{"id":1869,"date":"2022-05-18T17:09:02","date_gmt":"2022-05-18T17:09:02","guid":{"rendered":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/noticias\/paula-carballeira-recolle-o-iv-premio-laudamuco-por-dentes-de-coello\/"},"modified":"2022-05-18T17:09:02","modified_gmt":"2022-05-18T17:09:02","slug":"paula-carballeira-recolle-o-iv-premio-laudamuco-por-dentes-de-coello","status":"publish","type":"noticias","link":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/noticias\/paula-carballeira-recolle-o-iv-premio-laudamuco-por-dentes-de-coello\/","title":{"rendered":"Paula Carballeira recolle o IV Premio Laudamuco por \u201cDentes de coello\u201d"},"content":{"rendered":"<p>A actriz e escritora Paula Carballeira Cabana \u00a0(Fene, 1972) recolleu o IV Premio Laudamuco para textos teatrais en galego, que lle foi entregado pola concelleira de Cultura do Concello de Bri\u00f3n, Sandy Cebral G\u00f3mez, durante un acto celebrado na noite de onte luns 16 de maio, coincidindo co 44 aniversario da posta en escena de <em>\u201cLaudamuco se\u00f1or de ningures\u201d<\/em>,\u00a0 obra de Roberto Vidal Bola\u00f1o que marca o nacemento do teatro profesional galego. <\/p>\n<p>Paula Carballeira, actualmente residente en Teo, concorreu ao certame coa obra \u2018<em>Dentes de coello\u201d<\/em>, pola que recibir\u00e1 un premio de 7.000 euros e a edici\u00f3n da s\u00faa obra, cuxos primeiros exemplares foron entregados onte mesmo entre o medio cento de persoas asistentes. Unha edici\u00f3n realizada por Edici\u00f3ns Positivas que, xunto coa Academia Galega de Teatro, colaboran co Concello de Bri\u00f3n \u201cnesta viaxe de po\u00f1er en marcha e manter o premio anual m\u00e1is importante do teatro en galego\u201d, salientou Sandy Cebral.<\/p>\n<p><strong>Atraer xente nova<\/strong><\/p>\n<p>No seu discurso de agradecemento, unha emocionada Paula Carballeira agradeceu ao Concello de Bri\u00f3n, \u00e1 Academia Galega de Teatro e a Edici\u00f3ns Positivas o seu esforzo na convocatoria deste premio: \u201ce importante para a cultura galega en xeral, e para os escritores en particular, sentirnos arroupados\u201d. Carballeira Cabana puxo en valor o teatro\u00a0 porque \u201cfomenta a imaxinaci\u00f3n como ning\u00fan outro x\u00e9nero. Ler unha obra de teatro e crear unha posta en escena, unha luz, unhas interpretaci\u00f3ns, unha m\u00fasica, uns personaxes&#8230; \u00e9 un x\u00e9nero completo\u201d.<\/p>\n<p>Sobre a obra ga\u00f1adora, Paula Carballeira asegurou que con <em>\u201cDentes de coello\u201d<\/em> \u201ca mi\u00f1a intenci\u00f3n \u00e9 que, se finalmente se monta, quizais a vise moita xente nove. \u00c9 un intento por atraer xente nova ao teatro e me gustar\u00eda que os que a viran se sentiran reflectidos nela\u201d. Neste sentido, mencionou que para escribir <em>\u201cDentes de coello\u201d<\/em> tivo que achegarse ao mundo dos videoxogos, da man duns sobri\u00f1os \u201cque me explicaron con detalle o ambiente do videoxogos e por iso gustar\u00edame ver a s\u00faa reacci\u00f3n cando o visen no teatro\u201d.<\/p>\n<p><em>\u201cDentes de coello\u201d <\/em>\u00e9 unha obra de terror porque \u201co terror \u00e9 un tema que me apaixona. Como loitamos contra eses medos. En Dentes de Coello busquei os terrores que est\u00e1n ao meu redor, e por iso son personaxes facilmente reco\u00f1ecibles&#8230;\u201d. Finalmente, Carballeira rematou o seu discurso agradecendo de novo a convocatoria deste tipo de premios e cun desexo: \u201cgustar\u00edame chegar a estrear esta peza e que todos os presentes poidan desfrutala\u201d.