{"id":1905,"date":"2025-03-25T13:35:45","date_gmt":"2025-03-25T13:35:45","guid":{"rendered":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/noticias\/representantes-municipais-do-tarrafal-cabo-verde-visitan-brion-para-conecer-o-espazo\/"},"modified":"2025-03-25T13:35:45","modified_gmt":"2025-03-25T13:35:45","slug":"representantes-municipais-do-tarrafal-cabo-verde-visitan-brion-para-conecer-o-espazo","status":"publish","type":"noticias","link":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/noticias\/representantes-municipais-do-tarrafal-cabo-verde-visitan-brion-para-conecer-o-espazo\/","title":{"rendered":"Representantes municipais do Tarrafal (Cabo Verde) visitan Bri\u00f3n para co\u00f1ecer o espazo colaborativo Transformando en Bri\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p>O alcalde de Bri\u00f3n, Pablo Lago Sanmart\u00edn, recibiu esta ma\u00f1\u00e1 ao seu hom\u00f3logo do municipio caboverdiano do Tarrafal, Jos\u00e9 dos Reis, e o concelleiro de Agricultura e Sanidade, Osvaldo Chantre, interesados en co\u00f1ecer a experiencia do espazo colaborativo \u201cTransformando en Bri\u00f3n\u201d como exemplo de boas pr\u00e1cticas para a comercializaci\u00f3n de produtos do sector primario local. Unha visita na que estiveron acompa\u00f1ados pola xerente do GDR Terras de Compostela, Chefa Fern\u00e1ndez; e as concelleiras de Promoci\u00f3n Econ\u00f3mica, Guarina Rey; Servizos Sociais, Rosa Romero; e Cultura, Sandy Cebral.<\/p>\n<p>Pablo Lago ofreceulles toda a colaboraci\u00f3n do Concello de Bri\u00f3n e desexoulles \u201cque esta viaxe sexa enriquecedora\u201d, po\u00f1endo en valor a experiencia pioneira do coworking brion\u00e9s \u201cque serviu de exemplo e est\u00e1 sendo reproducido noutros municipios de Galicia por ser quen de xuntar a un grupo de pequenos e pequenas produtores de froitas e produtos da hora que atopan nestas instalaci\u00f3ns a mellor opci\u00f3n para transformar e comercializar os seus produtos\u201d.<\/p>\n<p>Pola s\u00faa banda, Jos\u00e9 dos Reis convidou aos presentes a visitar Tarrafal, \u201cun municipio hist\u00f3rico e o m\u00e1is tur\u00edstico da Illa de Santiago. Temos potenciais de turismo hist\u00f3rico e cultural porque temos un rico patrimonio, como o museo do Campo de Concentraci\u00f3n de Tarrafal que \u00e9 o sitio m\u00e1is visitado de Cabo Verde. \u00c9 un municipio para co\u00f1ecer, visitar e investir\u201d. As\u00ed mesmo, indicou que con esta visita \u201cqueremos aprender da vosa experiencia no sector primario e que poida dar froitos en beneficio dos nosos veci\u00f1os\u201d, amosando o seu interese pola colaboraci\u00f3n do Concello \u00e1 hora de obter os permisos sanitarios que permitan a comercializaci\u00f3n dos produtos.<\/p>\n<p>A delegaci\u00f3n caboverdiana fixo unha visita guiada \u00e1s instalaci\u00f3ns do espazo colaborativo \u201cTransformando en Bri\u00f3n\u201d, pertencente \u00e1 Rede Provincial de Coworking da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a e emprazado no terceiro andar do centro comercial Montebalado. Unha visita guiada por Carme Freire, da asociaci\u00f3n Daqu\u00ed Darredor, durante a que puideron degustar un almorzo composto por produtos elaborados por usuarios e usuarias do coworking. Finalmente, a expedici\u00f3n visitou unha horta na aldea de Trasouteiro e propiedade dun dos asociados ao coworking.