa inscrición no catastro inmobiliario, conforme o establecido na súa normativa reguladora.
Artigo 17º . Xestión do imposto.
A xestión, liquidación, inspección, recadación e revisión dos actos dictados en virtude da xestión tributaria deste imposto levarase a cabo conforme ó preceptuado nos artigos 7, 8 e 77 do TRLFL, así como nas demais disposicións que resulten de aplicación.
Artigo 18º . Revisión.
1. Os actos de xestión e inspección catastral do imposto serán revisables nos termos e de acordo cos procedementos sinalados no RDLex. 2/2004, Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais , e no RDLex. 1/2004, Texto Refundido da Lei do Catastro Inmobiliario.
2. Os actos de xestión tributaria do imposto serán revisables conforme o preceptuado no artigo 14 do Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de m, e demais concordantes de aplicación.
Disposición Adicional Única
As modificacións que se introduzan na regulación do imposto, polas leis de orzamentos xerais do Estado ou por calquera outra lei ou disposición, e que resulten de aplicación directa, producirán, no seu caso, a correspondente modificación tácita da presente ordenanza fiscal.
Disposición Derogatoria Única
A partir da data de entrada en vigor da presente ordenanza fiscal quedará derrogada a Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmobles no Concello de Brión.
Disposición Final
A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno da Corporación na sesión que tivo lugar o día 12 de novembro de 2004 e entrará en vigor unha vez publicada definitivamente no Boletín Oficial da Provincia e de conformidade co artigo 107 da Lei 7/1985 , de 2 de abril, reguladora das bases de Réxime Local , comenzará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2005 , permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa. No caso de modificación parcial desta ordenanza fiscal os artigos non modificados continuarán vixentes.
ORDENANZA FISCAL Nº 2-I
REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE ACTIVIDADES ECONÓMICAS
Artigo 1º . Natureza e Feito Impoñible.
1. O Imposto sobre Actividades Económicas é un tributo directo de carácter real no que o feito impoñible está constituído polo mero exercicio neste termo municipal de actividades empresariais, profesionais ou artísticas, exérzanse ou non en local determinado e estean ou non especificadas nas tarifas do Imposto.
2. A estes efectos, considéranse actividades empresariais as gandeiras cando teñan carácter independente, as mineiras, industriais, comerciais e de servicios. Non teñen, pois, tal consideración as actividades agrícolas, as gandeiras dependentes, as forestais e as pesqueiras, non constituíndo feito impoñible polo Imposto ningunha delas. Segundo isto, terá a consideración de gandeira independente o conxunto de cabezas de gando que se atopen nalgún dos casos seguintes:
a) Que paste ou se alimente fundamentalmente en terras que non sexan explotadas agrícola ou forestalmente polo dono do gando.
b) O estabulado fóra das fincas rústicas.
c) O trashumante.
d) O que se alimente con pensos non producidos na finca na que se cría o gando.
3. Considérase que unha actividade se exerce con carácter empresarial, profesional ou artístico cando supoña a ordenación por conta propia dos medios de producción e dos recursos humanos ou dun deles coa finalidade de intervir na producción ou distribución dos bens ou servicios.
4. O contido das actividades grabadas definiráse nas tarifas do Imposto .
5. O exercicio das actividades probarase por calquera medio admitido en dereito e, en particular , polos cotemplados do artigo 3 do Código de Comercio.
Artigo 2º . Exencións.
Recoñecense as previstas no artigo 82 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo.
Artigo 3º . Bonificacións.
Recoñécense as previstas no artigo 88.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, pero non as que con carácter potestativo fai referencia o mesmo artigo 88.2 do citado Real Decreto Lexislativo.
Artigo 4º . Suxeitos Pasivos.
Son suxeitos pasivos deste imposto as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003 , de 17 de decembro, Xeral Tributaria sempre que realicen no territorio calquera das actividades que orixinan o feito impoñible.
Artigo 5º . Cota Tributaria.
É a resultante de aplica-las tarifas do Imposto, de conformidade cos preceptos contidos no Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e nas disposicións que a complementen e desenrolen .
As cotas do imposto exaccionaránse e distribuiránse con arreglo o disposto no artigo 85.4 do RDL 2/2004 , de 5 de marzo.
Artigo 6.º Tarifas do Imposto.
As tarifas do Imposto , nas que se fixarán as cuotas mínimas , así como a Instrución para a súa aplicación , aprobaráse por Real Decreto Lexislativo do Goberno, que será dictado en virtude da presente delegación lexislativa o amparo do disposto no artigo 82 da Constitución.
A fixación das cuotas mínimas axustaráse as bases establecidas no artigo 85.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 , de 5 de marzo.
As Leis de Orzamentos Xerais do Estado poderán modificar as tarifas do imposto, así como a Instrucción para á sua aplicación , e actualiza-las cuotas en elas contidas. Autorízase o Goberno para dictar cantas disposicións sexan necesarias para o desenrolo e aplicación das tarifas e Instrucción do imposto.
Artigo 7º . Normas de xestión do Imposto.
1. O imposto xestionase a partir da matricula de éste. A citada matricula formaráse anualmente para cada término municipal e estará constiuida por censos comprensivos das actividades económicas , suxeitos pasivos, cuotas mínimas e, no seu caso , do recargo provincial. A matricula estará a disposición do público nos respectivos concellos.
2. Os suxeitos pasivos estarán obligados a presentar as correspondentes declaracións censais de alta manifestando tódolos elementos necesarios para a súa inclusión na matricula nos términos do artigo 90.1 do TRLRFL e dentro do plazo que regulamentariamente se establezca. A continuación practicaráse pola Administración competente a liquidación correspondente, a cal se notificará o suxeito pasivo, que deberá efectuar o ingreso que proceda.
Do mesmo modo , os suxeitos pasivos estarán obligados a comunicar as variacións de orden físico , económico ou xurídico que se produzcan no exercico das actividades gravadas e que teñan transcendencia a efectos deste imposto , e as formalizarán nos plazos e términos regulamentariamente determinados.
En particular, os suxeitos pasivos ós que non lles sea de aplicación a exención prevista no párrafo c) do apartado 1 do artigo 82 do TRLRFL , deberán comunicarse á Axencia Estatal de Administración Tributaria o importe neto da súa cifra de negocios. Do mesmo modo , os suxeitos pasivos deberán comunicar ás variacións que se produzcan no importe neto da súa cifra de negocios cando tal variación supoña a modificación da aplicación ou non da exención prevista e anteriormente mencionada ou unha modificación no tramo a considerar a efectos da aplicación do coeficiente de ponderación previsto no artigo 86 do TRLRFL. O Ministro de Facenda establecerá os supostos en que deberán presentarse estas comunicacións, o seu contido e o seu plazo e forma de presentación , así como os supostos en que habrán de presentarse por vís telemática.
3. A inclusión , exclusión ou alteración dos datos contenidos nos censos , resultantes das actuacións de inspección tributaria ou da formación de altas e comunicacións , consideraráse acto administrativo, e conlevará a modificación do censo. Calquera modificación da matricula que se refira a datos obrantes nos censos requerirá, inexcusablemente , a previa alteración desto últimos no mesmo sentido.