<\/p>\n<p><strong>Promoci\u00f3n do teatro<\/strong><\/p>\n<p>\u201cEspero que <em>Dentes de Coello<\/em> poida chegar aos escenarios e contar co seu estreo en Bri\u00f3n\u201d, coincidiu Sandy Cebral, quen fixo tam\u00e9n \u201cunha menci\u00f3n especial para o Concello de Bri\u00f3n e, en especial, para o departamento de Cultura que te\u00f1o a honra de dirixir. Aseg\u00farovos que para un pequeno municipio coma Bri\u00f3n non \u00e9 doado organizar e manter un premio coma o Laudamuco. Non \u00e9 s\u00f3 un desembolso econ\u00f3mico importante, tam\u00e9n \u00e9 un importante esforzo de lox\u00edstica e sup\u00f3n moitas horas de traballo\u201d.<\/p>\n<p>Neste sentido, lembrou que \u201cen catro anos fomos quen de fomentar a redacci\u00f3n de m\u00e1is de 170 pezas orixinais, cumprindo as\u00ed o desexo de Vidal Bola\u00f1o de poder contar cunha importante escolma de textos teatrais en Galego\u201d. As\u00ed mesmo, desculpou a ausencia do alcalde, Pablo Lago, quen non puido acudir por compromisos do seu cargo.<\/p>\n<p><strong>Letras galegas<\/strong><\/p>\n<p>Francisco Mac\u00edas, director de Edici\u00f3ns Positivas, destacou que a entrega deste premio Laudamuco te\u00f1a lugar o 16 de maio, \u201cv\u00e9spera das Letras Galegas, pois cando hai 44 anos nac\u00eda o teatro profesional galego, non era un d\u00eda festivo, non hab\u00eda pontes e a xente se dedicaba a crear, m\u00e1is que a facer actos f\u00fanebres como hoxe en d\u00eda\u201d. As\u00ed mesmo, puxo en valor a dramaturxia galega, \u201ca expresi\u00f3n m\u00e1is valente que hai en Galicia. Hai que estar tolo para dedicarse ao teatro, sa\u00edr ao escenario, estar pensando en como financiar a seguinte obra&#8230; Hai xente en Conxo con menos motivos. \u00c9 de admiraci\u00f3n. A literatura dram\u00e1tica galega \u00e9 dunha calidade non reco\u00f1ecida e os autores te\u00f1en que dar un paso adiante e dicir: aqu\u00ed estamos n\u00f3s\u201d.<\/p>\n<p>Finalmente, Xavier Casti\u00f1eira Blanco, secretario do Xurado e en representaci\u00f3n da Academia Galega de Teatro, defendeu que este tipo de premios \u201cdefenden a cultura, que \u00e9 a pel do pa\u00eds. E a pel \u00e9 o que nos cubre, o que nos defende&#8230; a\u00ednda que \u00e1s veces tam\u00e9n serva para que o lobo po\u00f1a a pel do cordeiro\u201d. As\u00ed mesmo, deu lectura ao ditame do xurado, composto por Carlos-Caetano Bisca\u00ednho-Fernandes, Marta N\u00fa\u00f1ez Aboy, \u00c1nxela Garc\u00eda Abalo, Oti R\u00edos e o propio Xavier Casti\u00f1eira Blanco.<\/p>\n<p>O xurado destacou \u201ca atmosfera da peza na que o so\u00f1o, a realidade e a violencia xeran unha paisaxe dual na que a realidade e a irrealidade se mesturan creando unha peza de gran carga atmosf\u00e9rica\u201d. A acta do xurado destaca ademais \u201cas grandes posibilidades de posta en escena do texto, na que destacan os xogos de sombras e luces, o espazo sonoro, a carga simb\u00f3lica das personaxes e o desenvolvemento dunha trama chea de terror e surrealismo semellante \u00e1s paisaxes audiovisuais do cineasta David Lynch\u201d.<\/p>\n<p><strong>Primeira ga\u00f1adora<\/strong><\/p>\n<p>Paula Carballeira Cabana sucede no palmar\u00e9s do Premio Laudamuco a Francisco Antonio Vidal Blanco, Ra\u00fal Dans e Xavier Lama L\u00f3pez, ga\u00f1adores das edici\u00f3ns anteriores. Nas s\u00faas tres primeiras edici\u00f3ns, o galard\u00f3n recaeu no lucense Xavier Lama L\u00f3pez por <em>\u201cNa mi\u00f1a alma ouvea un lobo\u201d<\/em> (2019), no coru\u00f1\u00e9s Ra\u00fal Dans Mayor por <em>\u201cS\u00f3 un home bo\u201d<\/em> (2020) e no ribeirense Francisco Antonio Vidal Blanco por <em>\u201cA vinganza de Fortimbr\u00e1s\u201d<\/em> (2021).