Boletín Nº 297. Lunes, 29 de diciembre de 2003
- IV. ADMINISTRACIÓN LOCAL - IV.2 MUNICIPAL - BRIÓN
EDICTO Pág. 13949 Reg. 13586-x.
|
|
Normativa
Aprobadas definitivamente as modificacións da ordenanza fiscal reguladora da Taxa por Recollida de Lixo, exponse ó público o seguinte texto íntegro da devandita ordenanza:
ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR RECOLLIDA DE LIXO
ÍNDICE
CAPÍTULO 1º .-FEITO IMPOÑIBLE
Artigo 1º .-Descrición xenérica.
Artigo 2º .-Manifestación do feito impoñible.
CAPÍTULO 2º .-SUXEITOS PASIVOS E RESPONSABLES
Artigo 3º .-Contribuínte.
Artigo 4º .-Substituto do contribuínte.
Artigo 5º .-Concorrencia de suxeitos pasivos.
Artigo 6º .-Outros responsables.
CAPÍTULO 3º .-BENEFICIOS FISCAIS.
Artigo 7º .-Exencións e bonificacións.
Artigo 8º .-Reduccións.
CAPÍTULO 4º .-BASE IMPOÑIBLE
Artigo 9º .-Determinación.
Artigo 10º .-Definicións.
CAPÍTULO 5º .-COTAS TRIBUTARIAS E TARIFAS
Artigo 11º .-Cota tributaria derivada da prestación do servicio de xestión de lixo domiciliario.
Artigo 12º .-Cotas derivadas doutras prestacións ou actividades.
Artigo 13º .-Tarifas.
CAPÍTULO 6º .-PERÍODO IMPOSITIVO E DEVENGO
Artigo 14º .-Período impositivo.
Artigo 15.1º -Devengo.
Artigo 15.2º -Altas e declaracións.
CAPÍTULO 7º .-INGRESO DA DÉBEDA TRIBUTARIA
Artigo 16º .-Ingreso definitivo.
Artigo 17º .-Ingreso caucional.
CAPÍTULO 8º .-INFRACCIÓNS E SANCIÓNS
Artigo 18º .-Réxime xeral.
Artigo 19º .-Compatibilidade.
DISPOSICIÓN FINAL
ANEXO TARIFAS
ORDENANZA FISCAL: TAXA POR RECOLLIDA DE LIXO
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, en relación cos artigos 149 e seguintes, 137 e seguintes da Lei 5/97 do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, dos Estatutos da Mancomunidade de Concellos do Barbanza, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 20 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, modificada pola Lei 25/1998 do 13 de xullo, de modificación do Réxime Local das taxas estatais e locais e de reordenación das prestacións patrimoniais de carácter público, a Mancomunidade de Concellos do Barbanza establece a Taxa por Servicios e Actividades relacionados coa Hixiene á que se refire o artigo 20.4 da Lei 39/88 que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, con normas que atenden ó prevenido no artigo 58 da devandita Lei 39/1988, modificado asimesmo polo artigo 66 da Lei 25/1998 do 13 de xullo.
CAPÍTULO 1º .-FEITO IMPOÑIBLE
Artigo 1º .-Descrición xenérica
1.-Constitúe o feito impoñible da presente taxa, tanto a prestación dos servicios públicos establecidos ou que poidan no futuro establecerse para a xestión das competencias locais en materia de salubridade pública, como a realización daquelas actividades que, provocadas por accións e omisións do suxeito pasivo, mesmo efectuadas sen contravención ás disposicións contidas na normativa vixente, diríxanse á execución dos actos materiais necesarios para a preservación ou restablecemento das condicións de hixiene pública preexistentes á producción da acción ou omisión.
Artigo 2º .-Manifestación do feito impoñible.
1.-Integran o feito impoñible as prestacións de servicios e a realización das actividades que se reseñan seguidamente:
a) A prestación do servicio, de recepción obrigatoria, de xestión de lixo domiciliario e residuos sólidos urbanos de vivendas, aloxamentos, locais e establecementos onde se exerzan actividades comerciais, industriais, profesionais, artísticas, de servicios ou calesquera outras de carácter meramente social efectuadas sen contraprestación.
