{"id":1897,"date":"2022-06-10T14:52:34","date_gmt":"2022-06-10T14:52:34","guid":{"rendered":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/noticias\/regresan-brion-os-encontros-coa-arte-editado\/"},"modified":"2022-06-10T14:52:34","modified_gmt":"2022-06-10T14:52:34","slug":"regresan-brion-os-encontros-coa-arte-editado","status":"publish","type":"noticias","link":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/noticias\/regresan-brion-os-encontros-coa-arte-editado\/","title":{"rendered":"Regresan a Bri\u00f3n os Encontros coa Arte [Editado]"},"content":{"rendered":"<p>Vinte e tres artistas chegados dende distintos puntos do Estado compartir\u00e1n en Bri\u00f3n unhas xornadas de convivencia e intercambio art\u00edsticos coa veci\u00f1anza durante a fin de semana do 17 ao 19 de xu\u00f1o. Un Encontro coa Arte que este ano homenaxear\u00e1 a Laxeiro, unha das figuras m\u00e1is senlleiras da nosa pintura.<\/p>\n<p>Ademais dos tradicionais obradoiros de pintura do natural que se realizar\u00e1n en lugares tan significativos como Noia (cambiase o Paseo do R\u00edo Pego por previsi\u00f3n de choiva), a Carballeira de Santa Minia ou Ponte Maceira, as xornadas incluir\u00e1n uns talleres de t\u00e9cnica art\u00edstica dirixidos ao alumnado do CEIP de Pedrouzos, a inauguraci\u00f3n da mostra das obras doadas ao Concello no \u00faltimo Encontro celebrado en 2019, unha actuaci\u00f3n musical a cargo de Xo\u00e1n Eiriz, o Mercado da Arte e tam\u00e9n un concurso de pintura e debuxo dirixido aos m\u00e1is novos.<\/p>\n<p>Os artista que van participar na edici\u00f3n de 2022 son Alba Roqueta, Ant\u00f3n Sobral, Beatriz Ansede, Camilo Seira, Carmen Hermo, Chelo Rodr\u00edguez, Frutos Casado de Lucas, Jos\u00e9 A. Regidor, Jos\u00e9 Galarzo, Laureano Vidal, Manuel Ayaso, Manuel M\u00e9ndez, Mar\u00eda Carmen Mart\u00ednez, Mar\u00eda Xes\u00fas D\u00edaz, Paco Casal, Rafael Arroyo, Ricardo de Arce, Ricardo Rilo, Siro, Tino Canicoba, Veiras Manteiga, Xos\u00e9 V\u00e1zquez Castro y Xos\u00e9 Vizoso.<\/p>\n<p><strong>Venres 17, comeza o Encontro coa Arte: Lembrando a Laxeiro<\/strong><\/p>\n<p>O venres arranca a programaci\u00f3n do encontro cun obradoiro de pintura de acuarela dirixido ao alumnado do CEIP de Pedrouzos e impartido polos artistas Jos\u00e9 A. Regidor, Frutos Casado de Lucas, Jos\u00e9 Galarzo e Mar\u00eda Carmen Mart\u00ednez, verdadeiros especialistas nesta t\u00e9cnica.<\/p>\n<p>Pola tarde, de 17:00 a 20:00 h. os pintores trasladar\u00e1n os seus cabaletes ata Ponte Maceira, lugar onde iniciar\u00e1n a primeira das xornadas de pintura do natural. M\u00e1is tarde, \u00e1s 21:30 h., trasladaranse \u00e1 Sala Municipal de Exposici\u00f3ns (Casa da Cultura) en Pedrouzos onde ter\u00e1 lugar a inauguraci\u00f3n da mostra das obras doadas no XIV Encontro coa Arte celebrado en 2019 e dedicado a Ant\u00f3n Fraguas.<\/p>\n<p><strong>S\u00e1bado 18, cambia para o domingo a celebraci\u00f3n do concurso de debuxo e pintura r\u00e1pidos<\/strong><\/p>\n<p>O s\u00e1bado, a partir das 10:00 h. (aproximadamente), os artistas trasladar\u00e1n os seus obradoiros de pintura ata a vila de Noia (en substituci\u00f3n do Paseo do R\u00edo Pego por previsi\u00f3n de choiva), onde permanecer\u00e1n ata as 19:00 h. Neste espazo inspiraranse para realizar as s\u00faas obras e o p\u00fablico que desexe poder\u00e1 acompa\u00f1alos e contemplar todo o proceso creativo que aparella a execuci\u00f3n dunha pintura.<\/p>\n<p>O Concurso de Pintura e Debuxo dirixido a p\u00fablico infantil e xuvenil traslada a s\u00faa data e lugar de celebraci\u00f3n ao domingo 19 e \u00e1 Carballeira de Santa Minia. Informaci\u00f3n sobre as bases de participaci\u00f3n na seguinte <a href=\"https:\/\/drive.google.com\/file\/d\/1WIxqlfNJjRUkO-1Tjy2TdCcQUuKzU6Nx\/view?usp=sharing\">ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p>A xornada do s\u00e1bado concluir\u00e1 \u00e1s 21:00 h. cun recital a cargo de Xo\u00e1n Eiriz que presentar\u00e1 no Centro Social o espect\u00e1culo <em>\u00abAmada Rosal\u00eda\u201d<\/em>. A entrada ser\u00e1 de balde ata completar aforo.<\/p>\n<p><strong>Domingo 19, concurso de pintura e peche das xornadas<\/strong><\/p>\n<p>De 9:30 a 13.30 h. a Carballeira de Santa Minia acoller\u00e1 a terceira xornada de pintura do natural, derradeira oportunidade deste Encontro para contemplar a creatividade e t\u00e9cnica dos artistas participantes. Tam\u00e9n se celebrar\u00e1 neste mesmo espazo o Concurso de Pintura e Debuxo Infantil-Xuvenil previsto para o s\u00e1bado. Unha vez remate a sesi\u00f3n, entregaranse os premios do Concurso \u00e1s obras mellor valoradas.<\/p>\n<p>Durante as tres xornadas do Encontro, a Sala Municipal de Exposici\u00f3ns da Casa da Cultura acoller\u00e1 un Mercado da Arte onde o p\u00fablico que o desexe poder\u00e1 visitar e adquirir obras dos distintos artistas participantes no Encontro. Este mercado estar\u00e1 aberto o venres de 16:30 a 21:00 horas, o s\u00e1bado de 9:30 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas e o domingo de 9:30 a 13:30 horas.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Despois da interrupci\u00f3n provocada pola pandemia, regresa a Bri\u00f3n o Encontro coa Arte, unha actividade de dinamizaci\u00f3n e difusi\u00f3n das belas artes que se celebrar\u00e1 os d\u00edas 17, 18 e 19 de xu\u00f1o.<\/p>\n","protected":false},"featured_media":1896,"template":"","meta":{"_start_date":"","_end_date":"","_formatted_date":"","_start_time":"","_end_time":"","_extra_info":"","_acta_year":"","_acta_date":"","_post_attachments":[]},"categories":[],"class_list":["post-1897","noticias","type-noticias","status-publish","has-post-thumbnail","hentry"],"categories_data":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/noticias\/1897","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/noticias"}],"about":[{"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/noticias"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1896"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1897"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1897"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}