{"id":1931,"date":"2024-08-23T09:59:08","date_gmt":"2024-08-23T09:59:08","guid":{"rendered":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/noticias\/traballadoras-municipais-de-brion-e-nigran-culminan-asistencias-tecnicas-en-cabo-verde\/"},"modified":"2024-08-23T09:59:08","modified_gmt":"2024-08-23T09:59:08","slug":"traballadoras-municipais-de-brion-e-nigran-culminan-asistencias-tecnicas-en-cabo-verde","status":"publish","type":"noticias","link":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/noticias\/traballadoras-municipais-de-brion-e-nigran-culminan-asistencias-tecnicas-en-cabo-verde\/","title":{"rendered":"Traballadoras municipais de Bri\u00f3n e Nigr\u00e1n culminan as asistencias t\u00e9cnicas en Cabo Verde"},"content":{"rendered":"<p>As d\u00faas traballadoras municipais de Bri\u00f3n e Nigr\u00e1n que ao longo deste mes achegaron a s\u00faa asistencia t\u00e9cnica en Cabo Verde culminan esta semana a s\u00faa experiencia no programa <strong>Especialistas en Cooperar<\/strong>, impulsado polo<a href=\"http:\/\/www.fondogalego.org\"> Fondo Galego de Cooperaci\u00f3n e Solidariedade<\/a> e financiado pola Agencia Espa\u00f1ola de Cooperaci\u00f3n Internacional al Desarrollo. O presidente do Fondo Galego e alcalde de Nigr\u00e1n, Juan Gonz\u00e1lez, at\u00f3pase tam\u00e9n no arquip\u00e9lago africano para afianzar as relaci\u00f3ns de colaboraci\u00f3n cos municipios caboverdianos e coa propia AECID.<\/p>\n<p>Nas \u00faltimas tres semanas, a axente de emprego e desenvolvemento local do Concello de Bri\u00f3n, Lola Landeira, e a xefa de brigada de incendios nigranesa, Carla P\u00e9rez, percorreron o <strong>Municipio do Tarrafal<\/strong> para identificar tanto as necesidades como as potencialidades que presenta. Neste senso, entrevist\u00e1ronse con organizaci\u00f3ns de mulleres, comunidades mari\u00f1eiras, asociaci\u00f3ns agr\u00edcolas, veci\u00f1as emprendedoras, etc. a fin de elaborar unha diagnose inicial, que ser\u00e1 o punto de partida dun programa a catro anos para promover o <strong>desenvolvemento econ\u00f3mico local sustentable e participativo<\/strong> do concello.<\/p>\n<p>\u201cFoi unha experiencia moi positiva na que puidemos co\u00f1ecer de primeira man a realidade do territorio\u201d, comenta <strong>Lola Landeira<\/strong>, para quen \u201ca grande dificultade \u00e9 a escaseza de auga\u201d. \u201cSolventando este problema, Tarrafal ten moitas posibilidades no eido da agricultura, a pesca e o turismo\u201d, precisa, e apunta que \u201ccoas mulleres se poden impulsar pequenos negocios e tam\u00e9n outros m\u00e1is grandes relacionados coa transformaci\u00f3n do produto local\u201d.<\/p>\n<p>\u201cO fundamental \u00e9 proporcionarlles ferramentas \u00e1s persoas para que poidan emprender, mellorando a s\u00faa calidade de vida e favorecendo a actividade agropecuaria para fixar a poboaci\u00f3n e que non te\u00f1an que emigrar\u201d, en palabras de <strong>Carla P\u00e9rez<\/strong>, que tam\u00e9n se amosou \u201cmoi satisfeita da experiencia, da aprendizaxe e de poder co\u00f1ecer as dificultades da veci\u00f1anza, principalmente ligadas \u00e1 falta de auga e formaci\u00f3n\u201d.<\/p>\n<p>O <strong>presidente do Fondo Galego<\/strong> acompa\u00f1ou esta semana \u00e1s d\u00faas t\u00e9cnicas na supervisi\u00f3n dos puntos m\u00e1is estrat\u00e9xicos para establecer futuros proxectos de cooperaci\u00f3n internacional, logo de ser <strong>recibido na C\u00e2mara<\/strong> Municipal do Tarrafal, co presidente Jos\u00e9 dos Reis \u00e1 fronte. Juan Gonz\u00e1lez visitou asemade o Municipio de S\u00e3o Miguel da man do seu rexedor e presidente da <strong>Asociaci\u00f3n Nacional de Municipios de Cabo Verde<\/strong>. O alcalde de Nigr\u00e1n reuniuse tam\u00e9n esta ma\u00f1\u00e1 coa coordinadora da <strong>AECID <\/strong>no pa\u00eds lus\u00f3fono, Patricia Ramos, que valorou positivamente os resultados do programa <a href=\"https:\/\/fondogalego.gal\/tecnicas-municipais-de-brion-e-nigran-apoian-o-desenvolvemento-local-en-cabo-verde\/\">Especialistas en Cooperar<\/a>, apoiado pola axencia a trav\u00e9s da Confederaci\u00f3n de Fondos de Cooperaci\u00f3n y Solidaridad. Ademais de impulsar esta ferramenta de cooperaci\u00f3n t\u00e9cnica, Ramos apostou por estreitar a coordinaci\u00f3n co Fondo Galego en futuros proxectos sobre o terreo. Pola s\u00faa parte, Gonz\u00e1lez ratificou que tanto nesta como nas demais xuntanzas institucionais \u201cquedou patente a disposici\u00f3n a <strong>seguir colaborando para promover o desenvolvemento<\/strong> dos concellos caboverdianos\u201d.