4. A formación da matricula do imposto, a calificación das actividades económicas , o señalamento das cuotas correspondentes e , en xeral a xestión censal do tributo levaráse a cabo pola Administración Tributaria do Estado. Sen perxuicio de isto , a notificación destos actos pode ser practicada polos concellos ou pola Administración do Estado, xuntamente ca notificación das liquidacións tributarias conducentes á determinación das débedas tributarias.
5. A liquidación e recaudación, así como a revisión dos actos dictados en vía de xestión tributaria levaránse a cabo polo Concello. A xestión tributaria deste Imposto, que comprende as funcións de concesión e denegación de exencións e bonificacións, realización das liquidacións conducentes a determinación das débedas tributarias, emisión dos instrumentos de cobro, resolución dos expedientes de devolución de ingresos indebidos, resolución de recursos que se interpoñan contra ditos actos e actuacións para a información e asistencia ó contribuínte.
6. A inspección deste imposto levaráse a cabo polos órganos competentes da Administración Tributaria do Estado ,sen perxuicio das delegacións que podan producirse.
Artigo 8º . Delegación de facultades.
O Concello, en sesión extraordinaria celebrada o día 17 de xullo de 2001, adoptou o acordo de delegar na Deputación Provincial as facultades de xestión e recadación voluntaria e executiva deste imposto , así como a facultade para , de acordo co previsto no artigo 91 do TRLRFL, solicitrar da Administración Tibutaria do Estado a delegación de funcións de xestión censal e inspección e establecer ca citada administración as oportunas fórmulas de colaboración en materia de inspección en relación con este imposto.
Disposición Adicional Única
As modificacións que se introduzan na regulación do imposto, polas leis de orzamentos xerais do Estado ou por calquera outra lei ou disposición, e que resulten de aplicación directa, producirán, no seu caso, a correspondente modificación tácita da presente ordenanza fiscal.
Disposición Derogatoria Única
A partir da data de entrada en vigor da presente ordenanza fiscal quedará derrogada a Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre actividades económicas no Concello de Brión.
Disposición Final
A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno da Corporación na sesión que tivo lugar o día 12 de novembro de 2004 e entrará en vigor unha vez publicada definitivamente no Boletín Oficial da Provincia e de conformidade co artigo 107 da Lei 7/1985 , de 2 de abril, reguladora das bases de Réxime Local , comenzará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2005 , permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa. No caso de modificación parcial desta ordenanza fiscal os artigos non modificados continuarán vixentes.
ORDENANZA FISCAL Nº 3-I
REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE VEHICULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA
Artigo 1º . Fundamento e natureza
De conformidade co previsto no artigo 59, en relación cos seus artigos 92 a 99, do Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais, aprobado por RD Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, o imposto sobre vehículos de tracción mecánica, é un tributo directo, de carácter obrigatorio.
Artigo 2º . Normativa aplicable.
O imposto sobre vehículos de tracción mecánica rexerase neste municipio:
a) Polas normas reguladoras deste, contidas no Texto Refundido da Lei Reguladora das facendas locais, aprobado por Real Decreto Legislativo 2/2004, de 5 de marzo, e polas demais disposicións legais e regulamentarias que complementen e desenvolvan esta lei.
b) Pola presente ordenanza fiscal.
Artigo 3º . Feito impoñible.
1. O imposto sobre vehículos de tracción mecánica é un tributo directo que grava a titularidade dos vehículos desta natureza, aptos para circular polas vías públicas, calquera que sexa a súa clase e categoría.
2. Considérase vehículo apto para a circulación o que fose matriculado nos rexistros públicos correspondentes e mentres non tivese causado baixa nestes. Para os efectos deste imposto tamén se considerarán aptos os vehículos provistos de permisos temporais e matrícula turística.
Artigo 4º . Supostos de non suxeción.
Non están suxeitos a este imposto:
a) Os vehículos que sendo dados de baixa nos rexistros por antigüidade do seu modelo poidan ser autorizados para circular excepcionalmente con ocasión de exhibicións, certámenese ou carreiras limitadas ós desta natureza.
b) Os remolques e semirremolques arrastrados por vehículos de tracción mecánica de carga útil non superior a 750 quilogramos.
Artigo 5º . Suxeitos Pasivos.
Son suxeitos pasivos deste imposto as personas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro , Xeral Tributaria, a nome de quen conste o vehículo no permiso de circulación.
Artígo 6º .Responsables.
Todo o relativo a os responsables deste tributo, determinarase de conformidade a o previsto no Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais; na Lei Xeral Tributaria, artigos 41 a 43; no Regulamento Xeral de Recaudación e nas demais Leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións dictadas para o seu desenrolo.
Artigo 7º . Exencións.
Estarán exentos do imposto :
1.Estarán exentos do imposto os vehículos incluídos no artigo 93.1 do Texto Refundido da Lei reguladora das facendas locais (TRLFL) .
2. Para poder gozar das exención a que se refiren as letras e) e g) do apartado 1 deste artigo, os interesados deberán instar a súa concesión, con anterioridade ó devengo do imposto, indicando as características do vehículo, a súa matricula, a causa do beneficio e acreditar mediante a presentación da documentación na que consten a realidade do alegado. A notificación na que se resolva a concesión da exención servirá de documento acreditativo da súa existencia. Esta solicitude deberá renovarse cada ano, presentando os documentos necesarios. En caso de presentar a solicitude con posterioridade ao devengo do imposto, a concesión da exención terá efectos desde o período impositivo seguinte ao da solicitude.
Xunto coa petición de exención regulada no parágrafo e) do apartado 1 deste artigo os interesados deberán adxunta -la seguinte documentación:
Vehículos conducidos por persoas con discapacidade:
1.-Fotocopia do certificado do grao de minusvalía expedido pola Consellería de Asuntos Sociais no que conste o grao e a clase de discapacidade padecida.
2.-Fotocopia do permiso de conducción (anverso e reverso). Exhibición do orixinal no momento da presentación.
3.-Fotocopia do permiso de circulación a nome do minusválido. Exhibición do orixinal no momento da presentación.
4.-Fotocopia da póliza de seguro do vehículo no que figure o conductor habitual do mesmo. Exhibición do orixinal no momento da presentación.
5.-Fotocopia DNI.
6.-Fotocopia da ficha técnica do vehículo.
7.-Declaración do uso exclusivo do vehículo para o transporte do beneficiario da exención.
8.-Estar empadroado no Concello de Brión.
Queda condicionada esta concesión, á liquidación de débedas pendentes do Concello por tódolos conceptos.
Vehículos destinados ó transporte de minusválidos:
1.-Fotocopia do certificado do grao de minusvalía expedido pola Consellería de Asuntos Sociais no que conste ademais do grao de minusvalía, si o minusválido ten necesidade de asistencia de terceiras persoas e si ten dificultades graves de mobilidade que lle impidan a utilización do transporte colectivo.
2.-Fotocopia do permiso de circulación a nome do minusválido. Exhibición do orixinal no momento da presentación.
3.-Fotocopia da póliza de seguro do vehículo. Exhibición do orixinal no momento da presentación.
4.-Fotocopia DNI do minusválido e do conductor habitual do vehículo.
5.-Fotocopia da ficha técnica do vehículo.
6.-Declaración do uso exclusivo do vehículo para o transporte do beneficiario da exención.
7.-Estar empadroado no Concello de Brión.