A xestión de residuos comprende as fases de prerrecollida, recollida e tratamento.
A tal efecto, consideránse lixo domiciliario e residuos sólidos urbanos ós restos e refugallos de alimentación ou detritos procedentes da limpeza ordinaria de vivendas ou locais, excluíndose de tal concepto os residuos de tipo industrial, e materiais de obras, detritos humanos, materias e materiais contaminados, corrosivos e perigosos, e que a súa recollida ou tratamento esixa a adopción de especiais medidas hixiénicas, profilácticas ou de seguridade, tal e como establece a lei 10/1990 de 24 de Abril, ou que non estean comprendidos entre os sinalados pola ordenanza de hixiene urbana con obxecto da prestación obrigatoria do servicio.
b) A utilización das instalacións da Mancomunidade do Barbanza (propias ou conveniadas) para o tratamento daqueles residuos que deban ser recollidos fóra da prestación obrigatoria do servicio e teñan o carácter de residuos asimilables ós urbanos, a efecto de tratamento.
c) A prestación do servicio de limpeza extraordinaria dos lugares nos que teñan sido celebrados calquera sorte de actos públicos previamente autorizados pola administración local, a solicitude obrigatoria dos organizadores dos eventos.
d) A recollida da vía pública, transporte ata o lugar de depósito, permanencia e custodia no mesmo e, no seu caso, posterior devolución, dos vehículos que teñan a consideración de abandoados, segundo o disposto nas disposicións vixentes.
e) A recollida da vía pública, transporte ata o lugar de depósito, permanencia e custodia no mesmo e, no seu caso, posterior devolución dos contedores de residuos de obras da construcción, dos cales a súa ubicación ou permanencia na vía pública contraveña as disposicións vixentes en materia de hixiene urbana.
f) A recollida da vía pública, transporte ata o lugar de depósito, permanencia e custodia no mesmo e, no seu caso, posterior devolución, de carteis, soportes e pancartas, así como a limpeza extraordinaria dos espacios ou instalacións da vía pública que foran utilizados como soporte daqueles elementos, cando os titulares da autorización ou, á falta désta, os autores materiais da súa colocación, incumpriran as obrigas que, respectivamente, lles impoñen as disposicións vixentes.
g) A retirada de cadáveres abandoados de animais, xa se atopen na vía pública, xa en lugar privado, o seu transporte, e o posterior tratamento hixiénico-sanitario dos mesmos.
h) A limpeza de pintadas en valados, muros, fachadas de edificios ou en calquera elemento do mobiliario urbano, cando o autor non obtivese a autorización ou que a pesar dela, cando as pintadas ou pinturas atentaran contra o ornato público.
i) A limpeza e valado con cerramentos permanentes, sitos na aliñación oficial, dos terreos e solares sitos en chan urbano ou urbanizable que linden coa vía pública, cando os seus propietarios ou detentadores por calquera título non lle deran cumprimento ás prevencións establecidas.
k) Calesquera outras actividades ou servicios que, sen estaren comprendidas nas letras anteriores, a súa realización ou prestación pode integrarse no feito impoñible descrito no artigo 1º desta ordenanza.
2.-Ós efectos da taxa, é indiferente que o servicio se preste por xestión directa, a través de órgano mancomunado ou empresas.
CAPÍTULO 2º .-SUXEITOS PASIVOS E RESPONSABLES
Artigo 3º .-Contribuínte
Son suxeitos pasivos, a título de contribuínte, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria que, con referencia ás manifestacións de feito impoñible recollidas no artigo anterior, se atopen nas seguintes posicións:
1º .-En relación á contida na súa letra a):
Os ocupantes ou usuarios das vivendas e locais nos lugares en que se preste o servicio, aínda que sexa esporádicamente, xa o sexan a título de propietarios ou por calquera outro: usufructuario, arrendatario, habitacionista ou mesmo de precario.