<\/p>\n<p><strong>Cooperaci\u00f3n t\u00e9cnica<\/strong><br \/>\nA <a href=\"https:\/\/www.confederaciondefondos.org\/2023\/07\/27\/claves-para-entender-la-cooperacion-tecnica-municipal\/\">cooperaci\u00f3n t\u00e9cnica<\/a> \u00e9 unha das ferramentas m\u00e1is potentes e distintivas da cooperaci\u00f3n internacional ao desenvolvemento impulsada polos gobernos locais, pois sup\u00f3n <strong>aproveitar o know how dos municipios<\/strong> para reforzar as capacidades das administraci\u00f3ns p\u00fablicas e asociaci\u00f3ns das sociedades m\u00e1is desfavorecidas, facilitando respostas profesionais e formaci\u00f3n adecuada \u00e1s s\u00faas necesidades. Ese \u00e9 precisamente o principal obxectivo de Especialistas en Cooperar, que tam\u00e9n favorece o <strong>intercambio de experiencias<\/strong> e un maior co\u00f1ecemento da realidade dos pa\u00edses que o Fondo Galego est\u00e1 a apoiar.<\/p>\n<p>A trav\u00e9s de Especialistas en Cooperar e mais do anterior programa de voluntariado internacional para persoal municipal, Vacaci\u00f3ns con Traballo, desde o ano 2005 un total de <strong>53 empregadas e empregados da administraci\u00f3n local<\/strong> te\u00f1en colaborado cos parceiros do Fondo Galego de Cooperaci\u00f3n e Solidariedade en Nicaragua, Cuba, Per\u00fa, Mozambique e Cabo Verde, contribu\u00edndo as\u00ed \u00e1 mellora da calidade de vida da poboaci\u00f3n e xerando fluxos de co\u00f1ecemento compartido. A reconfiguraci\u00f3n do programa, que se retomou en 2022 tras ficar suspendido por mor da Covid-19, busca potenciar a s\u00faa dimensi\u00f3n de cooperaci\u00f3n t\u00e9cnica no marco da Axenda 2030 e dos <a href=\"https:\/\/www.un.org\/sustainabledevelopment\/es\/objetivos-de-desarrollo-sostenible\/\">Obxectivos de Desenvolvemento Sostible<\/a>.<\/p>\n<p><strong>O Fondo Galego<\/strong><br \/>\nO Fondo Galego de Cooperaci\u00f3n e Solidariedade est\u00e1 integrado por 113 concellos e as deputaci\u00f3ns de Pontevedra, A Coru\u00f1a e Lugo, que concentran a trav\u00e9s desta rede os seus esforzos no eido da cooperaci\u00f3n ao desenvolvemento. Gar\u00e1ntese deste xeito unha xesti\u00f3n profesional e transparente, as\u00ed como a realizaci\u00f3n de proxectos con impacto nos pa\u00edses do Sur Global e a sensibilizaci\u00f3n da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. <strong>Reco\u00f1ecido como axencia municipal da cooperaci\u00f3n galega<\/strong>, o Fondo Galego v\u00e9n de cumprir 25 anos tendo apoiado uns 200 proxectos en m\u00e1is de trinta pa\u00edses e promovendo numerosas actividades e materiais en relaci\u00f3n aos desequilibrios Norte-Sur e a Axenda 2030.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O presidente do Fondo Galego de Cooperaci\u00f3n e alcalde de Nigr\u00e1n, Juan Gonz\u00e1lez, re\u00fanese coa AECID e cos concellos do arquip\u00e9lago africano<\/p>\n","protected":false},"featured_media":1930,"template":"","meta":{"_start_date":"","_end_date":"","_formatted_date":"","_start_time":"","_end_time":"","_extra_info":"","_acta_year":"","_acta_date":"","_post_attachments":[]},"categories":[],"class_list":["post-1931","noticias","type-noticias","status-publish","has-post-thumbnail","hentry"],"categories_data":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/noticias\/1931","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/noticias"}],"about":[{"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/noticias"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1930"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1931"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1931"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}