Queda condicionada esta concesión, á liquidación de débedas pendentes do Concello por tódolos conceptos, así como ó oportuno informe, en caso necesario da policía local.
As exencións que no seu caso se concedan en calquera dos dous supostos anteriores, non serán aplicables ós suxeitos pasivos beneficiarios das mesmas por mais dun vehículo simultaneamente.
Non se considerará que o vehículo é para uso exclusivo do minusválido, e polo tanto non se entenderá xustificado o destino de dito vehículo, cando do certificado expedido pola Consellería de Asuntos Sociais non se deduza que o minusválido ten dificultades graves de mobilidade que lle impidan a utilización do transporte colectivo.
3. A concesión ou denegación das exencións do artigo 93.1 apartados e) e g) da LFL será efectuada polo órgano competente, previo informe técnico.
Artigo 8º .Cota Tributaria.
1. O imposto esixirase de acordo co cadro de tarifas establecido no artigo 95.1 do Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais, aprobado por RD Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, que se incrementará, dentro dos límites permitidos polo artigo 95.4 da referida Lei, pola aplicación sobre o mesmo dun coeficiente do 1,10 polo que as cotas a satisfacer serán as seguintes :
TARIFAS
a ) Turismos
Tarifa .- Potencia e clase do vehículo.- Cota
a.1.- De menos de 8 cabalos fiscais .- 13,88 euros
a.2.- De 8 ata 11,99 cabalos fiscais.- 37,49 euros
a.3.- De 12 ata 15,99 cabalos fiscais.- 79,13 euros
a.4.- De 16 ata 19,99 cabalos fiscais.- 98,57 euros
a.5.- De 20 cabalos fiscais en adiante.- 123,20 euros
b) Autobuses
Tarifa .- Potencia e clase do vehículo.- Cota
b.1.- De menos de 21 prazas.- 91,63 euros
b.2.- De 21 a 50 prazas.- 130,50 euros
b.3.- De más de 50 prazas.- 163,13 euros
c) Camións
Tarifa .- Potencia e clase do vehículo.- Cota
c.1.- De menos de 1.000 quilogramos de carga útil.- 46,51 euros
c.2.- De 1.000 a 2.999 quilogramos de carga útil.- 91,63 euros
c.3.- De máis de 2.999 a 9.999 quilogramos de carga útil.- 130,50 euros
c.4.- De máis de 9.999 quilogramos de carga útil.- 163,13 euros
d) Tractores
Tarifa .- Potencia e clase do vehículo.- Cota
d.1.- De menos de 16 cabalos fiscais.- 19,44 euros
d.2.- De 16 a 25 cabalos fiscais.- 30,55 euros
d.3.- De máis de 25 cabalos fiscais.- 91,63 euros
e) Remolques e semiremolques arrastrados por vehículos de tracción mecánica
Tarifa .- Potencia e clase do vehículo.- Cota
e.1.- De menos de 1.000 e máis de 750 quilogramos de carga útil.- 19,44 euros e.2.- De 1.000 a 2.999 quilogramos de carga útil.- 30,55 euros
e.3.- De máis de 2.999 quilogramos de carga útil.- 91,63 euros
f) Vehículos
Tarifa .- Potencia e clase do vehículo.- Cota
f.1.- Ciclomotores.- 4,86 euros
f.2.- Motocicletas ata 125 c.c..- 4,86 euros
f.3.- Motocicletas de máis de 125 ata 250 c.c..- 8,33 euros
f.4.- Motocicletas de máis de 250 ata 500 c.c..- 16,66 euros
f.5.- Motocicletas de máis de 500 c.c. ata 1.000 c.c.- 33,32 euros
f.6.- Motocicletas de máis de 1.000 c.c..- 66,64 euros
2. Para os efectos de facilitar a aplicación das tarifas teránse en conta as seguintes regras:
a) en canto a clasificación dos vehículos, o Anexo II do Regulamento Xeral de Vehículos, aprobado polo Real Decreto 2822/1998, de 23 de decembro, que recolle nas suas letras "A", "B" e "C", as "Definicións", "Clasificación por criterios de Construcción" e "Clasificación por criterios de utilización"
b) En canto a determinación da potencia fiscal, mediante as formulas recollidas no Anexo V do referido Reglamento Xeral De Vehículos.
3. No caso de que nas Leis de Presupostos do Estado modificarase o cadro de tarifas recollido no artigo 95.1 do Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais, aprobado por RD Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, o indicado coeficiente de 1,10 aplicarase sobre as novas tarifas fixadas nas referidas Leis de Presupostos estatais.
Artigo 9º . Bonificacións.
Establécense unhas bonificacións, ó abeiro do artigo 95.6 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo de :
1.-Para os vehículos eléctricos, de biodiesel ou movidos por hidróxeno estabécese unaha bonificación do 50%. Estos vehículos terán dereito a citada bonificación en función das carácerísticas dos motores e a súa incidencia no medio ambiente.
Os interesados deberán presentar a solicitude de bonificación con anterioridade a data do devengo do Imposto. En caso contrario, a concesión da bonificación terá efectos desde o período impositivo seguinte ao da solicitude.
Os interesados deberán aportar a ficha técnica do vehículo que acredite a súa inclusión nalgunha das categorías previstas neste apartado.
2.-Gozarán dunha bonificación do 100% na cota os vehículos históricos, ou aqueles que teñan unha antigüidade mínima de vintecinco anos contados a partir da data da súa fabricación, tomándose como tal, si esta non se coñecera, a da súa primeira matriculación o, no seu defecto, a data na que o correspondente tipo o variante deixouse de fabricar.
Para poder gozar da bonificación, os interesados deberán instar a súa concesión indicando as características do vehículo, a súa matrícula e a antigüidade.
Para estes efectos deberán acompañar á solicitude de bonificación os documentos que acrediten o cumprimento dos requisitos para gozar da mesma, ben por medio de copia compulsada da ficha técnica, o permiso de circulación do vehículo ou o certificado do fabricante ou de Industria respecto da data na que deixou de fabricarse o modelo en cuestión. No caso de vehículos históricos acreditaráse aportando a catalogación como tal polo órgano competente da comunidade Autónoma.
O peticionario deberá xustificar, asimesmo, estar ao corrente no pago do imposto mediante a exhibición dos recibos dos catro últimos exercicios ou certificado equivalente.
Os interesados deberán presentar a solicitude antes da data do devengo do imposto. En caso contrario a exención aplicarase desde o exercicio seguinte ao da solicitude. Declarada a bonificación pola Administración tributaria local, expediráse un documento que acredite a sua concesión.
Artigo 10º . Período Impositivo e Devengo.
1. O período impositivo coincide co ano natural , agás nos casos de primeira adquisición de vehículos. Neste caso o período impositivo comenzará o día en que produzca a adquisición.
2. O imposto devengaráse o primeiro día do período impositivo.
3. O importe da cuota do imposto prorratearáse por trimestres naturais nos casos de primeira adquisición ou baixa definitiva do vehículo.
Tamén procederá o prorrateo da cuota nos mesmos términos nos supostos de baixa temporal por sustracción ou robo de vehículo , e isto dende o momento en que se produzca a citada baixa temporal no rexistro público correspondente.
Artigo 11.º Xestión tributaria do imposto.
1. A xestión , liquidación, inspección e recaudación , así como a revisión dos actos dictados en vía de xestión tributaria corresponde o concello do domicilio que conste no permiso de circulación do vehículo.
