{"id":1811,"date":"2024-03-19T13:55:02","date_gmt":"2024-03-19T13:55:02","guid":{"rendered":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/noticias\/o-gaditano-jose-luis-banos-de-cos-gana-o-vi-premio-laudamuco-para-textos-teatrais-coa-obra\/"},"modified":"2024-03-19T13:55:02","modified_gmt":"2024-03-19T13:55:02","slug":"o-gaditano-jose-luis-banos-de-cos-gana-o-vi-premio-laudamuco-para-textos-teatrais-coa-obra","status":"publish","type":"noticias","link":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/noticias\/o-gaditano-jose-luis-banos-de-cos-gana-o-vi-premio-laudamuco-para-textos-teatrais-coa-obra\/","title":{"rendered":"O gaditano Jos\u00e9 Lu\u00eds Ba\u00f1os de Cos ga\u00f1a o VI Premio Laudamuco para textos Teatrais coa obra \u201cA porta. Un relato de violencia\u201d"},"content":{"rendered":"<p>O escritor Jos\u00e9 Lu\u00eds Ba\u00f1os de Cos (Xerez da Fronteira, 1977) \u00e9 o ga\u00f1ador da sexta edici\u00f3n do Premio Laudamuco para textos teatrais, un certame literario convocado polo Concello de Bri\u00f3n, a Academia Galega de Teatro e Edici\u00f3ns Positivas. O autor gaditano concorreu ao certame coa obra \u00abA porta. Un relato de violencia\u201d, pola que recibir\u00e1 un premio de 7.000 euros e a edici\u00f3n da peza por parte de Edici\u00f3ns Positivas.<\/p>\n<p>Un certame ao que se presentaron un total de 49 escritos, duplicando a participaci\u00f3n das d\u00faas \u00faltimas edici\u00f3ns. Unha cifra que converte esta sexta edici\u00f3n do premio na segunda con maior competencia da s\u00faa curta historia, s\u00f3 superada polos 54 orixinais recibidos na primeira edici\u00f3n. Deste xeito, o Premio Laudamuco leva promovido a escrita de m\u00e1is de 200 textos teatrais en galego, cumprindo as\u00ed o obxectivo para o que foi creado inicialmente.<\/p>\n<p>O xurado estivo composto por Xoana Balado Fern\u00e1ndez, Antonio Francisco Sim\u00f3n \u00c1lvarez P\u00e9rez, Miguel Pernas Cora, Francisco Oti R\u00edos e Carlos Vizca\u00edno Fern\u00e1ndez, quen actuou como secretario. Un xurado que, despois de valorar os 49 textos presentados ao certame, decidiu escoller como vencedora a obra titulada \u201cA porta. Un relato de violencia\u201d.<\/p>\n<p>O xurado destaca que \u201co texto pos\u00fae unha poderosa dramaturxia constru\u00edda a partir do cruzamento entre ficci\u00f3n e realidade, personaxes e int\u00e9rpretes, metateatro e psicodrama, ben como o feito de a obra constru\u00edr unha abafante atmosfera b\u00e9lica como eixo do conflito humano, inclu\u00eddo o propio proceso de creaci\u00f3n\u201d. Unha vez consultada a documentaci\u00f3n presentada xunto cos orixinais, o Departamento de Cultura do Concello de Bri\u00f3n identifica ao autor como Jos\u00e9 Lu\u00eds Ba\u00f1os de Cos.<\/p>\n<p><strong>Autor<\/strong><\/p>\n<p>Jos\u00e9 Lu\u00eds Ba\u00f1os de Cos (Xerez da Fronteira, 1977) \u00e9 licenciado en Dereito e en Antropolox\u00eda Social. Natural de Xerez, leva anos residindo en Santiago de Compostela. Cursou estudos sobre teatro social e teatro do oprimido. Autor da obra O faiado, da compa\u00f1\u00eda \u00d3 Cubo Teatro; de A espera, de Titereficci\u00f3ns; e de Suit(e) up, de Fanfarra Teatro.<\/p>\n<p>Como dramaturgo, nos \u00faltimos anos obtivo varios premios teatrais, entre os que destacan o Premio de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle (2018) con O c\u00edrculo; o Premio Abrente do MIT de Ribadavia (2019) con Asfixia; o Premio Roberto Vidal Bola\u00f1o (2020) con A c\u00e1mara escura; o Premio de Textos Teatrais dirixidos a P\u00fablico Infantil da Escola Navarra de Teatro (2021), con O neno que se agochaba dentro dunha caixa de galletas; o VIII Premio Teatral Varela Bux\u00e1n (2021) con Segunda morte; e o Premio Barriga Verde para textos de monicreques, na modalidade de adultos (2022) con Nas nubes.<br \/>\n\u00a0<br \/>\nO acto de entrega do galard\u00f3n est\u00e1 previsto para xoves 16 de maio en Bri\u00f3n, momento no que Jos\u00e9 Lu\u00eds Ba\u00f1os de Cos suceder\u00e1 no palmar\u00e9s do Premio Laudamuco a Vicente Pi\u00f1eiro, Paula Carballeira Cabana, Francisco Antonio Vidal Blanco, Ra\u00fal Dans e Xavier Lama L\u00f3pez, ga\u00f1adores das edici\u00f3ns anteriores. Nas s\u00faas cinco primeiras edici\u00f3ns, o galard\u00f3n recaeu no lucense Xavier Lama L\u00f3pez por \u201cNa mi\u00f1a alma ouvea un lobo\u201d (2019), no coru\u00f1\u00e9s Ra\u00fal Dans Mayor por \u201cS\u00f3 un home bo\u201d (2020) e no ribeirense Francisco Antonio Vidal Blanco por \u201cA vinganza de Fortimbr\u00e1s\u201d (2021), na teense Paula Carballeira Cabana por \u201cDentes de coello\u201d (2023) e no lucense Vicente Pi\u00f1eiro por \u201cDev\u00f3lvenos a Xerm\u00e1nico!\u201d.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O certame, que promove a figura de Vidal Bola\u00f1o, foi convocado polo Concello de Bri\u00f3n, a Academia Galega de Teatro e Edici\u00f3ns Positivas e duplicou a participaci\u00f3n: 49 obras<\/p>\n","protected":false},"featured_media":1810,"template":"","meta":{"_start_date":"","_end_date":"","_formatted_date":"","_start_time":"","_end_time":"","_extra_info":"","_acta_year":"","_acta_date":"","_post_attachments":[]},"categories":[],"class_list":["post-1811","noticias","type-noticias","status-publish","has-post-thumbnail","hentry"],"categories_data":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/noticias\/1811","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/noticias"}],"about":[{"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/noticias"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1810"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1811"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/brion.codeloper.dev\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1811"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}