2º .-En relación ás contidas nas letras b) e c):
Os solicitantes das correspodentes e preceptivas autorizacións ou, á falta destas, os que materialmente realicen vertidos ou organicen os actos.
3º .-En relación ás contidas nas letras d), e), f) e i):
Os responsables do incumprimento das obrigacións impostas polas disposicións vixentes e que coa súa conducta provocaron a intervención da administración local.
4º .-En relación á contida na letra g):
-Os propietarios dun animal morto que fose abandonado en lugar público ou privado, cando a súa cualidade resulte de rexistro administrativo.
-Os causantes directos da morte do animal, por atropelo ou por outra acción, cando non se deducirá de rexistro administrativo a identidade do propietario do animal morto.
5º .-En relación á contida na letra h):
-As persoas ou entidades subscribintes do texto da pintada ou do motivo da pintura.
-Os autores materiais das mesmas, cando non estean asinadas.
-Os donos dos elementos de propiedade obxecto da limpeza das pintadas ou pinturas, cando non conste á administración local a identidade dos anteriores.
6º .-En relación ás contidas na letra k):
Os suxeitos beneficiarios ou afectados pola prestación ou realización dos servicios ou actividades.
Artigo 4º .-Substituto do contribuínte
Terá a consideración de suxeito pasivo substituto do contribuínte ó que se refire o artigo 3.1º desta Ordenanza, o propietario das vivendas ou locais, así como as comunidades de propietarios -ás que poderán xirarse a totalidade das cotas que correspondan ó inmoble- , sen prexuízo de que uns e outros, no seu caso, poidan repercuti-las cotas satisfeitas sobre os usuarios, beneficiarios do servicio, conforme o artigo 23.2 a) da Lei 39/1988, de 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais.
Artigo 5º .-Concorrencia de suxeitos pasivos.
A concorrencia de dúas ou máis persoas físicas ou xurídicas ou entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei Tributaria na posición de suxeitos pasivos, determinará a responsabilidade solidaria dos concorrentes fronte á Facenda municipal ou da Mancomunidade.
Artigo 6º .-Outros responsables.
1. Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ás que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades en xeral nos supostos e co alcance regulado no artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
CAPÍTULO 3º .-BENEFICIOS FISCAIS.
Artigo 7º .-Exencións e bonificacións.
Non se concederá ningunha exención ou bonificación no pago da taxa, salvo que por Lei estatal se establecese outra cousa.
Artigo 8º .-Reduccións.
Non serán aplicables outros beneficios fiscais que os expresamente previstos en normas con rango de lei e os derivados da aplicación de tratados internacionais.
CAPÍTULO 4º .- BASE IMPOÑIBLE
Artigo 9º .-Determinación.
A base impoñible da taxa determinarase en atención ás seguintes circunstancias:
a) A natureza, situación e destino dos lugares ou espacios ocupados polos suxeitos pasivos, no suposto de prestación do servicio de xestión de lixo domiciliario e demais residuos sólidos asimilables.
b) A natureza, características e intensidade do resto de servicios prestados ou actividades realizadas en materia de hixiene pola Mancomunidade do Barbanza.
Artigo 10º .-Definicións.
Ós efectos desta taxa, os elementos determinantes da base impoñible que aparecen reseñados nas correspondentes tarifas, responden ás seguintes definicións:
- Vivendas: Domicilios de carácter familiar e pensións que non excedan de 10 prazas.
- Aloxamentos: Lugares de convivencia colectiva non familiar, entre os que se inclúen hoteis, hostais, pensións, residencias, colexios e demais centros de natureza análoga, que excedan de 10 prazas.
- Locais: Lugares ou establecementos susceptibles de seren adicados ó exercicio de actividades comerciais, industriais, profesionais, de servicios ou calquera outra, incluídas as de carácter meramente social efectuadas sen contraprestación económica.
- Grandes almacéns: Aqueles nos que se exerza unha actividade de comercio ó por menor en sectores distintos ó agro-alimentario, e que a súa superficie total, sen ningunha exclusión, sexa superior a 500 m2. No caso de concorrencia de calquera actividade comercial con outras agroalimentarias, cualificarase ó establecemento de gran almacén cando a superficie destinada á atención ó público nas actividades comerciais sexa maior que nas agroalimentarias.