2.Nos supostos de adquisición e primera matriculación dos vehículos o cando estes se reformen, de xeito que altere a súa clasificación aos efectos do presente Imposto, os suxeitos pasivos ou os seus representantes presentarán ante a Administración municipal e con carácter previo a súa matriculación na Xefatura Provincial de Tráfico, no prazo de trinta días, que comezará a contar desde a data de adquisición ou reforma, autoliquidación do imposto, para o cal cumplimentarase o modelo-impreso aprobado por este Concello facendo contar los elementos tributarios determinantes da cota a ingresar.
Acompañarase:
- Documentación acreditativa da compra ou modificación do vehículo.
- Certificado das Características Técnicas
- DNI o CIF do suxeito pasivo.
Simultáneamente á presentación da autoliquidación, o suxeito pasivo ingresara o importe da cota do Imposto resultante da miesma.
Esta autoliquidación terá a consideración de liquidación provisional, en tanto que pola Administración municipal non se comprobe que a mesma efectouse mediante a correcta aplicación das normas reguladoras do Imposto. A oficina xestora , tras verificar que o pago fíxose na cuantía correcta, deixara constancia da verificación no impreso de declaración.
3. Nos supostos de vehículos xa matriculados ou declarados aptos para circular, o Imposto xestiónase a partir do Padrón anual do mesmo.
As modificacións do padrón fundamentaranse nos datos do Rexistro de Tráfico e nas Comunicacións da Xefatura de Tráfico relativas a altas, baixas, transferencias, reformas dos vehículos, sempre que se altere a súa clasificación a efectos deste Imposto, e cambios de enderezo.
O padrón do Imposto expoñerase ao público por un prazo dun mes para que os interesados poidan examinalo e, no seu caso, formulalas reclamacións oportunas. A exposición ao público do Padrón anunciarase no Boletín Oficial da Provincia e producirá os efectos de notificación da liquidación a cada un dos suxeitos pasivos.
O prazo de ingreso das débedas de cobro por recibo notificadas colectivamente determinarase cada ano e anunciarase publicamente no Boletín Oficial de la Provincia e no tablón de anuncios do Concello.
Finalizado o prazo de pago voluntario sen que la débeda fora satisfeita, iniciarse o período executivo de recadación, o que comportará o devengo do recargo do 20% do importe da débeda non ingresada, así como o dos xuros de demora correspondentes. O devandito recargo será do 5% cuando a débeda se ingrese antes de que fora notificada a providencia de constrinximento e do 10% cando se ingrese a totalidade da débeda non ingresada en periodo voluntario e o propio recargo antes da finalización do prazo previsto no artigo 62.5 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.
4. Sen embargo, unha vez abonada a cota do Imposto, se algún contribuínte estimase que ten dereito á devolución poderá solicitala dentro do prazo determinado ao efecto e por algunha das causas previstas na Lexislación vixente.
O Concello, en sesión extraordinaria celebrada o día 17 de xullo de 2001, adoptou o acordo de delegar na Deputación Provincial as facultades de xestión,inspección e recaudación voluntaria e executiva deste imposto .
Artigo 12º . Xustificación do pago do imposto.
1.Quenes soliciten ante a Xefatura Provincial de Tráfico a matriculación ou certificación de aptitud para circular dun vehículo, debrán acreditar previamente o pago do imposto.
2. Os titulares dos vehículos, cando comuniquen á Xefatura Provincial de Tráfico a súa reforma, de xeito que se mude a súa clasificación a efectos deste imposto , así como tamén nos caso de transferencia, de cambio de domicilio que conste no permiso de circulación do vehículo, ou da baixa dos citados vehículos, deberán acreditar previamente ante a referida Xefatura Provincial o pago do último recibo presentado ó cobro do imposto , sen perxuicio de que sea esixible por vía de xestión e inspección o pago de tódalas deudas polo citado concepto devengadas, liquidadas, presentadas ó cobro e non prescritas. Exceptúanse da referida obriga de acreditación no suposto de baixas definitivas de vehículos con máis de 15 anos de antigüedade .
3. As Xefaturas Provinciais de tráfico non tramitarán os expedientes si non se acredita o pago do imposto , nos térmos establecidos nos apartados anteriores.
Artigo 13º .Infraccións e sancións.
Para todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e á imposición das sancións correspondentes, rexerá o disposto nos artigos 181 e seguintes da LXT.
Disposición adicional única
As modificacións que se introduzan na regulación do imposto, polas leis de orzamentos xerais do Estado ou por calquera outra lei ou disposición e que resulten de aplicación directa, producirán, de ser o caso, a correspondente modificación tácita da presente ordenanza fiscal.
Disposición derogatoria única
A partir da data de entrada en vigor da presente ordenanza fiscal quedará derogada a Ordenanza fiscal, reguladora do imposto sobre vehículos de tracción mecánica no Concello de Brión.
Disposición Final
A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno da Corporación na sesión que tivo lugar o día 12 de novembro de 2004 e entrará en vigor unha vez publicada definitivamente no Boletín Oficial da Provincia e de conformidade co artigo 107 da Lei 7/1985 , de 2 de abril, reguladora das bases de Réxime Local , comenzará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2005 , permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa. No caso de modificación parcial desta ordenanza fiscal os artigos non modificados continuarán vixentes.
ORDENANZA FISCAL Nº 4-I
REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCCIÓNS , INSTALACIÓNS E OBRAS
Artigo 1º . Naturaleza e Fundamento.
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e dos artigos 15.1 e 59.2 do Texto Refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado por Real Decreto Legislativo 2/2004, de 5 de marzo, este Concello establece o imposto sobre construccións, instalacións e obras, que se rexerá polo disposto na devandita lei e pola presente ordenanza fiscal.
Artigo 2º . Feito Impoñible.
1. Consonte co previsto no artigo 100 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais constitue o feito impoñible deste imposto a realización, dentro do térmo municipal, de calquera construcción, instalación ou obra para a que se esixa a obtención da correspondente licencia urbanística, xa se teña obtido ou non a dita licencia, sempre que a súa expedición corresponda a este Concello.
2. Son construccións, instalacións e obras suxeitas ó imposto todas aquelas na que a execución implique a realización do feito impoñible definido no apartado anterior; e en particular as seguintes:
a) As obras da nova planta e de ampliación de edificios, ou necesarias para a implantación, ampliación, modificación ou reforma de instalacións de calquera tipo.
b) As obras de modificación ou de reforma que afecten a estructura, o aspecto exterior ou a disposición interior dos edificios, ou que incidan en calquera clase de instalacións existentes.
c) As obras provisionais.
d) A construcción de vaos para a entrada e saída de vehículos das fincas na vía pública.
e) As construccións, instalacións e obras realizadas na vía pública por particulares ou polas empresas subministradoras de servicios públicos, que corresponderán tanto as obras necesarias para a apertura de calas e pozos, colocación de postes de soporte, canalizacións, conexións e, en xeral, calquera remoción do pavimento ou beirarrúas, como as necesarias para a reposición, reconstrucción ou amaño do estragado coas calas mencionadas.
f) Os movementos de terra, tales como desmontes, explanacións, escavacións, terraplenados, salvo que estes actos estean detallados e programados como obras a executar nun proxecto de urbanización ou edificación aprobado ou autorizado.
g) As obras de peche dos solares ou dos terreos e dos valados, os andamios e as andamiaxes de precaución.
h) A nova implantación, a ampliación, a modificación, a substitución ou o cambio de emprazamento de todo tipo de instalacións técnicas dos servicios públicos, calquera que sexa seu emprazamento.
i) Os usos e instalacións de carácter provisorio.
l) A instalación, reforma ou calquera outra modificación dos soportes ou valados que teñan publicidade ou propaganda.
ll) As instalacións subterráneas dedicadas ós aparcamentos, as actividades industriais, mercantís ou profesionais, ós servicios públicos ou a calquera outro uso a que se destine o subsolo.
m) A realización de calquera outra actuación establecida polos plans de ordenación ou polas ordenanzas que lles sexan aplicables como suxeitas a licencia municipais, sempre que se trate de construccións, instalacións ou obras.
n) Derrubamentos.