<\/p>\n<p><strong>Proxecto en Tarrafal<\/strong><\/p>\n<p>Esta visita est\u00e1 encadrada no proxecto \u201cApoio ao Desenvolvemento Econ\u00f3mico Local do Municipio do Tarrafal\u201d, impulsado polo Fondo Galego, en colaboraci\u00f3n co Concello de Bri\u00f3n. e cofinanciado pola Axencia Espa\u00f1ola de Cooperaci\u00f3n Internacional ao Desenvolvemento (AECID), a trav\u00e9s da Confederaci\u00f3n de Fondos de Cooperaci\u00f3n e Solidariedade. Un proxecto que botou a andar en 2024, cando a axente de emprego e desenvolvemento local do Concello de Bri\u00f3n, Lola Landeira, e a xefa de brigada de incendios de Nigr\u00e1n, Carla P\u00e9rez, se desprazaron ao Tarrafal co programa de cooperaci\u00f3n t\u00e9cnica Especialistas en Cooperar para identificar as necesidades e potencialidades da zona, como punto de partida para unha colaboraci\u00f3n a catro anos.<\/p>\n<p>Ma\u00f1\u00e1 m\u00e9rcores, 26 de marzo, Jos\u00e9 dos Reis e Osvaldo Chantre presentar\u00e1n o proxecto de apoio ao desenvolvemento local do Tarrafal na Asemblea Xeral do Fondo Galego, que ter\u00e1 lugar \u00e1s 11:00 horas no Centro Cultural Marcos Valc\u00e1rcel, exercendo a Deputaci\u00f3n de Ourense como anfitrioa. Pola tarde desprazaranse a unha granxa en Pant\u00f3n, mentres que o xoves co\u00f1ecer\u00e1n unha cooperativa de horta ecol\u00f3xica en\u00a0 Oza-Cesuras. A xornada do venres desenvolverase no Concello da Laracha, con visitas a unha granxa e a unha planta de envasado e mais encontros con asociaci\u00f3ns. Os representantes municipais de Cabo Verde ir\u00e1n o s\u00e1bado a Salceda de Caselas para co\u00f1ecer unha produtora c\u00e1rnica e tam\u00e9n o labor da Asociaci\u00f3n Veci\u00f1al, Agr\u00edcola e Cultural San Tom\u00e9 de Parderrubias. A axenda pecharase o luns 31 no Concello de Burela, onde se reunir\u00e1n coa confrar\u00eda e con armadores, ademais de achegarse ata o barco-museo boniteiro.<\/p>\n<p><strong>O Fondo Galego<\/strong><\/p>\n<p>O Fondo Galego de Cooperaci\u00f3n e Solidariedade est\u00e1 integrado por 115 concellos e as catro deputaci\u00f3ns de Galicia, que concentran a trav\u00e9s desta rede os seus esforzos no eido da cooperaci\u00f3n ao desenvolvemento. Gar\u00e1ntese deste xeito unha xesti\u00f3n profesional e transparente, as\u00ed como a realizaci\u00f3n de proxectos con impacto nos pa\u00edses do Sur Global e a sensibilizaci\u00f3n da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Reco\u00f1ecido como axencia municipal da cooperaci\u00f3n galega, o Fondo Galego vai cumprir 28 anos tendo apoiado uns 200 proxectos en m\u00e1is de trinta pa\u00edses e promovendo numerosas actividades e materiais en relaci\u00f3n aos desequilibrios Norte-Sur e a Axenda 2030.<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A visita incl\u00faese no proxecto de apoio a este municipio promovido polo Fondo Galego de Cooperaci\u00f3n e Solidariedade no que o Concello de Bri\u00f3n participou co env\u00edo dunha t\u00e9cnica municipal a Cabo Verde<\/p>\n","protected":false},"featured_media":1904,"template":"","meta":{"_start_date":"","_end_date":"","_formatted_date":"","_start_time":"","_end_time":"","_extra_info":"","_acta_year":"","_acta_date":"","_post_attachments":[]},"categories":[],"class_list":["post-1905","noticias","type-noticias","status-publish","has-post-thumbnail","hentry"],"categories_data":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/noticias\/1905","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/noticias"}],"about":[{"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/noticias"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1904"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1905"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1905"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}