- Fábricas e talleres industriais: Establecementos onde se recibe, elabora ou transforman as materias primas en productos elaborados ou semielaborados.
- Vehículos abandonados: Os referidos na ordenanza de hixiene urbana ou regulamentación do servicio que se aprobe.
- Contedores para obras: Os que conteñan materiais utilizados na construcción ou derruba de edificacións.
- Grandes productores de residuos: Tódolos locais, actividades e en xeral suxeitos pasivos que teñan unha producción media diaria superior ós 2.000 litros ou ós 300 kg. de residuos.
CAPÍTULO 5º .-COTAS TRIBUTARIAS E TARIFAS.
Artigo 11º .-Cota tributaria derivada da prestación do servicio de xestión de lixo domiciliario.
1. A cota tributaria consistirá nunha cantidade fixa, por unidade de vivenda ou local, cunha contía que se determinará en función da natureza, destino dos inmobles e producción media diaria de lixo.
2. As cotas esixibles pola prestación do Servicio de Xestión de Lixo son as fixadas na Tarifa nº 1 que contén o Anexo I da presente ordenanza.
Artigo 12º .-Cotas derivadas doutras prestacións ou actividades.
1. A cota tributaria consistirá nunha cantidade fixa, cunha contía que se determinará:
a) Por sinalamento específico nas Tarifas correspondentes.
b) Por adición das cotas parciais, correspondentes a cada unha das fases en que sexa fraccionada a prestación do servicio ou realización da actividade.
2. As cotas ás que se refire este artigo, son as fixadas nas tarifas 2ª a 8ª desta ordenanza.
Artigo 13º .-Tarifas.
As Tarifas vixentes, desglosadas nos seus diferentes epígrafes, recóllense no Anexo I da presente ordenanza.
Estas tarifas sufrirán un incremento anual automático igual ó IPC oficial correspondente ó ano natural anterior.
CAPÍTULO 6º .-PERÍODO IMPOSITIVO E DEVENGO.
Artigo 14º .-Período impositivo
Para aquelas prestacións de servicios públicos locais establecidos con carácter permanente, xa sexan a súa execución material continua ou esporádica, o período impositivo coincidirá co período obxecto de cobro, conforme ó disposto no artigo 16 desta ordenanza.
Artigo 15º .1.-Devengo
1º .-Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír dende o momento no que se inicie a prestación do servicio ou a realización da actividade.
2º .-En referencia á prestación do servicio de xestión do lixo domiciliario e residuos sólidos urbanos asimilables, enténdese que tal acontece o primeiro día de cada ano natural, cando estea establecido e en funcionamento o devandito servicio nas rúas ou lugares onde se ubiquen as vivendas, locais e aloxamentos susceptibles de ser ocupados ou utilizados polos contribuíntes suxeitos á taxa, con independencia do tempo de ocupación do local ou vivenda ó longo do ano e de que dita ocupación se refira á totalidade ou parte da finca. A tales efectos, considérase que un inmoble é susceptible de ser ocupado ou utilizado cando o mesmo dispoña de luz e auga, debendo o interesado acreditar documentalmente, no seu caso, a indisponibilidade dos citados subministros.
Artigo 15.2.-Altas e declaracións
1.-Produciranse as altas no padrón de recollida do lixo de vivendas coa correspondente alta a efectos do imposto sobre bens inmobles.
De non practicarse a correspondente declaración de alta no imposto sobre bens inmobles, sen prexuízo de que o propio concello poida declarala de oficio, estarase incorrendo en infracción cualificada como grave no artigo 79 b) da Lei 25/1995, do 20 de xullo, de modificación parcial da Lei Xeral Tributaria. Sen embargo, poderá obviarse a infracción tributaria para os efectos exclusivos da presente taxa, así como a correspondente sanción, coa presentación de instancia ou escrito no que se formula declaración de alta no padrón de taxa de recollida de lixo de vivendas.