ñ) Aliñacións e rasantes.
o) As que se realicen en cemiterios.
p) Calquera outra construcción, instalación ou obra que precise licencia de obra o urbanística.
3.-Quedan tamén incluídas no feito imponible do imposto, as construccións, instalacións e obras que se realicen en cumprimento dunha orde de execución municipal ou aquelas outras que requiran a previa existencia dun acordo aprobatorio ou dunha concesión. Nestes supostos a licencia aludida no apartado 1, considerarase outorgada unha vez dictada a orde de execución, adoptado o acordo ou adxudicada a concesión polos órganos municipais competentes, con cumprimento da tramitación preceptiva, e legalmente notificado o acto administrativo o interesado.
Artigo 3º . Exencións.
Están exentas deste imposto as construccións, instalacións e obras das que sexa dono o Estado, as comunidades autónomas ou as entidades locais que, estando suxeitas a este, vaian a ser directamente destinadas a estradas, ferrocarrís, portos, aeroportos, obras hidráulicas, saneamento de poboacións e das súas augas residuais, aínda que a súa xestión se leve a cabo por organismos autónomos, tanto se se trata de obras de construcción nova como de conservación.
A concesión ou denegación da exención será efectuada polo órgano competente, previo informe dos servizos económicos.
Artigo 4º . Suxeitos Pasivos e sustitutos do contribuínte.
1.- Son suxeitos pasivos deste imposto, a título de contribuintes, as persoas físicas, xurídicas ou entidades do artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, que sexan donos da construcción,instalación ou obra , sexan ou non propietarios do inmoble sobre o cal se realizen as construccións, instalacións ou obras.
Os efectos deste punto , consideraráse dono da construcción , instalación ou obra quen soporte os gastos ou o coste que comporte a súa realización.
2.-No suposto de que a construcción , instalación ou obra non sexa realizada polo suxeito pasivo contribuínte terán a consideración de suxeitos pasivos sustitutos do contribuinte os que demanden as correspondentes licencias ou realicen as construccións, instalacións ou obras.
3.- O sustituto poderá esixir ó contribuínte o importe da cuota tributaria satisfeita.
Artigo 5º . Base Impoñible
A base impoñible deste imposto está constituida polo custo real e efectivo da construcción, instalación ou obra , e se entende por tal, o coste da execución material de aquela.
Non forman parte da Base Impoñible o Imposto sobre o Valor Engadido, e demais impostos análogos propios de réximes especiais, as taxas , precios públicos, e demáis prestacións patrimoniais de carácter público local , relacionadas ca construcción, instalación ou obra, nin os honorarios de profesionais , o beneficio empresarial do contratista nin calquera outro concepto que non integre o custo de execución material.
Artigo 6º . Tipo de gravame e cota tributaria
1. A cota do imposto será o resultado de aplicarlle á base impoñible os seguintes tipos de gravame:
a) Tipo xeral: 2 %.
b) Construccions, instalacións e obras en solo industrial: 2,5 %
c) Construcción de edificacións plurifamiliares, vivendas colectivas ou promocións que na solicitude de licencia conteñan mais dunha vivenda unifamiliar: 3%
Artigo 7º . Devengo.
1. O imposto devéngase no momento de iniciarse a construcción, instalación ou obra ainda que non se teña obtido a correspondente licencia.
2. Para os efectos deste imposto entenderanse iniciadas as construccións, instalacións ou obras, salvo proba en contrario, cando fose concedida a preceptiva licencia municipal, no momento no que o interesado ou o seu representante retire a devandita licencia ou, noutro caso, ó mes da data da resolución do órgano competente.
Artigo 8º . Bonificacións.
1. Establécese unha bonificación do 30% a favor doutras construccións, instalacións ou obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico-artísticas ou de fomento do emprego que xustifiquen tal declaración. A concesión da mesma requirirá informe ou memoria motivadora do especial interese ou utilidade municipal.
Corresponderá a citada declaración o Pleno da Corporación e se acordará previa solicitude do suxeito pasivo, por voto favorable da maioría dos seus membros.
2.-Establécese unha bonificación a favor das construccións, instalacións ou obras nas que se incorporen sistemas para o aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar para autoconsumo. A aplicación desta bonificación estará condicionada a que as instalacións para producción de calor inclúan colectores que dispoñan da correspondente homologación da Administración competente.
A bonificación establécese no 25% dos gastos de execución material dos sistemas de aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar, a deducir da cota íntegra do imposto, sen que en ningún caso a deducción poida exceder da porcentaxe do 50% da cota.
O suxeito pasivo deberá aportar, xunto coa solicitude da licencia, o proxecto técnico visado polo Colexio Oficial correspondente, acreditativo da incorporación á construcción, instalación ou obra de instalacións de enerxía solar térmica ou de enerxía solar fotovoltaica para autoconsumo, así como da homologación dos colectores empregados para a producción de calor.
3.-Establécese unha bonificación do 30 % a favor das construccións, instalacións ou obras referentes as vivendas de protección oficial.
Para o goce da mesma, o suxeito pasivo deberá aportar, no momento previo á retirada da licencia, a cédula de cualificación provisional como VPO emitida polo Instituto Galego da Vivenda e Solo ou declaración ou visado emitido polo mesmo Instituto considerando protexida a actuación en que consiste a construcción, instalación ou obra.
4.-Establécese unha bonificación a favor das construccións, instalacións e obras que, en edificacións e instalacións xa existentes, favorezan as condicións de acceso e habitabilidade dos discapacitados. A bonificación establécese no 10% dos gastos de execución material das obras que favorezan as condicións de acceso e habitabilidade dos discapacitados, a deducir da cota íntegra do imposto, sen que en ningún caso a deducción poida exceder da porcentaxe do 30% da cota.
5.-As bonificacións previstas neste artigo esixirán:
a) Solicitude do interesado
b) Informe dos Servicios municipais correspondentes (Urbanismo, Cultura, Emprego, Medioambiente) e, en todo caso, informe do Servicio de xestión, recadación e inspección tributaria do Concello
c) Acordo do órgano competente.
6.-As solicitudes de bonificacións incluídas neste artigo deberán presentarse coincidindo coa solicitude das correspondentes licencias.
7.-As bonificacións aplicaranse sobre a cota íntegra do imposto e serán compatibles. En todo caso as bonificacións aplicadas de forma acumulativa neste artigo en ningún caso poderán exceder do 75% da cota íntegra.