\u00a0 <\/p>\n<p>Paula Carballeira Cabana (Mani\u00f1os, Fene, 1972) \u00e9 licenciada en Filolox\u00eda Hisp\u00e1nica cun curso de Posgrao en Arte Dram\u00e1tica na Universidade de Santiago de Compostela. Profesionalmente ded\u00edcase ao teatro e \u00e1 narraci\u00f3n oral desde 1994. \u00c9 integrante da compa\u00f1\u00eda teatral Berrobamb\u00e1n desde 1996, coa que coordinou a programaci\u00f3n para p\u00fablico familiar Asteroide B-612, que se desenvolveu na Sala Nada de Santiago de Compostela e no concello de Ferrol.<\/p>\n<p>Os seus \u00faltimos proxectos en Berrobamb\u00e1n son <em>\u201cA carreta pantasma\u201d<\/em>, seleccionado no Festival das Artes Esc\u00e9nicas de Medell\u00edn (2019) e <em>\u201cDoppelganger\u201d<\/em>, coproduci\u00f3n co Centro Dram\u00e1tico Galego e a compa\u00f1\u00eda colombiana Arca de Noe estreada en Santiago en xaneiro de 2019 e seleccionada no Festival das Artes Esc\u00e9nicas de Medell\u00edn e no Festival de Artes Alternativas de Bogot\u00e1. <\/p>\n<p>Ademais, traballa como actriz ou directora en propostas ocasionais doutras compa\u00f1\u00edas. Ten dirixido os espect\u00e1culos <em>\u201cMundos contados\u201d<\/em>, <em>\u201cPequena\u201d<\/em> e <em>\u201cRosa Caramela e outras historias\u201d<\/em> de Tal\u00eda Teatro. Tam\u00e9n dirixiu e interpretou a proposta do Centro Dram\u00e1tico Galego para p\u00fablico infantil <em>\u201cA cabana de Babaiag\u00e1\u201d<\/em> (marzo de 2006) e participou como actriz no espect\u00e1culo <em>\u201cDesde a sombra. Buf\u00f3ns e pallasos\u201d<\/em>, da compa\u00f1\u00eda Magrinyana. <\/p>\n<p>Como dramaturga, o seu traballo m\u00e1is recente \u00e9 o texto <em>\u201cCarabela\u201d<\/em> para a compa\u00f1\u00eda Galeatro, estreado en xaneiro de 2020 e publicado na editorial Galaxia. Ten recibido premios e reco\u00f1ecementos como: Premio Manuel Mar\u00eda de Literatura Dram\u00e1tica Infantil, convocado pola Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) nos anos 2006, 2011 e 2018. Menci\u00f3n Especial do Xurado do III Premio Diario Cultural de Teatro Radiof\u00f3nico. Finalista do Premio ASSITEJ de Textos Teatrales para la Infancia y la Juventud (2015). <\/p>\n<p>Nomeada na categor\u00eda de Mellor texto orixinal\u00a0 (2007)\u00a0 e na categor\u00eda de Mellor adaptaci\u00f3n de texto dram\u00e1tico (2016) nos premios Mar\u00eda Casares convocados pola Asociaci\u00f3n de Actores e Actrices de Galicia. Finalista nos Premios da Asociaci\u00f3n de Escritoras e Escritores en Lingua Galega na categor\u00eda \u201cMellor obra de teatro\u201d nos anos 2007 e 2014.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A concelleira de Cultura destaca que \u201cen 4 anos fomos quen de fomentar a redacci\u00f3n de m\u00e1is de 170 pezas orixinais, cumprindo as\u00ed o desexo de Vidal Bola\u00f1o de poder contar cunha importante escolma de textos teatrais en Galego\u201d<\/p>\n","protected":false},"featured_media":1868,"template":"","meta":{"_start_date":"","_end_date":"","_formatted_date":"","_start_time":"","_end_time":"","_extra_info":"","_acta_year":"","_acta_date":"","_post_attachments":[]},"categories":[],"class_list":["post-1869","noticias","type-noticias","status-publish","has-post-thumbnail","hentry"],"categories_data":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/noticias\/1869","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/noticias"}],"about":[{"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/noticias"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1868"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1869"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1869"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}