2.-En relación con locais, comerciais, industriais ou profesionais, entenderase como declaración de alta a solicitude de preceptiva licencia de actividades e instalacións, tendo efectos dende a data de concesión ou comenzo efectivo da actividade, podendo, así mesmo, actuar do oficio a administración municipal.
3.-Os locais valeiros tributarán como vivendas, previa solicitude dos suxeitos pasivos.
4.-Para locais que, non sendo vivendas, excepcionalmente non precisaran de licencia de actividades e instalacións, os titulares deberán presentar formalmente declaración do exercicio da actividade no prazo dun mes desde o seu inicio, a efectos da súa inclusión no padrón da taxa.
5.-Os titulares de actividades deberán formular declaración de baixa cando cesen naquelas.
6.-Os suxeitos pasivos desta taxa deberán cubri-las súas declaracións con indicación certa e completa do enderezo fiscal e número de identificación fiscal..
CAPÍTULO 7º .-INGRESO DA DÉBEDA TRIBUTARIA
Artigo 16º .-Ingreso definitivo
1º .-O cobro das cotas referidas na tarifa número 1 desta Ordenanza, efectuarase mediante recibo no prazo que determine a notificación ós interesados que practique a administración de tributos , no caso de producirse a alta no servicio. No sucesivo e sen mediar notificación, publicarase o período de cobranza do correspondente padrón fiscal desta taxa.
2º .-O cobro das cotas derivadas da aplicación das restantes tarifas será realizado de forma directa polo órgano de xestión de servicio.
Artigo 17º .-Ingreso caucional
1º .-Cando a prestación do servicio ou a realización da totalidade ou de parte dos actos materiais en que se concreta a intervención administrativa se produza a petición obrigatoria de parte, o contribuínte, conforme ó establecido no artigo 26 da Lei 39/1988, quedará obrigado a depositar, no momento da autorización da súa solicitude, o importe íntegro da cota correspondente á tarifa aplicable, requisito sen o cal non continuará a administración local na execución dos actos materiais precisos para ultima-lo servicio ou actividade.
2º .-O anterior será especialmente aplicable ós supostos nos que a actuación administrativa se tivera concretado no depósito e custodia de vehículos abandonados, contedores de residuos de obras ou pancartas e carteis, trala súa retirada da vía pública, nos termos establecidos, da cal a súa devolución ó titular só se efectuará trala constitución do depósito mentado no número anterior, por canto sen ela se non continuará coa execución dos actos materiais tendentes á devolución dos bens depositados: identificación e comprobación de titulares, exame da licencia e dos residuos a fin de determina-lo seu carácter e o tratamento ó que deben someterse, busca dos bens, comprobación do seu estado e entrega material, con uso dos medios humanos e, no seu caso, mecánicos precisos para levala a cabo.
CAPÍTULO 8º .-INFRACCIÓNS E SANCIÓNS
Artigo 18º .-Réxime xeral
1º . En todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.
2º . A imposición de sancións non suspenderá, en ningún caso, a liquidación e cobro das cotas devengadas.
Artigo 19º .-Compatibilidade
A exacción das taxas que pola presente ordenanza se establecen, non exclúe o pago das sancións ou multas que procederán por infracción da ordenanza de hixiene urbana que se aprobe no seu caso e demais normativa legal vixente.
Disposición final
A presente ordenanza fiscal, con redacción definitiva, foi aprobada polo Pleno do Concello do Brión en sesión celebrada o 30 de outubro de 2.003. Non existindo reclamacións á mesma, considérase elevada a definitiva, sendo de aplicación a partir do día 1 de xaneiro de 2.004, e permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación.
ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR RECOLLIDA DE LIXO
ANEXO: TARIFAS
Contra a aprobación da modificación desta ordenanza poderán os interesados interpoñer recurso contencioso administrativo perante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto no Boletín Oficial da Provincia.
Brión, 24 de decembro de 2003.
O alcalde, José Luis García García.
|
Reg. 13586-x |
|