Artigo 9º . Normas de Xestión Tributaria.
Polo que se refire a xestión do imposto procederáse do seguinte xeito:
1. Os suxeitos pasivos virán obrigados a presentar solicitude de licencia urbanística, acompañada dos correspondentes presupostos, nos casos e modos que sinala a normativa aplicable ó solo e á edificación, tanto estatal, como autonómica e local. A solicitude de licencia urbanística terá o valor de declaración tributaria, por canto dos presupostos que acompañan a aquela deducirase a base imponible do imposto. De non mediar solicitude de licencia antes do inicio das obras, a conducta, sen prexuizo das súas repercusións urbanísticas, constituirá unha infracción tributaria, segundo o disposto no artigo 11 desta Ordenanza.
2. Concedida a licencia ou adoptado o acordo aprobatorio ou autorización en relación coas construccións, instalacións e obras que se realicen en cumprimento dunha orde de execución municipal e, en todo caso, no prazo máximo dun mes contado a partir do momento no que se inicie a construcción, instalación ou obra, incluso cando non fose solicitada, concedida ou denegada aínda a devandita licencia, o suxeito pasivo estará obrigado a abona-la liquidación pertinente nos prazos establecidos no artigo 62.2 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, sen que o pagamento comporte ningún tipo de acto declarativo de dereito a prol daqueles.
A base imponible para esta liquidación determinarase en función do presuposto presentado polos interesados, sempre que o mesmo estivera visado polo Colexio Oficial corrrespondente cando elo constitúa un requisito preceptivo. Noutro caso, a base imponible será determinada por la oficina técnica municipal en función de los módulos previstos na presente ordenanza, e que figuran como anexo da mesma.
3. O pagamento da liquidación practicada terá carácter provisorio e será a conta da liquidación definitiva que se practique unha vez rematadas as construccións, instalacións ou obras
4.Tendo en conta a obra realizada e o seu custo real e efectivo, o Concello, previa comprobación, poderá modifica-la base impoñible a que se refiren os apartados anteriores, facendo a correspondente liquidación definitiva, e esixindo ou reintegrando ó suxeito pasivo a cantidade que resulte.
Para estes efectos, e no caso de que se modificara o proxecto inicial das construccións, instalacións ou obras e se incrementara o presuposto, unha vez aceptada a modificación pola Administración municipal os suxeitos pasivos están obrigados a facer o ingreso da liquidación complementaria pola diferencia entre o presuposto inicial e o modificado con suxeición a prazos, requisitos e efectos indicados nos apartados anteriores.
5.-No caso de que non se executen as construccións, instalacións ou obras, o interesado terá dereito á devolución do ingresado, unha vez que formule renuncia expresa á licencia ou caducara a licencia.
6.-Nos supostos de licencias concedidas en virtude da aplicación das normas sobre silencio administrativo, o pagamento do imposto deberá realizarse antes de dar comezo as obras.
Artigo 10º . Infraccións e sancións.
Para todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e á imposición das sancións correspondentes rexerá o disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei 58/2003 , de 17 de decembro ,Xeral tributaria.
Disposición Adicional Única
As modificacións que se introduzan na regulación do imposto, polas leis de orzamentos xerais do Estado ou por calquera outra lei ou disposición e que resulten de aplicación directa, producirán, de ser o caso, a correspondente modificación tácita da presente ordenanza fiscal.
Disposición Derogatoria Única
A partir da data de entrada en vigor da presente ordenanza fiscal quedará derrogada a Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre construccións, instalacións e obras no Concello de Brión.
Disposición Final Única
A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno da Corporación na sesión que tivo lugar o día 12 de novembro de 2004 e entrará en vigor unha vez publicada definitivamente no Boletín Oficial da Provincia e de conformidade co artigo 107 da Lei 7/1985 , de 2 de abril, reguladora das bases de Réxime Local , comenzará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2005 , permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa. No caso de modificación parcial desta ordenanza fiscal os artigos non modificados continuarán vixentes.
ANEXO
1.-Obra menor:
1.1. Demolición de muros: 14,89 euros/m2.
1.2. Demolición de tabiques: 3,96 euros/m2.
1.3. Levantado de solainas: 4,33 euros/m2.
1.4. Picado de azulexados e revestimentos: 5,19 euros/m2.
1.5. Demolición de forxados: 9,69 euros/m2.
1.6. Demolición completa 9,37 euros/m2.
2.-Movemento de terras:
2.1. Escavación de gabias: 7,76 euros/m3.
2.2. Escavcación de vaciado: 2,14 euros/m3
2.3. Recheo de gabias: 11,12 euros/m3.
2.4. Recheo de ceo aberto: 6,42 euros/m3.
2.5. Carga e transporte de terras a vertedeiro: 4,36 euros/m3.
2.6. Tubos de canalización: 3,64 euros/m.
3.-Peches:
3.1. Peche de estacas e arame: 3,64 euros/m.
3.2. Peche de tea: 19,33 euros/m.
3.3. Peche de zócalo fábrica e tea: 31,11 euros/m.
3.4. Peche de fábrica h. 1 m: 23,51 euros/m.
3.5. Peche de zócalo fábrica e celosía: 44,99 euros/m.
3.6. Peche de cachotería e celosía: 72,62 euros/m.
3.7. Peche de cachotería e reixa: 34,59 euros/m.
3.8. Colocación de columna para contador da luz: 193,61 euros/ud.
4.-Cuberta:
4.1. Demolición de cuberta de fibrocemento: 2,09 euros/m2.
4.2. Demolición de cuberta de tella: 3,64 euros/m2.
4.3. Cuberta de fibrocemento: 13,17 euros/m2.
4.4. Cuberta de tella: 31,11 euros/m2.
4.5. Cuberta de lousa: 44,99 euros/m2.
4.6. Substitución de tella por fibrocemento: 17,30 euros/m2.
4.7. Substitución de tella por tella: 27,68 euros/m2.
4.8. Substitución de tella por fibrocemento e tella: 38,07 euros/m2.
5.-Albanelería:
5.1. Formigón en masa: 8,10 euros/m3.
5.2. Estructura completa de formigón armado: 57,41 euros/m2.
5.3. Estructura completa de aceiro: 62,93 euros/m2.
5.4. Estructura naves de formigón armado: 35,98 euros/m2.
5.5. Estructura naves metálica: 42,89 euros/m2
5.6. Soleira: 15,20 euros/m2.
5.7. Forxado: 48,42 euros/m2.
5.8. Muro de contención de formigón armado: 51,90 euros/m2.
5.9. Muro de cachotería: 103,74 euros/m2.
5.10. Muro de bloque: 24,20 euros/m2.
5.11. Muro de ladrillo (taboquería): 12,48 euros/m2.
5.12. Cerramento de dobre folla de ladrillo: 35,93 euros/m2.
5.13. Celosía, balaustrada: 26,24 euros/m2.
5.14. Azulexado: 17,30 euros/m2.
5.15. Solaina: 24,90 euros/m2.
5.16. Enfoscado: 9,00 euros/m2.
6.-Pinturas:
6.1. Pintura interior: 4,12 euros/m2.
6.2. Pintura exterior: 6,59 euros/m2.
7.-Galpóns:
7.1. Galpón de bloque ou ladrillo: 141,76 euros/m2.
7.2. Galpón de madeira: 72,62 euros/m2.
8.-Carpintería:
8.1. Porta de entrada: 242,09 euros/m2.
8.2. Porta interior: 107,12 euros/ud.
8.3. Fiestra: 146,85 euros/m2.
8.4. Fiestra en plano de tellado: 152,21 euros/m2.
8.5. Peche de balcóns e terrazas con galería: 138,34 euros/m2.
8.6. Reixa de seguridade e portas e fiestras: 44,99 euros/m2.
8.7. Fronte de portal: 117,61 euros m2.
9.-Instalación de fontanería e saneamento:
9.1. Instalacións en aseo (sen aparatos sanit.): 152,21 euros/ud.
9.2. Instalacións en baños (sen aparatos sanit.): 200,63 euros/ud.
9.3. Instalación de cociña: 172,89 euros/ud.
9.4. Lavado incluso billame: 172,89 euros/ud.
9.5. Inodoro: 186,75 euros/ud.
9.6. Bidé incluso billame: 141,36 euros/ud.
9.7. Bañera incluso billame: 165,98 euros/ud.
10.-Instalación de electricidade:
10.1. Instalación de electricidade: 1.245,00 euros/ud.
11.-Instalación de calefacción:
11.1. Instalación. Mínimo ata 100 m2: 3.804,15/ud. 13,87 euros/m2.
12.-Pozos:
12.1. Pozo de barrena: 1.314,14 euros/ud.
12.2. Pozo artesano: 1.729,13 euros/ud.
13.-Depuración:
13.1. Fosa séptica e pozo filtrante: 1.245,00 euros/ud.
14.-Piscinas:
14.1. Piscina completa. Mínimo: 10.374,89 euros/ud.
15.-Pistas:
15.1. Pista deportiva: 69,09 euros/m2.
15.2. Beirarrúa: 17,99 euros/m2.
16.-Guindastre:
16.1. Guindastre: 300 euros/ud.
17.-Colocación de andamios:
17.1. Colocación de andamios: 30,00 euros/ud.
2.-Obra maior.
Relación de prezos medios de execución material (m2 construído).
Uso de vivenda en edificio de vivendas plurifamiliares: 390,08 euros/m2.
Otros usos en edificio de vivendas plurifamiliares:
(Espacios baleiros, sotos, semisotos e garaxes): 155,10 euros/m2.
Usos de vivenda unifamiliar: 465,11 euros/m2.
Outros usos en edificio de vivenda unifamiliar:
(Espacios baleiros, sotos, semisotos e garaxes): 150,59 euros/m2.
Edificios con uso exclusivo industrial.
Sen proceso productivo: 193,83 euros/m2.
Edificio con uso exclusivo terciario: 348,68 euros/m2.
Acondicionamento ou reforma de locais comerciais: 338,68 euros/m2.
Nota: no caso de que unha obra non atope un encadre directo nas distintas aquí tipificadas, aplicaráselle a tarifa que máis se aproxime por identidade de razón entre os supostos tipificados neste anexo, salvo que o suxeito pasivo aduza razóns suficientes para desestima-la valoración realizada.
ORDENANZA FISCAL Nº 6-T
REGULADORA DA TAXA POR EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS
Artigo 1º . Fundamento e natureza.
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do RDL 2/2004 de 5 de marzo, polo que se aproba a Lei reguladora das facendas locais, este Concello establece a "taxa por expedición de documentos administrativos" , que se rexerá polo disposto no devandito RDL e pola presente ordenanza fiscal.
Artigo 2º . Feito impoñible.
1. Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade administrativa desenvolvida con motivo da tramitación, a instancia de parte, de toda clase de documentos que expida e de expedientes de que entenda a Administración ou as Autoridades Municipais .
2. Para os efectos, entenderase tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que se provocase polo particular ou redunde no seu beneficio aínda que non mediara solicitude expresa do interesado.
3. Non estará suxeita a esta taxa a tramitación de documentos e expedientes que estean gravados por outra taxa municipal ou polos que se esixa un prezo público por este Concello, nin tampouco os expedientes de devolución de ingresos indebidos
Artigo 3º . Suxeito pasivo.
Son suxeitos pasivos, en concepto de contribuíntes, as personas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003 , de 17 de decembro, Xeral tributaria que soliciten, ou resulten beneficiadas ou afectadas ou en interese das cales redunde a tramitación do documento ou expediente de que se trate.
Artígo 4º . Responsables.
Responderán solidaria e subsidiariamente deste tributo as personas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 41, 42 e 43 da Lei 58/2003 , de 17 de decembro , Xeral Tributaria.
Artigo 5º . Exencións.
Terán unha exención subxectiva aqueles contribuíntes que acrediten a súa falta de capacidade económica para o pagamento da cota correspondente, segundo informe dos servicios sociais do Concello de Brión ó respecto.
Artígo 6º . Cota Tributaria.
1. A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar, de acordo coa tarifa que contén o artigo seguinte.
2. A cota da tarifa corresponde a tramitación completa, en cada instancia, do documento ou expediente de que se trate, dende a súa iniciación ata a súa resolución final, incluida a certificación e notificación ó interesado do acordo recaído.
Artígo 7º . Tarifa.
A tarifa a que se refire o artigo anterior estructúrase da seguinte maneira:
Documentación: TARIFA
Informes urbanísticos a instancia de parte: 20,00 euros/unidade
Concesión de licencia de auto-taxi: 60,00 euros
Certificación de acordos municipais:
1. Do ano en curso: 1,00 euros
2. De anos anteriores: 3,00 euros
Busqueda de documentación no arquivo :
1 Do ano en curso: 1,00 euros
2 De anos anteriores: 3,00 euros
Dereitos de exame
Exame para prazas encadradas no grupo A ou asimilado: 18,00 euros
Prazas do grupo B ou asimilado: 16,00 euros
Prazas do grupo C ou asimilado: 14,00 euros
Prazas do grupo D ou asimilado: 12,00 euros
Prazas do grupo E ou asimilado: 10,00 euros
Outros documentos
Exemplar de ordenazas fiscais: 15,00 euros
Bastanteo de poderes: 10,00 euros
Por cada documento que se expida en fotocopia:
1. Màis de 15 folios , por cada folio en formato A4: 0,05 euros/ud
2. Màis de 3 folios , por cada folio en formato A3: 0,10 euros/ud
Certificacións gráficas e descriptivas catastrais: 5,00 euros/ud
Artigo 8º . Devengo.
1. Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se presente a solicitude que inicia a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos ó tributo.
2. Nos casos a que se refire o apartado 2 del artigo 2º , o devengo prodúcese cando teñan lugar as circunstancias que provean a actuación municipal de oficio, ou cando esta se inicie sen previa solicitude do interesado, pero redunde no seu beneficio.
Artigo 9º . Declaración e ingreso.
1. A taxa esixirase en réxime de autoliquidación, polo procedemento do selo municipal adherido ó escrito de solicitude da tramitación do documento o expediente, ou nestes mesmos se aquel escrito non existira ou a solicitude non fora expresa.
2. Os escritos recibidos polos conductos a que fai referencia o artigo 66 da Lei de procedemento administrativo que non veñan debidamente reintegrados, serán admitidos provisionalmente, pero non poderán dárselles curso sen que se subsane a deficiencia, para esta finalidade se requerirá ó interesado para que, no plazo de dez días aboe as cotas correspondentes co apercibimento de que, transcorrido dito prazo sen efectualo, teranse os escritos por non presentados e será arquivada a solicitude.
3. As certificacións ou documentos que expida a Administración Municipal en virtude de oficio de Xuzgados ou Tribunais para toda clase de pleitos, non se entregarán nin remitirán sen que previamente se satisfacera a correspondente cota tributaria.
Artigo 10º . Infraccións e sancións.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei 58/2003 , de 17 de decembro , xeral tributaria.
Disposición adicional única
As modificacións que se introduzan na regulación do imposto, polas leis de orzamentos xerais do Estado ou por calquera outra lei ou disposición e que resulten de aplicación directa, producirán, de ser o caso, a correspondente modificación tácita da presente ordenanza fiscal.
Disposición derogatoria única
A partir da data de entrada en vigor da presente ordenanza fiscal quedará derogada a Ordenanza fiscal reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos.
Disposición Final
A presente ordenanza entrará en vigor unha vez publicada definitivamente no Boletín Oficial da Provincia e de conformidade co artigo 107 da Lei 7/1985 , de 2 de abril, reguladora das bases de Réxime Local comenzará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2005, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.
No caso de modificación parcial desta ordenanza fiscal os artigos non modificados continuarán vixentes
ORDENANZA FISCAL Nº 8-T
REGULADORA DA TAXA POR INSTALACIÓNS E ACTIVIDADES PUBLICITARIAS
Artigo 1. Concepto
De conformidade co establecido no artigo 20 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, establecese a taxa por instalacións e actividades publicitarias ocupando terreos de dominio público local.
ORDENANZA FISCAL Nº 10-T
REGULADORA DA TAXA POLA UTILIZACIÓN DE PISCINAS E DEMAIS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS
Artigo 1º . Fundamento e natureza.
Ó amparo do previsto nos artigos 57 e 20, epígrafes 1 e 4.o) do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundio da Lei reguladora das facendas locais, e de conformidade co que dispoñen os artigos 15 a 19 de dito texto legal, este Concello establece a "taxa pola utilización de piscinas e demáis instalacións deportivas municipais ", que se rexerá polo citado RDL e pola presente ordenanza fiscal.
Artigo 2º . Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible da taxa a utilización de piscinas e demáis instalacións deportivas municipais especificadas nas tarifas contidas no artigo 6º da presente ordenanza.
Artigo 3º . Suxeito pasivo.
Son suxeitos pasivos da taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei xeral tributaria, que se beneficien da utilización ou dos servicios ou actividades que constitúen o feito impoñible da taxa.
Artigo 4º . Responsables.
A responsabilidade esixirase en todo caso nos termos e consonte ó procedemento previsto na Lei xeral tributaria.
Artigo 5º . Beneficios fiscais.
1. De conformidade co disposto no artigo 24.4 do TRLRFL, estabécense as seguintes bonificacións en función de criterios de capacidade económica dos suxeitos obligados a satisface-la taxa pola utilización de piscinas e demáis instalacións deportivas municipais:
a)Concederáse unha bonificación do 100 % do importe da cota tributaria, cando existan razóns sociais, benéficas, culturais ou de interese público que así o aconsellen, e esten debidamente acreditadas mediante informe técnico do Servizos correspondentes, o acordo de concesión da bonificación será acordada polo órgano competente.
b) As persoas que acrediten formar familia numerosa, a partir do terceiro fillo, recoñéceselles ós subseguintes unha bonificación do 100% do importe da cota tributaria .
2. Os beneficios fiscais regulados no apartado anterior, só serán de aplicación a aquelas persoas que figuren empadroadas no Concello de Brión. A estes efectos acreditaráse a condición de veciño cunha certificación expedida nas oficinas municipais coa sintura do Sr. Alcalde.
Artigo 6º . Cota tributaria.
A contía da taxa determinarase aplicando as tarifas seguintes:
* Epígrafe 1. Uso de instalacións deportivas municipais.
Pavillóns polideportivos municipais. Tarifas:
a) Utilización por grupos para fins deportivos sen cobro de entrada.
Tarifa .- Concepto.- Tarifa
1.1.- Veciños do Concello.- 12,00 euros/ hora
1.2.- Personas de fóra do Concello .- 15,00 euros/ hora
b) Utilización por grupos para fins deportivos con cobro de entrada.
Tarifa .- Concepto.- Tarifa
1.3.- Veciños do Concello.- 12,00 euros/hora+15% recaudación
1.4.- Personas de fóra do Concello.- 15,00 euros/hora+15% recaudación
c) Utilización por grupos para fins non deportivos .
Tarifa .- Concepto.- Tarifa
1.5.- Sen cobro de entrada.- 120,00 euros
1.6.- Con cobro de entrada.- 120,00 euros+15% recaudación
Piscinas municipais. Tarifas:
Tarifa .- Concepto.- Tarifa
1.7.- Entrada persoal á piscina , maiores de 14 anos.- 1,20 euros
1.8.- Entrada persoal á piscina ,nenos ata 14 anos.- 0,60 euros
1.9.- Abono por temporada ( 3 meses ) maiores de 14 anos.- 12,00 euros
1.10.- Abono por temporada ( 3 meses ) nenos ata 14 anos.- 6,00 euros
Artigo 7º . Pagamento e período impositivo.
A taxa devengaráse no intre en que se presente a solicitude para o uso da piscina e demáis instalacións deportivas .
Artigo 8º . Réxime de declaración e ingreso.
Tratándose da utilización da piscina e demáis instalacións, a taxa recaudarase mediante autoliquidación, ingresando o seu importe o solicitante ó Concello e sempre antes de inicia-la ocupación ou a actividade deportiva.
Artigo 9º . Infraccións e sancións.
As infraccións e sancións en materia tributaria rexeranse polo disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei xeral tributaria e a súa normativa de desenvolvemento.
Disposición adicional única
As modificacións que se introduzan na regulación do establecido nesta ordenanza polas leis de orzamentos xerais do Estado ou por calquera outra lei ou disposición, e que resulten de aplicación directa, producirán, no seu caso, a correspondente modificación tácita da presente ordenanza fiscal
Disposición derogatoria única
A partir da data de entrada en vigor da presente ordenanza fiscal quedará derogada a Ordenanza fiscal reguladora taxa pola utilización de piscinas e demáis instalacións deportivas municipais.
Disposición Final
A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno da Corporación na sesión que tivo lugar o día 12 de novembro de 2004 e entrará en vigor unha vez publicada definitivamente no Boletín Oficial da Provincia e de conformidade co artigo 107 da Lei 7/1985 , de 2 de abril, reguladora das bases de Réxime Local , comenzará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2005 , permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa. No caso de modificación parcial desta ordenanza fiscal os artigos non modificados continuarán vixentes.
De conformidade co artigo 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, o acordo de aprobación definitiva destas ordenanzas fiscais esgota a vía administrativa polo que, contra as mesmas só se poderá interpoñer recurso contencioso administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto no Boletín Oficial da Provincia.
Brión, 30 de decembro de 2004
O ALCALDE,
Asdo. José Luis García García
|
Reg. 14762-0 |
|